4.4324324324324 1 1 1 1 1 Rating 4.43 (37 Votes)
As personaxes, sempre marionetas nas mans de Welles
As personaxes, sempre marionetas nas mans de Welles

¿Todopoderoso Welles?

O DCCC desta semana está adicado a Welles, pero non ao noso querido e conservador Pepewells, o usuario paradigmático de dereitas de camarinas.eu, senón a unha persoa incluso con máis talento ca el (se eso é posible), ao xenio do séptimo arte Orson Welles, director entre outras da posiblemente mellor película da historia do cine "Ciudadano Kane", cuia obra é analizada polo maior experto en cine da Costa da Morte, o noso redactor Luis Esteiro Ramos.

 

Ciudadano Kane, basada na vida do magnate dos medios de comunicación Randolph Hearst
Ciudadano Kane, basada na vida do magnate dos medios de comunicación Randolph Hearst
O cine hoxe en día non sería o mesmo sen a figura do director norteamericano Orson Welles, sen dúbida o director total. [[Orson Welles]] naceu en Kenosha, Wisconsin (EEUU) en 1915 no seno dunha familia acomodada e artística. Neno prodixio, dende moi novo senteu inquietudes artísticas que o levaron a adicarse a música, o debuxo ou a literatura entre outras actividades, anque sempre relacionadas co arte.
Ciudadano Kane
Ciudadano Kane
Dende moi cedo senteu atracción polo mundo teatral e máis tarde polo audiovisual traballando primeiro na radio (La Guerra de los Mundos) para despois volcarse totalmente no mundo do cine. Con 26 anos xa era recoñecido como a promesa e realidade cinematográfica máis emerxente do Século XX coa súa ópera prima, a maxistral [[Ciudadano Kane]] (1941), unha obra mestra a que moitos críticos de alto standing (non coma min, un humilde crítico de provincias…ou , ¡nin eso!) tildaron da mellor película de tódolos tempos… Esto é discutible pero que é unha das películas máis influintes da historia do cine, eso está claro: é unha película diferente, fresca para a súa época, cun ritmo narrativo desbordante. Por elo, fai falla poñer alerta os cinco sentidos cando se ve unha película de Welles, senón cando te das conta  xa estás perdido na trama. E é que Welles era especialista en comprimir moitos datos nun espacio de tempo moi reducido, pioneiro en planos inverosímiles de cámara, chegando a facer excavar varios metros de terra para coller planos moi baixos dos seus personaxes en contrapicado, visualmente impecable cun estilo expresionista nas formas, como a meirande parte dos grandes directores da súa xeración,  utilizaba unha fotografía moi lúcida con sombras moi marcadas. Dominaba tódalas facetas da súa profesión: director, guionista, productor e actor, destacando en todas elas. Admirador de John Ford, Jean Renoir ou Laurence Olivier é difícil encontrar un autor contemporáneo que reflexe un universo tan particular como o de Welles, e mellor non falar de Kenneth Brannagh, porque no único no que se parecen é na súa fascinación por William Shakespeare, do cal Welles adaptou como obras máis destacadas Othello e Macbeth.
 
Profesionalmente, o seu único, pero gran talón de Aquiles foi o éxito comercial, nunca parello ao seu éxito artístico e crítico. Welles sempre foi un director con selo propio moi marcado e iso as veces págase moi caro en Hollywood, no seu caso sen ter prácticamente nunca independencia profesional, sempre en mans de productores que mutilaban grandes partes das súas metraxes por non estar seguros de acadar beneficios en taquilla.
Rita Hayworth e Orson Welles casados
Rita Hayworth e Orson Welles casados
Na redacción non somos capitalistas e poñémonos do lado dos artistas, porque a Welles cortáronlle unha hora de metraxe en dúas das súas mellores películas [[El Cuarto Mandamiento]] (1942) e La Dama De Shanghai (1948), a primeira un drama familiar espectacular posterior a Ciudadano Kane e a segunda un film de cine negro antóloxico. Nesta última Welles comezará a súa caída en picado, non profesional pero si sentimental, porque nela coñece a súa femme fatale, a actriz Rita Hayworth, posiblemente xunto con Grace Kelly as dúas actrices máis fermosas da historia do cine. Nesta película Hayworth luce espléndida de rubia, poucas veces se sacou tanto partido a unha actriz ca fotografía (só comparable o traballo do noso fotógrafo profesional cas candidatas ó Camariñas Beauty), e xusto nesta etapa Welles inicia unha relación amorosa con ela, truncada en numerosas ocasións polo egoísmo da diva de orixe español. Welles vive entón na infelicidade, engorda sucesivamente e comeza a realizar filmes máis independentes pero de escaso presuposto a excepción dunha das mellores películas de cine negro de tódolos tempos Sed De Mal (1956), película protagonizada por Charlton Heston, o cal fai de policía mexicano, Janet Leigh e o propio Orson Welles, case irrecoñecible interpretando a un policía corrupto, auténtico personaxe central da historia, nunha película de factura impecable: música, interpretacións, guión e fotografía. Nese intre apréciase un Welles orondo coma un barril e moi envellecido a pesar dos seus tan so 41 anos, atrás quedou a súa esbelta figura de case 190 cm en films anteriores como El Extraño (1944), película de suspense que non tería nada que envidiar ó mellor Hitchcock, ou como actor en [[El Tercer Hombre]] (1948), película tamén de cine negro do director inglés [[Carol Reed]], da que din as malas lenguas que a dirixío o propio Welles. Eu penso máis ben nunha posible colaboración entre ambos cun xenial [[Joseph Cotten]] e unha espectacular [[Alida Valli]], outra auténtica beleza.
 
Orson Welles seguiría traballando duro nas súas obras durante os anos 60, onde destacan Mr. Arkadin, El Proceso (película basada na obra do escritor checo [[Franz Kafka]]) ou Campanadas a Medianoche. Nos anos 70 a cousa foi a peor e recaeu en novos problemas económicos e xa no seu crepúsculo artístico e anímico sería irrecuperable para o cine tendo que sobrevivir facendo de “Guest Star” en películas lamentables, indignas da súa categoría ata que morre en 1985. [[Peter Bogdanovich]] recolle toda a súa evolución persoal e artística na espectacular biografía “Ciudadano Welles”, servindo este artículo tan só como encabezamento para quen queira profundizar na obra e mente deste xenio prematuro e valente que loitou a capa e espada polos seus ideais artísticos ata a fin dos seus días.
A mítica escena final dos espellos onde morre Rita Hayworth en La Dama de Shangai
A mítica escena final dos espellos onde morre Rita Hayworth en La Dama de Shangai

Pequeno trailer da película "Ciudadano Kane" de Orson Welles 

Comentarios   

Mikel
+2 # RE: Death Coast Cinema Club: Orson WellesMikel 15/02/2008 12:43
indiscutible o talento de Welles pero máis ca Pepewells imposible,,
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+2 # Sección para Mikel, ya!!pepewells 15/02/2008 14:10
Ah, querido Mikel, si algún pequeño talento tengo yo, ha sido el que se me haya podido adherir al estar día tras día rodeado de todos vosotros en nuestra página. Se le va dando cada vez mayor cancha a los usuarios con secciones propias y yo desde aquí propongo la tuya: un reportaje periodístico semanal elaborado por ti sería el terreno donde tu alma de artista podría desarrollarse de forma plena, aderezado todo ello con tus sutiles y lógicas reflexiones.
Por otro lado, el artículo sobre mi primo Orson, de una gran profundidad de análisis y perfectamente documentado. Felicidades a su autor.
Responder | Denunciar ante o administrador