Relato dun home sen nome

Imaxe dun terrible temporal na praia Area Longa en Reira co Cabo Vilán inmutable
Imaxe dun terrible temporal na praia Area Longa en Reira co Cabo Vilán inmutable

Aínda que esta redacción ten fundadas sospeitas sobre a identidade do autor do relato que na noite do xoves 17 de xaneiro deixou abraiados aos centos de familiares cibernéticos que a esa hora disfrutaban do noso Libro de Visitas (o xa coñecido como "Libro de Familia"), camarinas.eu, sempre estricta cumplidora da legalidade vixente, decide manter o anonimato do autor, para que sexa este mesmo o que se descubra, e regálalle ao mundo un relato dun valor literario excepcional, onde o lector vese traspasado, por obra e gracia do xenial rapsoda, á ponte de mando dun barco que encara a ruta do "Jran Sol", no medio dun dos nosos habituais e terribles temporais. Pulsa na foto para ler o relato.

Relato dun home sen nome

O temporal na Pedrosa (Reira) co sempre vixiante faro Vilán ao fondo
O temporal na Pedrosa (Reira) co sempre vixiante faro Vilán ao fondo

Villano. 24-01-1978 

Jolpes de mar coma mundos, salindo da Coruña, por veses non se via a antena da cupula da torre de Hercules, o castillo de San Anton parese que esta debaixo de nos.
Era a primeira ves que embarcava nunha pareja pa ir a o jran sol, ali salindo polo baixo das ajullas o mar era tan fuerte que paresiamos xojetes de papel, eu pensen, -cando fai aqui esto que nos espera fora- de repente a adrelalina subiome polas pelotas, e corrin pa primeira cuberta xunta o contramaestre, todo nervioso dixenlle, - deremos volta, ¿non jefe?- el mirou pa min e dixome, -¿volta? si ca quilla parriba unicamente- Esta tolo pensen, e vaixen correndo a sapatasos dun lado pa outro pa meu camarote, ali estaba meu compañeiro de catre, con unha botella de JB na man, e dandolle un trajo tras outro, casi jritandolle dixenlle -non saliremos con este temporal- e el con risa de burla contestoume, -con este mal tempo non deveriamos de salir non, pero tamen con este tempo non deveriamos de comer e  mais comemos, toma un trajo oh e tranquilisate- Cajeme en todos de arriba, mirei pa el con non sei que sentimiento, e o xenio que a veces nos sale de non sei que parte do corpo, levoume de repente a estar ca porta aberta do puente,diante do patron... Alí estaba el, un home de casi dous metros, con unha barrija mais longa que a de chanquete, nunha man unha botella de caña blanca e a outra apousada como quen a ten polo lombo de unha muller, encima do timon, do que casi non se distinguia o color do berniz, din un portazo e el mirou pamin, e de sejido puxo os seus ollos na proa do barco outra ves, de repente un silencio como cando esperas unha patada nas pelotas, durante un tempiño que me paresio un sijlo, e sin mirar pa min dixo -¿que pasa rapas?- eu ca vos temblorosa dijolle -¿non fai muito mal tempo pa salir?- E el sin mirarme dime, -canto mais mal tempo, máis vale o peixe- A adrelalina de repente cambioume por unha sensacion desconocida pa min, de sejido dixome, -toma colle o timon e leva ti o barco,asi estaras entretenido, eu eston aqui deitado no catre- pejoulle un grolo a caña e  deitouse detrás de unha cortina.
Eu co timon nas mans non via mais que mar, mar e mar, jolpes de mar que fasian des da pareja, enviada tras enviada, ajuantando de un lado pa outro, pero a media hora vin a o lexos, un jolpe de mar máis jrande que o monte de Leis, acojonado jritei, ¡patron!,¡patron!... El erjiose da cama, sentouse nela, pejoulle outro trajo a botella de caña, e dixo, -¿que pasa rapas?. -mire pai o que nos ven ensima, vamos morrer todos, mimadriña que fajo, dijame, póñolle a proa ou que....díjame aljo oh, poñolle a proa...- el mirou pa o mar, pejoulle outro trajo e dixo:
 -¡AH VALIENTE¡ ... e ca misma volvíose a deitar.
 

 

Comentarios   

JmacBE
0 # JmacBE 18/01/2008 16:50
Isto ten que sejir, para cando a sejunda parte?.....!!!! !
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
0 # pepewells 20/01/2008 11:03
Espléndido. Majestuoso. Yo también abrigo fuertes sospechas sobre la identidad del autor: ha creado lo más difícil en literatura, un estilo propio que sea fácilmente reconocible. Tal vez la redacción, al igual que con el cine, debería abrir una sección de literatura, donde los cuentos del hombre sin nombre (o con él, cuando quiere) tengan acomodo semanal. Lo dicho: espléndido.
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # Maxistralgancho loco 20/01/2008 11:31
Pois eso, para mín o relato é simplemente maxistral con ese estilo tan directo que ten o noso anónimo de dicir as cousas. Estamos con impaciencia a espera de que continúe o relato.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 22/01/2008 09:33
Da justo,parese real e todo,vese qe qeno escribio pasouo mui mal no mar.Haber cando escribe outro conto contando a suas andansas polo mar
Responder | Denunciar ante o administrador