4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (38 Votes)

Luis Esteiro Ramos, un experto en cine

Camarinas.eu segue a explorar novas vías de colaboracións con toda aquela persoa que teña algo positivo que aportar para o conxunto do Concello e para a comunidade crecente de usuarios de camarinas.eu, e así nesta ocasión acude a un vello amigo desta redacción, Luis Esteiro Ramos, un dos maiores expertos en cine e medios audiovisuais de todo Camariñas, para que como redactor de cine se faga cargo dunha sección da web máis vista da Costa da Morte adicada ao séptimo arte.Desta forma, nunha serie de artigos quincenais pasarase revista a algunha das mellores películas e directores da historia do cine sen olvidar os últimos estrenos. Como primer prato o propio Luis Esteiro Ramos analiza, con motivo dos ben levados 50 anos do film, unha mítica película que todos temos grabada na memoria dende pequenos: a maxistral "Vértigo", do mago do suspense Alfred Hitchcock.

Vértigo ("De entre los muertos") - 1958

Cartel publicitario dunha das mellores películas da historia do cine Con motivo do 50 aniversario do estreno de Vértigo (“De entre los muertos”) comezamos ca  primeira pedra de toque para adentrarnos un pouco máis no mundo do cine, un arte que aúna as mellores cualidades doutros artes como a pintura, a fotografía, a literatura, a música, etc… Poderiamos dicir que trátase do arte máis completo, por iso gustaríame facer unha homenaxe aos directores, que na miña humilde opinión, foron os mais  influintes do xénero cinematográfico no pasado século XX. 

Kim Novak e HitchcockComo son eu quen escribo vou comezar co meu autor preferido, Alfred Hitchcock, director de orixe inglesa, nado en 1899 e influído notoriamente polo expresionismo alemán de Max Ophuls ou Murnau entre outros autores, marcado por unha férrea educación católica e por unha infancia acomplexada polo seu físico pero dotado dunha esaxerada intelixencia e capacidade de análisis do ser humano mesturando ironía con drama, comedia con suspense, abarcando, ante todo, tódolos xéneros do arte cinematográfico con gran técnica como se representa nas súas obras mestras Rebeca (1940), La sombra de una duda (1943)Encadenados (1945), La Soga (1948), Extranos en un tren (1951), La ventana indiscreta (1954), Con la muerte en los talones  (1959), Psicosis (1960), Los Pájaros (1963), Frenesí (1973), só por nomear unha parte da súa destacada filmografía que se prolonga ata un total de 52 filmes do maior nivel.

Non obstante, se tivera que elixir unha entre todas elas posiblemente quedaríame con Vértigo (1958), posto que foi unha obra pouco recoñecida na súa época pero que o tempo, 50 anos dende o seu estreno, colocouna no máis alto do cine do século XX. Trátase dunha película hipnótica, obsesiva, fantasmagórica, que representa moi ben o sentimento de culpa e a manipulación. Da man da música sublime de Bernard Hermann, nesta película Hitchcock, misóxeno de aparencia pero no fondo un romántico frustrado pola hipocresía da época que lle tocou vivir (non quero nin imaginarme que pensaría hoxe en día se vivise no noso acartonado e aparentador século XXI), traspasa toda a súa obsesión polas rubias frías, intelixentes e manipuladoras a Madeleine, o persoaxe representado nesta película pola belísima actriz Kim Novak que neste filme fai o papel da súa vida, hipnotizando cos seus encantos femeninos a Scottie, o detective interpretado maxistralmente por James Stewart, na que é na miña opinión unha das mellores interpretacións masculinas da historia do cine.

Alfred Hitchcock e Kim Novak durante unha escena do rodaxe dunha das mellores películas da historia

A película comenza cunha trepidante persecución polos tellados dos edificios de San Francisco, lugar onde se desenvolve o groso da historia, e na que Scottie non pode facer nada para evitar a morte dun compañeiro do departamento de policía da cidade, o que desencadenará un grave problema psicolóxico que termina en acrofobia, a cal lle produce os vértigos tan característicos e recurrentes desta película, auténtico leit-motiv da mesma, comenzando a partir deste prólogo a verdadeira historia de amor e atracción obsesiva cando un vello amigo lle pide que vixile a súa atractiva muller (Kim Novak). Quizais non sexa a máis técnica de entre todas as súas obras pero ten un encanto especial que fixo as delicias de todos os amantes do cine clásico coma min.

Finalmente para rematar, só resta decir que Hitchcock é aínda a día de hoxe un dos directores mais influintes dentro da súa profesión posto que directores contemporáneos do talento de Roman Polanski, David Fincher, M. Night Shyamalan ou Brian De Palma, entre outros, acentuaron nas súas obras o universo hitchcockiano, proseguindo a temática do director que mellor representou o universo femenino na historia do cine e se non o creen xa saben: vexan algunha das películas antes nomeadas, e xulguen vostedes mesmos. Por todo iso ahí vai a miña homenaxe (aínda que non a lea ninguén) ao mago do suspense e mais á súa obra máis torturada.

Trailer coas mellores escenas de "Vértigo", unha das grandes obras maestras de Hitchcock

Engadir un comentario