- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 16 Decembro 2007 16 Decembro 2007
Conto de Nadal

Este ano a praia de Camariñas luce unha decoración navideña moi mariñeira
Chegadas estas entrañables datas navideñas, a redacción de camarinas.eu non podía deixar pasar a oportunidade de celebrar con tódolos seus usuarios a festividade do nacemento do noso Señor Xesucristo e así engrosa a recién creada sección de cultura da máis católica e visitada web de toda a Costa da Morte cun Conto de Nadal escrito polo noso querido usuario e redactor Zhúkov, o cal se adentra polos milenarios rueiros desta antiga vila chamada Camariñas para descubrir un secreto olvidado. Para ler o contiño e ver unhas fotos da decoración navideña de Camariñas pulsa na foto principal.
Conto de Nadal

Vista do Areal co Bar José Manuel, o preferido dos redactores de camarinas.eu, de fondo
Erase unha vez un pobo o cal vivía nas ribeiras dun mar tenebroso e
antigo, illado do resto do mundo, nun entorno de beleza abrupta e
salvaxe, rexido polas súas propias leis e costumes. Este pobo, a
pesares do seu destartalamiento urbanístico, era para os seus veciños o
máis fermoso e máxico do mundo: daban todo o que tiñan para conservar
aínda que fora un tenue fío de conexión co mesmo calquera que fora o
lugar do mundo no que se atoparan. Alí, no medio dun conxunto de
rueiros e callexuelas que compoñían un caótico e laberíntico
conglomerado urbano vivía un fotógrafo honrado e un pouco golfo, o cal
unha vez arrexuntado con outros tan golfos como él, puxo en marcha unha
humilde páxina web. Os veciños que pasaban por diante da súa
destartalada oficina a altas horas da madugrada podían ver, tal e como
sucedía co despacho de Stalin nun dos edificios do Kremlin durante os
peores días da Gran Guerra Patriótica (perdón pola comparativa), as
luces encendidas e non podían evitar pensar que ahí estaba él, tratando
de arranxar algo que funcionaba mal, poñer en funcionamento un novo
dispositivo ou publicar unha nova noticia que tivera ben informados aos
veciños do, para eles, máis fermoso e entrañable pobo do mundo.
E si había unha xente que facía que os redactores redobraran os seus
esforzos e deran o mellor de sí, era aquela que por necesidades da vida
vírase obrigada a abandoar o seu fogar para darlle un mellor presente e
futuro aos seus. Se había unha data na que estas persoas traballadoras
e esforzadas sufrían especialmente era o Nadal, ao non poder celebrar a
Natividade do Noso Señor Xesucristo, Rey de Reyes, entre os seus, no
seu trozo de terra natal. Pero aquel ano habíase obrado unha miragre:
nas alturas celestiais non podendo permanecer impasibles un ano máis
ante a morriña e nostalxia de toda aquela boa xente cristiana,
encomendouse, incumprindo gravemente o procedemento administrativo
celestial (e que mereceu un informe negativo de reparo dun implacable
interventor celeste), a uns dos seus máis antigos funcionarios, uns
tales Reyes Magos de Oriente, entre os cales había un negriño que
poseía un bo corazón africano, adiantar o regalo de Nadal dos mesmos en
forma de páxina web que os mantivera permanentemente informados do que
sucedía no pobo dos seus desvelos, paliando na medida do posible todos
aqueles miles de kilómetros que se habían interposto polo medio, e que,
polo menos nos entrañables días de Nadal lles ofrecera unha humilde
reportaxe fotográfica coa decoración navideña que engalanaba aquela
antiga e mítica poboación que os compensara de tanta lexanía. Regalo
que por sí só xustificaba a existencia da, últimamente xa non tanto,
humilde páxina web. A todos os nosos lectores, en especial aos da
emigración, ¡Feliz Nadal!

Non estarán aquí, pero os nosos emigrantes poderán ver a decoración navideña nestas fotos
Comentarios
pero o concello non é solo CAMARIÑAS.
bravo camariñas.eu
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.