1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O IES Pedra da Aguia solicitou participar no Programa “Encontros Literarios” organizados pola Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Programa que pretende achegar aos mozos lectores e lectoras a un autor elixido polo instituto que acode ao centro para dar unha charla sobre a súa propia obra, seguida dun coloquio cos estudantes. Foilles concedido dito programa podendo convidar o centro á autora Gemma Lienas.

A autora catalá reuniuse pola mañá con máis de 50 alumnos e alumnas integrantes dos diferentes clubs de lectura do centro e pola tarde co club de lectura de adultos do que forman parte máis de 20 persoas. Durante o encontro a escritora contou que pasos daba antes de poñerse a escribir unha novela, que elementos servíanlle de inspiración, como se documentaba e a maneira de perfilar os personaxes e a trama. Durante hora e media o alumnado puido escoitar e coñecer á autora de libros como “O rastro brillante do caracol”, título lido e gozado por todo o alumnado presente e a continuación formuláronlle as preguntas que consideraron de interese.

Tamén destacar que o instituto participou este curso no Programa Comunicatedu da Consellería de Educación, programa que fomenta a competencia comunicativa do alumnado. O instituto presentou catro equipos de alumnado de 1º e 2º de ESO e deles foron clasificados tres para optar aos premios finais. Este venres 25 realizarase un acto en Santiago, no Museo Centro Gaiás, onde compartirán a súa experiencia en oratoria os diferentes grupos e gravaranlles as súas intervencións.

Engadir un comentario