Co gallo do recentemente creado Día da Biblioteca, a nosa de Camariñas organiza un interesante evento de temática científica con efectos especiais, bo humor e participación activa do público. O 24 de outubro a eso das 6 da tardiño, o showman e espcialista en efectos especiais Vicente Mohedano, conducirá o espectáculo "Cando o Sol se deita", dirixido a nenos de 7 a 12 anos que poderán participar activamente neste show e pasalo bomba ademáis de aprender. O espectáculo terá unha duración de 70 trepidantes minutos e a entrada será gratuita para todos aqueles nenos que queiran asistir a este espectáculo único no concello. Ademais, dende a biblio e a concellalía de cultura queren comunicarnos que durante a semana do 23 ao 27 de outubro a biblioteca agasallará cun libro as persoas que fagan uso do servizo de préstamo que fai xa uns anos ten preparado o concello de Camariñas. Pois nada, aquí en Camarinas.eu, coma sempre, totalmente volcados coa cultura. Animádevos a participar!

Engadir un comentario