“Camariñas, de Cine” nace no marco de “Mujeres de Cine”, a Mostra Itinerante de Cine Español feito por mulleres, iniciativa que ve a luz no ano 2010 co propósito de dinamizar e divulgar longametraxes e curtametraxes españolas realizadas por mulleres.

O proxecto chega a esta Mostra do Encaixe para reivindicar e facer visible o traballo creativo das directoras de cine e, fundamentalmente, para dar prominencia ás mulleres fronte e trala cámara, poñendo o foco de atención no eido da moda e da artesanía. Falaremos con mulleres imprescindibles para un sector que as invisibilizou durante años a pesares de que elas teñen sido a base fundamental da riqueza do seu entorno e as auténticas protagonistas no mantemento das tradicións e da artesanía.

“Fíos Fóra”
Martes, 27 de marzo. Ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa de Pedra


Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector textil dende os anos 60 foron a man de obra perfecta para levantar unha industria xigante que agora atópase deslocalizada. Todo nace dunha bola do sector textil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

“The first Monday in May”
Mércores, 28 de marzo ás 19:30 na Sala de Desfiles 


Esta é unha ollada sen precedentes aos bastidores en dous dos eventos culturais máis importantes de Nova Iorque, que trata sobre a creación de China: Through The Looking Glass, a exposición de moda máis visitada da historia de The Costume Institute no Metropolitan Museum e sobre a Gala MET 2015. O director Andrew Rossi segue a Anne Wintour e a Andrew Bolton durante oito meses.

“El lugar de las fresas”
Venres, 30 de marzo. Ás 20:30 horas no Salón de Desfiles


Lina é unha muller maior labrega do norte de Italia. As súas costas están curvadas e olla cara a terra. Cada mañá, chega ao mercado ao aire libre máis grande de Europa, Porta Palazzo, no centro de Turín, onde vende a súas verduras e as súas fresas. A vida de Lina é, como ela sinala, “ casa, igrexa e traballo“. Lina non ten follos pero si cinco cans e a un marido que quere que deixe de traballar. Un día no mercado, entra en escena Hassan, un mozo inmigrante marroquí chegado a Italia en busca de traballo… “El lugar de las fresas” é a historia destas personaxes, filmada durante sete anos a través da mirada dunha xoven cineasta española, nun lugar común e universal. Pero sobre todo, é unha película poética, que amosa o valor máis esencial e puro do ser humano a través do traballo das mulleres na terra.

Engadir un comentario