1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A pasada semana un grupo de 20 alumnos de 3º da ESO do IES Plurilingüe Pedra da Aguia participou na English Week, un programa de inmersión lingüística da Xunta de Galicia que se desenvolve no marco incomparable do encoro de Os Peares.

Durante unha semana, os alumnos conviviron con outros catro centros educativos galegos nunha experiencia inesquecible. Sen a presenza dos seus profesores de Instituto, os únicos docentes que coidaron deles foron profesores nativos de fala inglesa, que lles fixeron utilizar esta lingua de forma continua como medio de comunicación.

Os alumnos recibiron clases pola mañá, fixeron obradoiros pola tarde e divertironse de noite. Todo en inglés. Foi un bo aperitivo, xa que en Marzo irán a Bruselas a visitar as institucións comunitarias.

Engadir un comentario