1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Daniel Rogero é fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. Dani é un xoven que estuda cuarto curso de Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas. Gústanlle os deportes, o footing, o Karate, nos veráns practicar a vela, e cando encontra un compañeiro, o que non sempre e doado, practicar a pesca submarina nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua. Daniel é da estirpe dos Gaiteiros do Ponte do Porto, e pódese dicir que é un galego, un camariñan, nacido en Madrid.
 
Co permiso de Don Benito Pérez Galdós, como de tanto outros mozos da súa xeración, pódese dicir que Daniel "entra na idade viril coa firmeza e a seguridade dun corazón cheo, dun entendemento rico e non gastado, dunha alma vigorosa e sa, á cal non falta senón ancho mundo”

Once anos despois I. Reportaxe dende Camariñas sobre a catástrofe do Prestige
por Daniel Rogero
“Quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar”. Memoria da noite, Luar Na Lubre.


Once anos despois da catástrofe do Prestige, unha catástrofe que tocou no corazón de todos os galegos e que afectou ao  medio natural e ás perspectivas económicas dos sectores turístico e pesqueiro de Galicia, paseamos por la fermosa Ría de Camariñas. Un paseo por unha ría, na que no seu interior non entrou o chapapote grazas ao denodado esforzo de veciños, pescadores e marisqueiros que impediron que sufrira un dano irreversible.

Nunha fría mañá de novembro dende a beira norte da ría, observamos a beleza das areas brancas da praia de Lago de Muxia, as verdes abas de Leis e máis alá, cara ao leste, onde se estreita a ría, contemplamos frente aos areais da praia do Ariño de Xaviña, os bosques de piñeiro e eucalipto que se extenden bordeando a ría ata Cereixo e Ponte do Porto. Neste lado da ría, na beira que bordea a mariñeira Vila de Camariñas, coñecida mundialmente polos seus encaixes de palillos, o seu pulpo, os seus mariscos e as suas conservas, asistimos aos denodados traballos dun nutrido grupo de mariscadores, maioritariamente feminino, que protexidas do frio e a humidade polos seus traxes de neopreno, recollen con dedicación a exquisita ameixa e o saboroso berberecho que dende fai miles de anos produce esta fértil ría. Un grupo de homes e mulleres que desenvolven afanosamente unha das máis nobres e antigas actividades dos habitantes destas terras, o marisqueo.

Cronoloxía da maior catástrofe medioambiental da historia de España


O Prestige, un petroleiro monocasco de alta capacidade, que transportaba  máis de 77.000 toneladas de fuel oíl pesado residual, afundíase fronte ás costas galegas fai agora once anos. Ás 15:05 horas do 13 de novembro de 2002, o buque atopábase a unhas 28 millas náuticas (52 km) do oeste de Fisterra (A Coruña),  e lanzaba un S.O.S, xa que comezaba a escorar perigosamente debido a unha vía de auga.

Durante os seguintes días o buque foi remolcado, seguindo unha controvertida orde de afastamento das costas españolas ditada polas autoridades marítimas do noso país, unha orde cuestionada dende o primeiro momento polas organizacións ecoloxistas que abogaban polo transvasamento da carga que se albergaba ainda nos tanques do petroleiro. O resultado do accidente e desta manobra de afastamento foi o vertido ao mar de miles de toneladas de fuel durante o seu percorrido e posterior afundimento.

Finalmente no día 19 de novembro o petroleiro partiuse en dous e afundiuse a 260 km da costa galega. Estimase que o buque verteu ao mar máis de 60.000 toneladas de fuel que en sucesivas xornadas foron aproximándose á costa galega producindo sucesivas mareas negras que contaminaron máis de 2.000 km de costas galegas e cantábricas, acadando mesmo costas portuguesas e francesas a case mil kilómetros do punto do afundimento.



A pesar do persistente esforzo de propaganda dalguns dirixentes políticos e medios de comunicación para convencer á cidadanía galega e española de que “aquí non pasou nada”, as imaxes de milleiros de voluntarios recollendo chapapote nas nosas costas deron a volta ao mundo.

Polo que respecta ao medio natural o vertido afetou de forma directa aos parques naturais de Corrubedo e das Illas Atlánticas, así como a diversos espazos protexidos integrantes da Rede Natura 2000, tales como: Betanzos-Mandeo; Carnota-Monte Pindo; Costa Ártabra; Costa da Morte; Costa de Dexo; Estaca de Bares, Monte e Lagoa de Louro, etc. Entre estes espazos destaca a Costa da Morte, que constitue o tramo de costa Atlántica de maior valor ambiental da península.
Dende unha perspectiva económica, cabe sinalar que o importante sector pesqueiro galego sufriu unha redución das capturas de marisco e  peixe fresco do -13% entre 2001 e 2003 e pola sua parte o non menos importante sector turístico, viu sensiblemente reducida a entrada de turistas extranxeiros, nun -5,5% en 2003, recibíndose en 2004, Ano Santo Compostelán, un número de turistas extranxeiros que resultou un -5,24% inferior aos recibidos en 2002, ano da catástrofe.

Dende unha perspectiva económica, cabe sinalar que o importante sector pesqueiro galego sufriu unha redución das capturas de marisco e  peixe fresco do -13% entre 2001 e 2003 e pola sua parte o non menos importante sector turístico, viu sensiblemente reducida a entrada de turistas extranxeiros, nun -5,5% en 2003, recibíndose en 2004, Ano Santo Compostelán, un número de turistas extranxeiros que resultou un -5,24% inferior aos recibidos en 2002, ano da catástrofe.

A sentenza, un novo capítulo negro da xestión do desastre do Prestige


O día 13 de novembro de 2013, data na que se cumpría o undécimo aniversario do inicio do pesadelo do Prestige, a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentenza sobre a demanda penal interposta por distintos colectivos afectados polo desastre.

Dita sentenza impón como único castigo nove meses de cárcere ao capitán do buque Apostolos Mangouras, ao  que condea polo delito de desobediencia, e absolve de toda culpa tanto a José Luis López-Sors, ex-director da Mariña Mercante e responsable do afastamento do petroleiro, como ao xefe de maquinas Nikolaos Argyropoulos.

Unha vez coñecida a sentenza, as mostras de indignación de distintos colectivos non se fixeron agardar. Para  Greenpeace e WWF  “os verdadeiros responsables do desastre ambiental que provocou o petroleiro non foron xulgados” e “a decisión xudicial abre a porta a outro Prestige”.

A plataforma Nunca Máis calificou de "inxusta" e "lamentable" a sentenza, “un fallo político, ao ditado dos intereses do PP". Así mesmo un dos rostros máis coñecidos socialmente de Nunca Máis, o escritor, fundador de Greenpeace España e veciño da Costa da Morte, Manuel Rivas, personaxe público recoñecido polo seu compromiso na loita a pé da praia contra o chapapote nos días da catástrofe, declarou que “A sentenza faille o xogo aos armadores, ás aseguradoras, aos políticos… e  establece a doctrina xurídica da irresponsabilidade política”.

Ecoloxistas en Acción manifestou que “A sentenza do Prestige é unha burla á sociedade”, sinala así mesmo que non é de recibo considerar, como fai a sentenza, que “achegar o barco á costa tería traído máis problemas que o afastamento”. Engade que naquelas datas xa existían protocolos e experiencia “sobre que un posible derrame nun porto supón un impacto económico e ecolóxico menor que en mar aberto, onde a contaminación dispérsase e esparéxese, como se comprobou despois, por centos de kilómetros de costa”.

Polo tanto, á espera do que poida resolverse no futuro noutro proceso pola vía civil, ninguén se fará cargo dos custes derivados do sinistro que a fiscalía estima en máis de 4.328 millons de euros.

A opinión do alcalde


Don Manuel Valeriano Alonso de León é o alcalde de Camariñas en representación do PSdG-PSOE dende 2007, é un home do pobo, afable, bo conversador e excelente coñecedor dos problemas do seu concello. O 22 de novembro falamos animadamente no seu despacho sobre a catástrofe do Prestige. Sinala D. Manuel, que a sua reacción ante o impacto do desastre nas costas do concello foi dunha enorme preocupación, seguida dunha  mestura de angustia, rabia e noxo ante unha catástrofe producida polo home e ante as continuas mentiras dos medios de comunicación. “Aquí a riqueza está no mar. A maioría da xente vive do mar e das industrias derivadas del”.

De acordo co  rexidor municipal, cabe sinalar que a zona máis afectada do concello foi a costa exterior, a que da a mar aberto, xa que a zona interior da Ría de Camariñas permaneceu protexida.

“Eu daquela non era alcalde, colaborei dende o primeiro momento como un cidadán máis nas tarefas de limpeza e sen ningún afán de parecer heroico, xa que o verdadeiro heroísmo o fixo o pobo galego e os voluntarios vidos de todas partes, contareille unha anécdota, estiven a punto  de afogarme entre o chapapote”.

En relación coa decisión de afastar o buque, sinala que “deberían telo trasladado a un porto próximo e  seguro. Penso que a decisión de afastar o barco foi unha falta de responsabilidade total”.

De acordo coa opinión do alcalde, nos primeiros días produciuse unha especie de resignación e pasividade cidadá fronte á catástrofe, polo que foi necesario concienciar á cidadanía ante as consecuencias dun desastre medioambiental provocado polo home.

Tras coñecer a sentencia, D. Manuel manifesta que volve a ter os mesmos sentimentos de rabia e impotencia que tivo fai once anos. “Somos un país no que que a xustiza non funciona. Nun país democrático a xustiza non pode estar subordinada aos intereses das élites, unhas élites que carecen de sentimento de país”. “Trátase dunha sentenza na que non queda outra que acatar, pero que ao meu xuizo, deixa moito que desexar e contribue á pérdida de confianza da cidadanía na xustiza”.

De acordo con D. Manuel cífrase en 22 millóns de euros o custe económico da catástrofe para o  concello e os veciños de Camariñas, importe no que non se inclue o custe do dano medioambiental. Máis tal e como sinala o rexidor municipal “¿Cómo é posible que pedindo o Fiscal por enriba de 4.000 millóns de euros, que é no que está valorado o custe económico da catástrofe, o xuíz conceda só 22 millóns, que é aproximadamente o custe económico que supuxo o  desastre, só para o concello de Camariñas?. Velaquí outra das incomprensibles incongruencias desta sentenza”.
Tras a sentenza, o alcalde considera que non hai moito máis que poidamos facer para recuperar unha parte significativa do custe real da catástrofe, pero na sua opinión “Estrasburgo terá algo que dicir ante a impunidade dun dos maiores desastres medioambientais sucedidos na Unión Europea”.

Fin da primeira parte.

Comentarios   

Beldoña
+11 # RE: Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do PresigeBeldoña 09/12/2013 20:43
Os grandes males, poucas vecen atopan un bo remedio. E esta sentencia do caso Prestige, así ó está a demostrar.
Fai falta xente nova e intelixente coma ti, Daniel, pa ver se podedes dar un xiro radical a toda esta manta de inútiles que non son quen de adaptar unhas leis acordes cos tempos que corren.
Parabén polo teu artigo, cheo de amor e de sabeduría, que adicas a terra dos teus antepasados.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+11 # RE: Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do PrestigeMoncho de Dios 09/12/2013 20:53
Siento mucho el no haber bajado ese dia al pueblo para hablar contigo tal como quedara ,creo que Rafael te atendio bien y si te soy sincero el en estos temas esta mas al dia ,ademas le gustan todo lo referente a los naufragios ,de todas formas ya nos conoceremos y charlaremos sobre cualquier otro tema y tambien sobre este
Responder | Denunciar ante o administrador
Maria del Pilar
+11 # Un galego de MadridMaria del Pilar 09/12/2013 23:37
Escribin fai uns minutos, que non todos poden ser galegos, é certo, pero agora quero dicir: Que hai algúns que son más galegos que os que nascemos na Galiza. Unha aperta grande de unha camariñana a un madrileño. Bicos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+9 # Un da Ponte na CoruñaMoncho de Dios 10/12/2013 11:47
Este comentario no tiene nada que ver con el articulo,es para felicitarte a ti y a tu familia ,por enseñarte estés donde estés que hay unas raíces muy profundas y de la misma manera que te la inculcaron a ti tus padres tu debes hacerlo con tus hijos ,a veces los que estamos fuera nos recordamos mucho mas que los residentes en en NUESTRO pueblo y lo digo bien claro NUESTRO,pues nos pertenece tanto o mas que los que viven en el,por eso me alegra que personas como tu vengan aquí a hacer un estudio sobre cualquier tema .Felicidades
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+6 # Moitas grazas polos vosos comentariosE logo ti de quen es 20/12/2013 23:49
Moitas grazas polos vosos comentarios. Daniel e mais eu compartimos o ordenador e o noso PC tivo un problema co antivirus McAfee, total que non non puidemos autenticarnos na web para engadir comentarios ou responder aos vosos, pedímosvos desculpas. O meu fillo xa esta de volta en Camariñas así que se vos ve vos dará persoalmente as grazas.
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+6 # Gracias y Felices FiestasE logo ti de quen es 20/12/2013 23:54
Muchas gracias a Diego Alonso, Rafael Lema, Moncho de Dios, Marisol Soneira, al profesor Victoriano Urgorri y por supuesto al alcalde por ayudar a mi hijo a hacer este trabajo. Le pusieron muy buen nota, gracias a vuestra colaboración. Aprovecho para desearos a todos unas Felices Fiestas y un Prospero 2014 lleno de salud y felicidad. Tino Rogero Figueiras.
Responder | Denunciar ante o administrador