1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Esta historia verdadeira, é tan real que non me atrevo a chamarlle conto. Acontecera nun día onde o entroido e as comparsas ían collidos da man, con toda a troula festeira detrás. Matrimonio oriúndo da Costa da Morte, protagonista desta traxicomedia...ou sarao. Coma vos queirades chamarlle.

 Saltou ao escenario a dona do lobo de mar, vítima propicia desta primeira escena:

-Xosé, mañá imos ir a Coruña, aproveitando a folga festeira do día. Tes que mercar unha boina, porque mira coma tes esa cachola: parece un molete chamuscado no forno de Chuco. O sol nestas datas, fai moito mal, e tes que coidar o miolo.
- E, pa iso, ai que ir a Capital,... tendo aquí tendas comarea, pa mercar un jorro ( ? )
- Non desexo para ti barretes chineses, se non cousas boas, meu amor.
- Está ben. Maña imos cedo, pa, logo, volver axiña...que teño que amañalas nasas po vindeiro luns.
- ¡Ai, miña nai queridiña!. Pero ti viches esa faldra a cadros, que bonita é... ? Non vou sen ela pa nosa terra.
- Compra, muller, compra...se tes antollo dela ¿ por que non ? Total, con un quilo mais de camarón, asunto amañado.
- ¡ E, aqueles Zapatos roxos que van a pelo co meu saio... !
- Está ben. Total, con outros tres ou catro quilos mais... e, unhas cantas labañeiras...En fin, todo será cuestión de pasar unhas horiñas mais no mar.
- ¡Ai, que boíño es ! Vou levarlle ao noso neto a consola que me encargou, e o xogo de tronos.
- Deixa ao neto, que non precisa nada. O único que ten é vicio.
-O meu neto, por riba de todo. O que eu non tiven, que o teña el. ¡ Ou, ti que pensas!
- Agora, imos votar unha ollada por aqueles estantes de perfumería...¡Tranquilo, eh!...que non vou mercar mais nada. É tan só por ollar un pouco...
- ¡Madre de deus,!... cincocentos pesos por este frasco de esencia francesa, LEXÍTIMA “Imperial Majesty Clive Christian, da firma Baccarat...”Ten que ser un erro... De seguro, que é un desatino dalgún empregado... ¿ Pero, ti sabes quen usaba esta colonia?...Nada mais nin nada menos que a raíña Victoria de Inglaterra, aló polo século dez e nove. “ Me la quedo “. Non se fale mais.
- Agora, si que teño que deixalo oficio de naseiro, e dedicarme o persebe.
- Ai, como es de agarrado. Non fas mais que chorar.
- Remata dunha ves, e imos pa casa...que teño moita labor por diante.
- E logo, pensas ti, que a estas horas vou ir sen xantar (?). agora mesmo, imos a pousada de Indalecio. Eu, coa barriga valeira, non vou a ningures.
- Paréceme a min, que o oficio de naseiro, e o de persebeiro xuntos, non van chegar para nada, “visto lo visto “
- Mira, póñaste coma te poñas, eu, en xaxún non vou pa casa.
- A ver, pousadeiro. Traia dúas racións de cabrito, con pataquiñas de Coristanco douradas no forno; unha ración de polbo a feira, pa min, e unha torta xeada ao wuiski... café, e un chupito de licor de abelás. E, pa este...¡ Bo !... que pida o que el queira.
- Vaia día. Por certo, ¿ E o meu gorro...?
- Ai, o. Xa viremos outro día, que, agora, non imos dar volta dende Carballo.
- Alto, la Garda Civil. ¿ Ha bebido Usted ?
- Mire vostede, señor garda, é mellor que se quede xa con tódalas miñas nasas, co rastro do camarón, e co meu oficio de persebeiro ...que eu marcho pa América.

Engadir un comentario