4.8139534883721 1 1 1 1 1 Rating 4.81 (43 Votes)
Camarinas.eu sección Cultura segue a facer historia e plasma por vez primeira literariamente a fala típica de Camariñas da man do talento anárquico e autodidacta de Juan Camariñán, o rapsoda que mellor comprendío o valor artístico intrínseco da nosa linguaxe. Neste segundo volumen, Juan pasa revista a un feito que aconteceu en Camariñas hai moitos anos e que puido haber convertido a Vila dos Encaixes nunha metrópoli industrial, nun xigante tecnolóxico, nun prototipo pioneiro do Seattle de Microsoft ou Boeing, da Atlanta da Coca-Cola e a CNN, ou do Detroit de General Motors.
Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. II - Siempre Meju

Siempre me atraeron os relatos de personalidades do noso pueblo, nombres propios de xente común que por unhas circunstancias ou por outras quedaron grabadas durante muitos anos nas memorias dos camariñans, xente como os irmans Cerdeiras, como José Luis Blanco, Manilo, Chuco de Marciana, Visente Carril, Bautista, Lalo, Perrúa, Lin, Totis, Pepe Campos, Mantido, Pachango, Ruperto, Marisol, Pichurri, Marcial Mouzo, O Caracol, Perrucha.

Todos eles e muitos máis, podrian contar mil anecdotas en este apartado, todos teñen algo en particular cada un no seu  queacer. Eu de todos teño oido mil cousas, pero o que mas me chamou a atención, por ser diferente, emprendedor, malhumorado, loco e extravagante, caracteristicas dos grandes personajes historicos como Da Vinci, Miguel Angel, Dali…etc, fui o difunto do Laxeiro, digo difunto porque asi e como che din cando fas aljo na casa, e non tomas as medidas exactas pa despos sacalo pola porta, dinche –baiche pasar como o difunto do Laxeiro- seguramente todos vos tendes oido esto.

Este home  pasou a historia de Camariñas polo feito de faser unha jamela  entre el e o seu inseparable amijo o Coxo, con tan solo un serron e un martillo, sin pisca de idea de planos, e dentro da casa, e a hora de sacala pola porta non caberlle, e ter que desarmala pa poder quitala pa fora, fallos de medida, decia el, pero as jestas de este xenio non acabaron en esta aventura sinon que os seus intentos por inventar artecfactos que fixeran mais sencilla a sua vida e as que a o seu arededor vivian, chejaron a por pouco convertilo en un ilustre inventor camariñan.

Desde a suas cavilacions chejou a querer inventar o foraborda, o rastro con rodas(que posteriormente faseriase como tren de bolos, usado polas parejas como o aparello mais pescador) ,ou a cociña  eterna(antesala da cociña economica), pero destas tentatibas de inventos falarembos outro dia,hoxe contobos o do foraborda. Del din o que os conoceron, que mui traballador non era, de hai que intentara facer artefactos que lle facilitaran a suas labores.

Quero puntualizar que o mayor invento da historia da humanidad, fui a roda, desde hai o mundo empezou a evolucionar de forma virtijinosa, e precisamente o que dou con este artefacto non era ningun traballador, si non que seria aljun que estaba asta as pelotas de carrexar pedras a o lombo,,e o cabron pensou-esto non pode ser, ten que haber outro sistema,e pensando, pensando dou ca roda.
O noso personaje como outros mariñeiros tiña unha jamela e todos os dias, tiña quer ir bojando en ela hasta  merexo a o camaron, e ali tirar o rastro e sejir bojando toda mañan, era tal o esforzo que cando viñan de volta as mans xa as tiña en carne viva, o corpo feito polvo, e os santos, como non, xa baixaran todos do escapulario.

Un bo dia cando viña remando pa terra vio chejar un barco de bapor, e observou que se mobia por medio de un helis que levava na popa, el sejio remando pero a cabeza daballe voltas pensando en tan facil metodo de propulsión, cando chejou a casa empezou a dibuxar na sua cachola un artefacto parecido a do barco de vapor, e que lle fixera mover a jamela sin necesidad de remar, cavilando chejou a diseñar e faser no seu pequeño taller ao lado do cortello, unha polea que na parte superior levaba unha manivela e acabava  en un piñon no cal remataba un elis como o que lle vira el a o barco de vapor, pero feito por el e de madeira.

Feito tal artefacto nunca visto, tan solo quedaba probalo na sua propìa jamela, e pa eso levou a embarcación pa o poso do muelle e ali  puxo a bordo o seu invento, nada cabe decir que ao momento e como e tradicion en Camariñas xuntaronse a o seu aredor mil e un arquitecto, cada un ca sua version de cómo se debia de faser, cada un ca sua tonteria e chiste malo, inbeciles aios en todos lados, e inda que non lle fajas caso, en numerosas ocasions sacanche as cabillas do seu sitio,..o caso e que noso amijo xa co aparato instalado na jamela empezou a darlle voltas a manivela, e o elis de madeira empezou a jirar rapidamente, pero pa sua sorpresa jiraba sobre aguas mortas, a jamela non abanzaba, e por mais que lle daba a manivela non se movia do sitio, eso fui o fin, as risas dos de ali congregados como rexubeiros inútiles, ignorantes, jelipuertas e imbeciles, fixeron que lle salira o mal xenio que sempre depositaba no seu interior, e este levou a coller o seu invento e tiralo a o fondo do poso do muelle, con mais risas dos comemerda que ali miraban desde riba do muelle.

Si este home tubera aljen a seu lado que lle dera un empojunciño, ou lle dixera –perfesionao que a o mellor ten aljo mal- ou –pensa porque non vai- entonces seguramente el dariase de conta que o fallo de que a jamela non se movera incluso girando o elis, era que  cando  fixo o elis de madeira, fixolle as tres palas como o vira no barco, pero non lle dou a inclinación que estas necesitan pa faser avanzar a embarcacion, de hai que lle jirara en aguas mortas, unha tonteria insinificante, e tan solo este pequeño detalle separou de ser un home celebre a ser un tolo, visto por unha manada de mamalons, ironias da puta vida.

Lástima ,hoxe estaríamos diante do inventor do fueraborda. Non fai falta decir que daquela, estes aparatos inda non pasaran pola mente de  ninguén en aqueles anos. Si un día inventan a máquina de transportarche polo tempo, e en ela pudera transportarme a calquer epoca da historia, non pediría estar na construcción das pirámides de Egipto, tampouco pediría estar na crucificación de Cristo, nin nas naves de Colón.
 
Tan solo pediría estar no poso do muelle, o día que o Laxeiro probou o seu invento. Salud compañeiros.

Comentarios   

gancho loco
+1 # Un xeniogancho loco 19/02/2008 23:49
Ese home debio de ser un auténtico xenio, lástima non habelo conocido.
Gracias Juan po lo relato, un auténtico conto mariñeiro digno de repetilo en calquera reunión familiar.
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. IIjuanillo 20/02/2008 00:43
fas majas,non hai quen che joda.sije contando historias destas que meresen a pena.un saludo tio
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
+2 # Talentoestudiante 20/02/2008 08:08
Juan eres un fenómeno, una talento da nai naturaleza.
Pero como dixen unha ves, estes contos con uns pinchiños e unha de reserva, na Casa rural, tarían coma Dios. Aínda que despois escribiríalos aquí naturalmente.
Sije así, eu non sei de onde os sachas, pero están criminal, anque aljún paresa de QUEN-QUEN.
Unha aperta.
Responder | Denunciar ante o administrador
Bufardo
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. IIBufardo 20/02/2008 08:27
Como diría el filósofo de nuestra era Jesulín de Ubrique "IM-PRESIONANTE ". Un saludo.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. IIfabio 20/02/2008 09:53
Juan Camariñas paresses um escritor de berda,da justo lelos teus comtos. Sije asi qe mo fas pasalo muiy ben
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. IIMikel 20/02/2008 10:30
Bonita historia Juan,,eres un cerebro de recopilación,,s i señor
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+2 # Talento y oficiopepewells 20/02/2008 18:25
Que tuviera talento por arrobas, kilotones de calidad literaria innata, eso ya lo sabía. Pero que además del indidpensable talento, Juancamarinán poseyera el oficio de un buen escritor, planteándose problemas narrativos y saliendo airoso de todos ellos, que supiera plantear y mantener un tempo narrativo muy complicado que incluyera prolijas explicaciones técnicas, y todo ello sin aburrir un sólo instante. Me quito el sombrero, la chaqueta, la boina, hasta el cráneo me quito yo ante Juancamarinán.
Responder | Denunciar ante o administrador