- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 15 Xaneiro 2008 15 Xaneiro 2008
Cabo Villano de Burías

A nosa fiel usuaria Marisol Soneira fainos chegar un mapa histórico de Camariñas do século dezasete onde, sobre todo, o que máis chama a atención a esta redacción é a importancia que tiña naquela época o actual lugar de Buría, na parroquia de Camariñas, lugar de residencia de Marisol e do que tan orgullosa se sinte: das súas antigas tradicións e costumes, de ser un auténtico universo en sí mesmo cunhas raigames que se perden no tempo. A importancia é tal que o lugar no que a día de hoxe se atopa o noso Faro de Cabo Vilán aparece no mapa co nome de "El Villano de Burías".
Para ver a noticia completa e ver o mapa ampliado pulsa na foto.
¿O mapa máis antigo de Camariñas?

Así pois destaca o nome de Burías (non sabemos si naquela época había varias Burías, en todo caso a nós con unha xa nos chega) e tamén que o pobo de Camariñas e a Aldea de Burías aparecen como dúas entidades independentes e separadas. O mapa menciona a "Nuestra Señora del Monte" e "Molino" no lugar no que están en ruinas unha serie de muiños que se atopan no río de Area da Vila. Non sabemos se estes muiños datan dese século XVII ou son posteriores a esta época, o caso é que sería moi interesante que expertos ou persoas interesadas en revivir a historia do noso Concello se puxeran a estudiar o asunto.
Dentro do noso concello as únicas mencións restantes son para "El Puerto" , que parece estar situado no lugar de "O Allo" e "O Outeiro" actuais (é dicir, a Ponte do Porto continental) e "Puente del Puerto" para sinalar os terreos da vila porteña que están alén do río Grande da Ponte, e dicir, trala antiga ponte indo para Cereixo. Por último o citado mapa histórico tamén menciona a vila de "Moxía" co seu santuario de "Nuestra Señora de la Barca" na extremo da península muxiana, e tamén distingue entre dúas praias chamadas "Area de Lago" e a Praia de "Arenal Mayor" dentro do actual Concello de Muxía.
En todo caso estamos ante un documento excepcional, elaborado durante o século dezasete que foi sen lugar a dúbidas a época de ouro da cartografía española, cando un gran número de expertos cartógrafos procedentes de Portugal, entonces pertencente ao Imperio español, pasaron a estar ao servizo da Coroa hispana, levando a cabo unha detallada e minuciosa elaboración de mapas das escarpadas costas de toda a Península Ibérica. En Galicia, con todas as nosas rías, seguramente deberon de ter traballo dabondo.
Comentarios
A parroquia foi dende sempre, San Xurxo de Buría.
Repito, que nadie se me ofenda porque hoxe en día os da plaia e os da aldea é todo o mismo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.