1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xosé Troiano volve a arrancar dos arquivos un anaco da Historia de CamariñasFiel ao seu compromiso perenne ca historia do seu pobo, Xosé Troiano volve ás páxinas de Camarinas.eu para impartir unha lección maxistral acerca dos naufraxios do Kenmore e da draga holandesa Rosario. Desta volta a súa labor investigadora levouno a un allado exemplar de inicios de 1904 do xornal "El Mundo Futuro", que daba conta aos seus lectores da enésima desgracia acaecida nas augas turbulentas da Costa da Morte. Dous naufraxios que a memoria colectiva da Vila das Palilleiras non parece ter demasiado presentes e que nembargantes son rescatados das sombras para o gran público camariñán gracias ao traballo meticuloso, infatigable, sempre productivo de Xosé Troiano.

O Naufraxio do “Kenmore” e a Draga “Rosario”


O 12 de xaneiro tivo lugar nas nosas costas varias desgrazas que saíron en varios medios de comunicación, entre eles este  que a continuación destacamos.
Ë bó lembrar a historia da nosa vila, sexa para bó ou para o malo, o caso é que xa non queda xente que recorde estos naufraxios, por iso imos refrescar un pouco a nosa historia plasmada polos xornalistas da época.
O xoves 14 de xaneiro de 1904 no xornal “El siglo Futuro” comentábase unhas novas sobre naufraxios na nosa costa. “Nun baixo da Praia de Traba (A Coruña) naufragou o vapor inglés Kenmore, da matrícula de Glasgow, que se dirixía ó mediterráneo.
O barco, que se estreleou contra o Cabo Vilán, dáse por perdido totalmente.
Da tripulación sábese que morreron sete homes.
Perto de Camariñas naufragou tamén a draga holandesa Rosario, que se dirixía á Arxentina.
Grazas ós lanzacabos enviados por un canón dende a praia, salváronse o seus quince tripulantes.
Ainda que se dixo que en Camariñas naufragara outro buque alemán, crese que sexa unha equivocación, nacida de tomar a Draga polo trasatlántico hamburgués do mesmo nome.
O Kenmore viña de Liverpool e dirixíase con carga xeral a Valencia.
Tamén con este dato houbo confusión, tomándoselle ó principio polo trasatlántico, tamén inglés Panamá, que saliu o luns pola noite da Coruña con rumbo a América, despois de tomar eiquí 51 pasaxeiros e algunha carga.
O erro xa foi desfeito, renacendo a calma nos que tiñan familia ou amigos entre os pasaxeiros do Panamá.
Para completa seguridade pedíronse novas a Vigo e Lisboa, de cuxos puntos fixeron unha feliz saída.
A draga que se afundíu na Praia de Santa Mariña, perto do porto de Camelle, ó N.E. do Cavo Veo, pertencía ós Srs. Smit, de Kinderseck (Holanda), tiña 700 toneladas, iba ó mando o capitán Van Kenion e levaba 15 tripulantes, que foron recollidos nun pobo de perto.
Ainda que non se teñen detalles, confírmase, por desgracia, a perda de sete tripulantes do Kenmore, cuxos nomes non se coñecen”.

Comentarios   

Ícaro
+1 # RE: Naufraxios do Kenmore e Draga RosarioÍcaro 23/01/2012 16:33
Interesante artículo. Estaría moi ben poder situar todos os naufráxios sobre un mapa.
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+1 # Evocadora narración.E logo ti de quen es 09/02/2012 23:28
Mi abuela me contaba la historia de una batalla entre un barco Aleman y un Barco Ingles durante la II Guerra Mundial frente a la playa de Arou, todavia debe haber gente mayor por la zona que lo recuerde, ¿sabeis algo de esta batalla?
Responder | Denunciar ante o administrador