1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O traballo serio, riguroso e exhaustivo de Rafael Lema recibe o seu xusto premioDentro do mundo literario da Costa da Morte hai tempo que descolla como un dos seus principais talentos o porteño Rafael Lema. Despois de anos e anos de traballo riguroso, serio e exhaustivo, de investigacións profundas e fecundas, de acometer un minucioso traballo de campo ben polos distintos recunchos da nosa costa ben por diferentes archivos e bibliotecas, en datas recentes ven de colleitar dous importantes recoñecementos a toda unha vida de investigación intelectual. A primeira delas acontecía ca emisión da entrevista que todo un mito  da Televisión de Galicia, o xornalista Pemón Bouzas, lle facía para o programa cultural da TVG "Eirado" e a segunda ca concesión, por unanimidade do xurado, do VI Premio Santa Bárbara de comunicación da Cámara Oficial Mineira de Galicia por unha serie de artigos publicados sobre o sector mineiro ao longo do 2012 en medios de prensa e internet.

Premiábase así un xeito de entender o mundo da cultura, o traballo intelectual novedoso e investigador arroxando luz e engadindo novas perspectivas para aprehender a historia desta Costa Morte dos nosos pecados, e que se revela como imprescindible para desterrar a lenda negra desta Franxa Atlántica, unha de tantas creada pola historiografía británica (como a de Felipe II, como a da Inquisición, como a do trato recibido polas comunidades indíxenas postas baixo a protección da Coroa Española...). Unha labor de investigación especialmente innovadora no caso da Contraarmada británica que enviou Isabel de Inglaterra para vingar a tentativa de invasión das illas acometida pola Armada Invencible en 1588 e que resultou finalmente un desastre de moito maiores proporcións ca antedita, deixando polo camiño as mortes de Hawkins e Drake, e 78 pecios afundidos, dos que Rafael localiza nas nosas costas un número de 46. Indicativa foi neste senso a esixente entrevista que o confrontou con Pemón Bouzas, un tete a tete de altura, plagado de datos exhaustivos e citas de índole cultural, e que servío para presentar a derradeira obra editorial do escritor e investigador porteño: "Costa da Morte un país de sueños y naufragios".

En definitiva, porque no mundo xornalístico e cultural da Costa da Morte non todo van a ser plaxios e saqueadores desvergonzados que arrastran polo fango o nome desta Franxa Atlántica polo resto de España, sempre será un orgullo e un honor para Camarinas.eu publicar os éxitos de intelectuais e investigadores do calibre de Rafael Lema, redactor habitual da web www.anosacosta.com e do blog cronicasnerias.blogspot.com.es, escritor da nosa terra volcado na labor necesaria e imprescindible de desterrar a lenda negra da Costa da Morte, de arroxar luz onde só había tinieblas, de descubrir día a día un pouco mellor quenes somos, de alí de onde vimos.

Comentarios   

moncho de dios
+9 # RE: Ola de recoñecementos a Rafael Lemamoncho de dios 03/12/2012 20:07
Enhorabuena Rafael,mi mas cordial saludo,comprare tu libro y me pondre al dia en lo que se refiere a nuestra costa da Morte
Responder | Denunciar ante o administrador
Xosé-Luís
+9 # MERECIDOS RECOÑECEMENTOSXosé-Luís 03/12/2012 22:59
Coma Moncho de Dios, que tamén pasou polo Seminario, coma min, e ten o bo gusto de firmar sempre co seu nome, o que moito o honra, súmome con gusto ós recoñecementos, tan merecidos, que está a recibir Rafael Lema, poeta, escritor, investigador e un referente fundamental no mundo cultural do noso benquerido concello. Desde lonxe, pero co corazón sempre entre vós, parabéns, Rafael.
Responder | Denunciar ante o administrador
rafael lema
+9 # grazasrafael lema 04/12/2012 10:19
a diego, parabens polo teu traballo divulgador. a moncho e xose luis blanco, grazas doutro seminarista, entre todos pouco a pouco axudamos a que este faro chamado camariñas nunca deixe de dar luz,
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+9 # RE: Ola de recoñecementos a Rafael LemaBeldoña 04/12/2012 10:38
Me complace enormemente leer noticias como la que hoy nos presenta camarinas.eu. Saber que en nuestra tierra hay escritores de talla que trabajan, muchas veces en silencio, por dejar inmaculada la imagen de una comarca única en belleza, y noble con quienes la defiende, como es el caso de DON RAFAEL LEMA.
Gracias, pues, y enhorabuena por todo ello.
Antonio Puertas.
Responder | Denunciar ante o administrador
moncho de dios
+7 # cuatro seminaristasmoncho de dios 04/12/2012 12:43
increíble,que suceso,cuatro antiguos seminaristas,me alegro de este acontecimiento, aprovecho para mandarle un cordial saludo a Jose Luis y decirle al sr Antonio Puertas que ya le mande el correo donde a Dios hay quien me gane,el padre de Agustin Dios Vigo era Amador Dios Dios,un abrazo a todos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose Manuel Souto
+8 # Ola de recoñecementos a Rafael LemaJose Manuel Souto 04/12/2012 13:56
Parabén Rafael por este merecido recoñecemento e pola túa admirable dedicación cara á cultura da nosa querida Costa da Morte.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+5 # RE: Ola de recoñecementos a Rafael Lemazhúkov 04/12/2012 14:36
Impresionante nómina de recoñecementos as expresadas nestas felicitacións publicadas a través de Camarinas.eu, que falan ben ás claras do talento e formación cultural, intelectual, dos nosos lectores, usuarios e colaboradores. O mellor que existe no Concello de Camariñas, incluso podería decirse á vista das firmas precedentes o mellor da historia do Concello de Camariñas. Un orgullo e un honor sumarme aos anteditos. ¡Pero que grande é Camarinas.eu!

P.D.: Especialmente felicitacións a Rafael Lema por un traballo riguroso, minucioso e exhaustivo, sempre a prol da Costa da Morte e do noso concello, que agora aos recoñecementos antes expresados, se suma esta humilde homenaxe de Camarinas.eu.
Responder | Denunciar ante o administrador
maria castiñeira
+4 # RE: Ola de recoñecementos a Rafael Lemamaria castiñeira 04/12/2012 15:31
Un abrazo muy grande y desearte que sigas escribiendo,tu ya sabes que en la escritura igual que en la pintura poco se gana de vivo,pero cuando se lleva en la sange algo,no importa lo material
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
0 # ParabensE logo ti de quen es 22/12/2012 23:49
O meu máis sincero parabén, polo teu excelente traballo.
Responder | Denunciar ante o administrador