- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 12 Marzo 2008 12 Marzo 2008

Roman Polanski-Sharon Tate: un matrimonio marcado polo drama
O tormento mailo éxtasis
O DCCC nesta ocasión fíxase nun director polaco, de vida polémica e tenebrosa, que sobrevivío ao Holocausto no Ghetto de Varsovia, que triunfou na súa Polonia natal, dou o salto a Hollywood, casouse cunha das actrices máis fermosas que se recordan, que vío desaparecer o seu matrimonio nunha orxía de sangue perpetrada pola secta desquiciada e psicópata de Charles Manson, que dende 1977 non pode pisar os USA sen ser arrestado, pero que sobre todo é un xenio do Séptimo Arte. Pasen e disfruten cun repaso a súa carreira da man do maior experto en cine da Costa Atlántica: Luis Esteiro Ramos: Made in Camariñas.

Roman Polanski, un dos directores europeos máis influintes do século XX
Penso que é un bo momento para falar dun dos mais influintes dentro desta nova xeración de directores e coa ceremonia dos premios Óscar aínda impregnando a sección, presentamos o que posiblemente filmou a mellor película no que vai de milenio, Roman Polanski coa súa excepcional El Pianista (2002). Este director nacionalizado francés de orixe xudeo-polaca que está a piques de cumplir 75 anos, sufriu tódolos reveses na vida que unha persoa pode soportar. Supervivente do Holocausto Nazi en Polonia, onde perdería a sua nai, é víctima emocional do suceso máis tráxico que azotou a Hollywood en toda a súa historia, onde nos deteremos máis adiante. Falando un pouco do seu estilo cinematográfico, Polanski reflexou sempre nas súas obras unha extrema inquietude polos ambentes claustrofóbicos, as tramas surrealistas e os traumas psicolóxicos, facendo co seu cine un hipnótico e persoal punto de vista sobre a vida dos seres humanos.

O film onde Polanski coñeceu a Tate

Unha cara que o di todo: Charles Manson, un psicópata asesino
Cun parón artístico de 2 anos comeza un curto periplo por Europa dirixindo unha sobresaturada adaptación de Shakespeare, Macbeth (1971), o cal foi un fracaso comercial, pero acto seguido realiza en Italia unha obra brillante ¿Qué? (1973), disparatada comedia co gran Marcelo Mastroianni, a cal recomendo a calquer seguidor do humor absurdo e disparatado. Xa centrado definitivamente na súa carreira cinematográfica volve a Hollywood para dirixir e protagonizar xunto a Jack Nicholson, Faye Dunaway e o tamén xenial director John Huston un dos cumes do cine negro de tódolos tempos, Chinatown (1974), película que reinventa o vello xénero soterrado nos anos 50. Acto seguido realiza unha película memorable en Francia, El Quimérico Inquilino (1975), onde reverdece os vellos laureles do seu tan recurrente terror psicolóxico, auténtica firma do autor. Recortando un periplo duns 13 anos voltamos outra vez a Francia pero desta vez con producción norteamericana, onde realiza outra das súas grandes películas, Frenético (1988),da cal gardo un grato recordo da infancia, cunha actuación totalmente estelar do seu protagonista principal Harrison Ford, a mellor da súa carreira. Uns 10 anos máis tarde adaptou unha obra do noso autor español Arturo Pérez-Reverte na mediocre La Novena Puerta (1999) cun Johnny Depp perdido en toda a película.
Coa súa derradeira gran obra El Pianista (2002) sobran as palabras, onde o director pega un puñetazo enrriba da mesa do actual Hollywood, e fai retumbar a todos os que xa enterraban ó veterano autor. A película gañou, entre outros premios, a Palma de Ouro no festival de Cannes (os oscars europeos, pero con mais rigor crítico a hora de valorar) mailo Óscar ó mellor director, o cal non puido a recoller debido a que dende 1977 pesa sobre el unha sentenza dos tribunais estadounidenses que o condena por perversión de menores (un escabroso asunto cunha rapaza de 13 anos con alcohol, drogas e un jacuzzi de por medio na casa de Jack Nicholson), polo que Polanski non pode entrar nos U.S.A., motivo que explica a orixe europea das súas películas dende esa data. Con El Pianista representa o horror que el mesmo sufriu nas súas carnes coa invasión alemana de Polonia, nunha dramática película, só comparable a operística La Lista De Schindler (1993). O director segue en activo e a pesar do peso dos anos e do peso das penurias, quen sabe se aínda está en disposición de deleitarnos con outra das súas grandes películas, porque, ¿quén pode profundizar mais no sufrimento que aquel que en realidade o sentío?

El Pianista, Oscar á mellor película no 2002
Comentarios
Para unha admiradora do cine de calidade esto é un regalo pos sentidos!
A miña máis sincera admiración.
Gracias polo voso traballo
Saludos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.