4.5714285714286 1 1 1 1 1 Rating 4.57 (28 Votes)
Os irmáns Coen e Javier Bardem, un binomio gañador de catro Óscar en 2008
Os irmáns Coen e Javier Bardem, un binomio gañador de catro Óscar en 2008

Este DCCC estaba previsto que fora publicado o pasado venres 22 de febreiro, como antesala á ceremonia dos Óscar 2008, pero como xa sabedes ese día estalou a nosa páxina polos aires nunha espectacular e fermosa explosión piroplástica. Hoxe publicamos este artículo onde o noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos, coróase como o maior experto en cine de toda a Costa da Morte cun DCCC onde predice palabra por palabra todo o que aconteceu na gala dos Óscar celebrada en Los Ángeles este domingo 24 de febreiro. Luis = Matrícula de Honor.

Coen + Bardem = Óscar

Os irmáns Coen, Josh Brolin e Javier Bardem: un equipo imbatible nos Óscars de 2008
Os irmáns Coen, Josh Brolin e Javier Bardem: un equipo imbatible nos Óscars de 2008
Coa inminente ceremonia da entrega dos Óscar os grandes directores apuran os estrenos das súas últimas obras para deixalas frescas na memoria do xurado, por iso non hai mellor momento para ir ó cine que este mesmo. Varios títulos de acción trepidante, un drama e unha película fantástica, todos de gran calidade, rondan as carteleiras de tódolos cines do mundo, en concreto estoume a referir a No Es País Para Viejos, American Gangster, Pozos De Ambición e Sweeney Todd, filmes de corte clásico que reavivan o interés polo séptimo arte, estancado nos últimos tempos en obras de corte máis moderno.
Cartel promocional da mellor película do 2008
Cartel promocional da mellor película do 2008
Joel & Ethan Coen, Ridley Scott, Paul Thomas Anderson e Tim Burton son os respectivos directores destes filmes. Así, mentres Ridley Scott, especialiado no cine fantástico e de acción con Alien (1979), Blade Runner (1982), Black Rain(1987), Gladiator (1999) ou Black Hawk Derribado (2002), e xa é todo un mestre nestes xéneros, Anderson é un director da nova oleada con varios títulos importantes e innovadores ás súas costas: Boogie Nights (1997) e Magnolia (1999) . Burton é outro director consagrado con filmes de corte fantástico e comedias, cun cine moi persoal de atmósferas góticas destacando neste senso Bitelchus (1988), Eduardo Manostijeras (1990), Ed Wood (1994), Mars Attacks (1996) ou Sleepy Hollow (1999), case sempre da man do mellor actor da súa xeración, o camaleónico Johnny Depp, o cal aparece no título mencionado anteriormente en carteleira. Pero a miña atención vaise centrar en dous xenios rebeldes e regulares, independentes e clásicos o mesmo tempo: Joel & Ethan Coen.
Os irmáns Coen nacen na cidade de Mineapolis, EEUU, en 1954 e 1957, respectivamente, no seno dunha familia acomodada e intelectual de orixe xudío. Debido ás baixas temperaturas da terra onde se crían ("Siberia con restaurantes"), pasaron boa parte da súa xuventude enclaustrados en casa, vendo películas e devorando libros, desa maneira fórxanse prematuramente no mundo audiovisual. No Es País Para Viejos é unha proba reciente da súa xenialidade. O filme mezcla o cine negro tan característico dos Coen cun western moderno onde se cambian os vaqueiros por narcotraficantes: sen dúbida é o seu filme máis violento e visceral, só dando un par de pinceladas do seu recurrente humor negro, pero ollo, sen perder o seu propio estilo visual e ritmo narrativo. O tempo dictará sentencia pero podemos estar ante unha das obras mestras do novo milenio, na cal se poden recoñecer varios guiños cinematográficos a dúas películas do maxistral Sergio Leone: "La Muerte Tenía Un Precio" e "El Bueno, El Feo y el Malo", algún usuario darame ou quitarame a razón, pero a escea do xogo do pelexo coa moeda ou a pesecución simultánea que se fan os tres persoaxes centrais da obra fanme creer que iso é posible. Tamén poderían atoparse influencias de dúas obras do mestre da acción brutal por excelencia, Sam Peckimpahen "Grupo Salvaje" e "La Huída", tamén o personaxe de Tommy Lee Jones é moi típico de Peckimpah, cun aire nostálxico que recorda os seus vellos western. En definitiva un cine cun aire clásico incamuflable.
O primeiro actor español en gañar un Óscar
O primeiro actor español en gañar un Óscar
O filme narra a historia dun home, Josh Brolin (xenial e sorprendente interpretación), que nunha tarde de cacería polo deserto de Texas atópase cunha serie de cadáveres mortos nun tiroteo por un asunto de drogas. Seguindo o rastro, como bo cazador, atopa máis adiante outro cadáver cun maletín con dous millóns de dólares, cando un asasino a soldo, Javier Bardem (maxistral na pel dun auténtico “Terminator” sureño pero de carne e oso), da ca pista do cazador, comeza unha trepidante persecución entre os dous personaxes. Despois sumaránselles un veterano sheriff, Tommy Lee Jones, que atopa os cadáveres a mañán seguinte e segue a pista dos dous protagonistas, un cazarrecompensas (Woody Harrelson) e tamén uns narcotraficantes mexicanos que queren recuperar os cartos…O resto queda para os que queiran ver o filme, que ten un desenlace realmente sorprendente. E unha película sen medias tintas cunha brutalidade poucas veces vista nos grandes thrillers, onde os personaxes masculinos son rudos e oscuros e os personaxes femeninos só aparecen como elementos desestabilizantes e case testimoniais. Javier Bardem da un paso máis para consagrarse como estrela en Hollywood, coa súa nominación ó mellor actor secundario nos próximos premios Oscar, deixando aparte as súas opinións personais, sería un hito sen precedentes se acaba gañando o premio, unha honra para o noso país.
John Goodman e Jeff Bridges na desternillante comedia El Gran Lebowski
John Goodman e Jeff Bridges na desternillante comedia El Gran Lebowski

  Repasando o cine dos Coen atopámonos cunha filmografía sólida, as veces xenial, que no caso da súa opera prima Sangre Fácil (1984), alcanza a categoría de obra maestra  indiscutible, co clásico triángulo amoroso tan característico do cine negro aderezado cunha trama con moitas voltas de guión e esceas sorprendentes que dende aquí recomendo ós cinéfilos. Tamén destacan: Arizona Baby (1987) comedia desternillante e innovadora onde Nicholas Cage borda un dos seus mellores papeis; Muerte Entre Las Flores (1990), outra das grandes do seu cine negro con tintes de comedia negra máis marcados que noutras obras; Barton Fink (1991), a súa obra máis persoal e surrealista; El Gran Salto (1994), a única decepción que atopamos na súa filmografía; pero rexurden con outra obra xenial Fargo (1996), ambientada na súa natal e xélida Minesotta; con El Gran Lebowski (1998) tocan teito na comedia disparatada, unha risa de principio a fin, ca persoaxe ("El Nota") pola que será recordado o gran Jeff Bridges; Oh! Brother (2000), baixa un pouco o listón pero segue a liña de comedia de gran calidade, e con El Hombre Que Nunca Estuvo Allí (2003) reinventan o cine negro dos vellos anos dourados do xénero. En definitiva desexámoslle a mellor das sortes a este tándem na próxima ceremonia dos Oscar. Bardem xa estivo apunto de acadalo no ano 2000 co filme de Julian Schnabel "Antes Que Anochezca", pero nesta ocasión a crítica outórgalle mais posibilidades de acadalo. Os Coen parecen darlle o empurrón definitivo que a súa carreira necesitaba. Esperemos que así sexa.

Trailer de "No es país para viejos" triunfadora nos Óscar 2008

Engadir un comentario