1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Como xa temos ilustrado nalgunha que outra ocasión pretérita, nesto da recreación da música tradicional pódese optar por dous eidos a libre elección: o do respeto escrupuloso e puntual da tradición folklórica ou o da fusión libre e modernizadora con outros estilos de máis recente extracción, todo elo na búsqueda da perpetuación futura dun arte inmortal. Neste último campo aos exemplos xa referidos dos míticos The Pogues (alá ata onde chegou o derradeiro dos dentes putrefactos e alcoholizados de Shane McGowan no seu combate eterno co maremoto de augas etílicas que inundaba o seu paladar) ou os máis modernos Dropkick Murphys polo bando céltico, poderíamos engadir por aquelo de poñer algún que outro exemplo illado o de Kortatu (non confundir con Re-Kortatu, o re-bautizado Mariano Rajoy, por aquelo da súa relación cos servicios sociais públicos) na canción "Jaungoikoa eta lege zarra", no que por un día e que sin servira de precedente deixaba de lado a deificación de etarras asesinos para atizarlle duro ao PNV a conta do seu catòlico lema ("Dios y Ley Vieja"), enténdese que por ser demasiado tibios aos seus exaltados ollos. Con todo, porque todo hai que decilo ca máxima dor do noso lacerado e maltreito corazón, tan allado polos duros embates da vida e cego en canto á núa apreciación da máis pura arte, a canción, como tantas e tantas (talento ao servicio do mal) do máis emblemático dos grupos do rock vasco dos 80, non deixaba de ter o seu certo mérito.

Nesta última vía (a da fusión, non a das cancións proindependentistas e filoetarras), parece que vai discurrir o interesante proxecto dos irmáns Barcia Trashorras, Fran e Carlos que ao acordeón e á guitarra respectivamente veñen de crear recentemente o grupo "Samarúas". Cunha visión costadamorteoceánica nacío esta talentosa idea que agrupa a músicos de distinta procedencia (gaita de a Coruña, violín de Baio, guitarra e acordeón camariñáns, de onde si non), que conta con páxina propia (samaruas.com), que ten como puntos de contacto os móviles 663323146 - 637051052 e o mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e que fai da creación propia un compromiso ineludible e irrenunciable. Non como os miserables Kortatu que obtuveron o seu maior éxito dunha canción ("Sarri Sarri", que glosaba a fuxida exitosa dun etarra do cárcere de Segovia e que foi elexida como a terceira mellor composición da música española dos ans 80) que non deixaba de ser un remake dunha antiga peza reggae jamaicana.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.