4.6071428571429 1 1 1 1 1 Rating 4.61 (28 Votes)
Death Coast Cinema Club nesta segunda edición adicado a Akira Kurosawa
Death Coast Cinema Club nesta segunda edición adicado a Akira Kurosawa

Camarinas.eu volve á carga coa segunda edición do Club de Cine da Costa da Morte (Death Coast Cinema Club), a sección comandada pola man experta de Luis Esteiro Ramos, o Redactor de cine de camarinas.eu. Nesta edición o DCCC analiza a obra do xaponés Akira Kurosawa, un director xenial con obras que deron lugar a famosos e lexendarios remakes, ben en Hollywood (Los siete magníficos - John Sturges), ben en Almería (Por un puñado de dólares - Sergio Leone). Invitámosvos, da man de Luis, a darvos un paseo polo noso cine.

OS SOÑOS DE AKIRA KUROSAWA

Akira Kurosawa coa súa eterna gorra, homenaxe a John Ford
Akira Kurosawa coa súa eterna gorra, homenaxe a John Ford

Proseguindo con noso repaso quincenal ós directores e películas máis grandes da historia do cine, facemos un alto no camiño en Xapón para recordar a memoria do director que posiblemente mellor plasmou a sensibilidade humana (e maila falta dela)  dentro da grande pantalla, ese non é outro que o gran [[Akira Kurosawa]].
Nado en Tokio en 1910, Kurosawa está claramente influenciado por un dos máis grandes directores do séptimo arte: o estadounidense [[John Ford]], do que incluso imitaría durante toda a súa carreira a eterna gorra que cubría a cabeza do xenio norteamericano. Kurosawa tivo que loitar contra vento e marea para que, co paso dos anos, lle recoñecesen unha obra de inmensa calidade e influencia, en particular no cine occidental a partir dos anos 50, como así recoñeceron públicamente os seus máis acérrimos seguidores: os directores [[Steven Spielberg]], [[George Lucas]] ou [[Martin Scorsese]], os cales plasmaron nalgunhas das súas películas as connotacións máis importantes do cine do xenio xaponés.

Sempre á sombra doutros grandes directores xaponeses do século XX como Ozu, [[Kobayashi]] ou Kenji Mizogouchi, Kurosawa tivo que emigrar en numerosas ocasións ao estranxeiro para que lle financiasen os seus proxectos cinematográficos. O estilo que utiliza Kurosawa poderíase definir como expresionista ao igual co de [[Hitchcock]], cun estilo moi visual pero o mesmo tempo crendo na importancia dun bo guión para chegar a facer unha obra mestra, a diferencia do anterior mencionado que convertía en ouro todo o que  tocaba sen necesidade de ter unha boa historia. Outro dos rasgos da súa obra foi o amplio abanico de xéneros que abarcou , especializándose no cine de aventuras, Los Siete Samurais (1954), que dou lugar a un excelente remake rodado en Hollywood: o clásico do western Los Siete Magníficos dirixido por John Sturges en 1960 e protagonizado por Yul Brynner, Steve McQueen ou Charles Bronson entre outros; La Fortaleza Escondida (1958), película que influiu na concepción cinematográfica de Star Wars de George Lucas; Yojimbo (1961), cun argumento utilizado polo director italiano Sergio Leone en Por Un Puñado De Dólares, o seu primeiro spaguetti western (xénero ampliamente explorado e imitado polos tres servidores desta humilde redacción en longas noites etílicas); tamén se atreveu co suspense hitchcockiano na maxistral El Infierno Del Odio (1963); levou á pantalla en 1975 a novela "Dersu Uzala. El Cazador" do famoso explorador ruso Vladímir Arseniev nunha película rodada na Unión Soviética cun equipo composto íntegramente por personal soviético, e que acadou o Oscar á mellor película extranxeira ese ano, ata rematar a súa carreira cinematográfica cunha mestura de todo tipo de xéneros con Kagemusha. La Sombra Del Guerrero (1980) ou a maxistral Ran (1985), película basada na obra do seu admirado [[William Shakespeare]] "El Rey Lear", do que tamén adaptou Macbeth en Trono De Sangre (1957). Altamente recomendables son tamén as películas Rashomon (1950) e Dodeska-den (1971).

Escena da lírica e violenta Los Siete Samurais, que tería en Los Siete Magníficos o seu remake hollywoodiense
Escena da lírica e violenta Los Siete Samurais, que tería en Los Siete Magníficos o seu remake hollywoodiense

O seu actor fetiche foi [[Toshiro Mifune]], sen dúbida o actor xaponés con maís talento e recoñecemento internacional da historia do país nipón, anque a súa relación profesional acabou truncada por desavenencias artísticas entre ambos. Nas súas películas Kurosawa reflexou a espiritualidade como matiz principal intanxible da súa temática, rasgo imprescindible en calquera obra xaponesa xa sea de literatura, teatro [[Kabuki]], cine ou manga, o cal lle da un aire máis intelectual ás súas obras engadindo tódolos rasgos da peculiar personalidade japonesa: o honor, o sentido do deber, a ambición, a desesperación. Tamén  recurrente é a súa fascinación pola natureza, impresa na meirande parte das súas películas, como os sonidos da auga, do vento, da choiva, e decir, dos elementos naturais que fan enriquecer as súas películas xa de por sí xeniales. 

Dersu Uzala, película soviética gañadora dun oscar en 1976
Dersu Uzala, película soviética gañadora dun oscar en 1976

Como en cada director temos pensado destacar e analizar unha das súas películas, con Akira Kurosawa vamos a diseccionar, na medida en que sexa posible, a película que na miña opinión e a máis emotiva de todas, Vivir (1952). A película narra a historia dun funcionario subalterno do concello de Tokio, o cal leva unha vida solitaria e monótona debida a excesiva burocracia do seu traballo, ata que un día lle atopan un cancro de colon e toda a súa perspectiva sobre a vida cambia, entón decide vivir, nun primeiro momento evadíndose da realidade durante unha longa noite desenfrenada  polas tabernas e prostíbulos de Tokio víctima do pánico e a desesperación polo impacto da mala nova, ata que máis adiante se refuxia na vitalidade dunha moza compañeira de traballo e remata rebelándose contra a xerarquía burocrática arraigada no concello. Nesta evolución psicolóxica do protagonista obtemos o clímax da película rematado de forma maxistral por Kurosawa cun velatorio que xa pasou a historia do cine pola súa orixinalidade e profundidade. Hai que eloxiar a interpretación do actor protagonista Takeshi Shimura aínda que non a súa doblaxe ó castelán que nalgunhas ocasións alcanza tintes case ridículos. Parece evidente o reflexo do director  dun país humillado trala Segunda Guerra Mundial, cun tono triste e lento que fai da película unha obra maestra do neorrealismo emerxente desa época. Por todo isto e máis que queda no tinteiro escollemos a Akira Kurosawa como un dos máis grandes directores do pasado século XX.

Videos da xenial "Los siete samurais" de 1954 


 

Comentarios   

kelanse
0 # kelanse 12/02/2008 13:38
haber si falamos de peliculas mas modernas , actuales xa que cando von ao cine e che toca un toston de pelicula jode muio haber pagado a entrada.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 12/02/2008 13:47
Pos sa saves escribes ti o ke keiras e mandalo. Non sei conqe dereito se esige nada. A min justoume muito o articulo. Luis sige asi, eres solo,ta todo mui ben escrito
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
0 # pepewells 12/02/2008 19:14
Espléndido el redactor de cine en su segunda aparición. No estoy en absoluto de acuerdo con algunas opiniones aquí vertidas (tal vez algunas personas deberían pensar un poco más antes de hablar. Hablar, eso sí que es fácil). En lo único en lo que no estoy de acuerdo con el redactor es en la película elegida: Vivir (que es un gran film,¡ojo!)en mi modesta opinión se ve superado por Los 7 samurais, la gran obra maestra de Kurosawa, junto a la shakespiriana Ran. Fantástico artículo de una gran calidad. Se ve que Luis Esteiro ama el cine y lo conoce en profundidad.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # ¡¡¡AUUUUUUUUUU! !!!!!!!!!¡¡¡¡¡¡ ¡¡AUAUUUUUhombre lobo 13/02/2008 11:28
Luis ¿cando vas facer un artigo do cine erotico? inda que sea de chinas..jajajaj ajaja.¡¡¡AUAUUU UUU!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador