Pois en Camariñas estamos que non paramos. Para sumar á excelente canteira deportiva que posúe o noso concello veñen a presentarse outras grandes promesas dentro de outros ámbitos culturais. Na literatura, por exemplo temos ao exitoso escritor Alberto Lorenzo con uns relatos de eloxio no seu blog "El espejo de Shion" e agora tamén no mundo da música abrirase paso sen dúbida Karina Tajes, unha gran cantante camariñana que con tan só 18 aniños foi quen de subirlle ao escenario do concerto que a popular cantante canaria Rosana realizou en Ponteareas e marcarse unha canción deixando ás multitudes asistentes coa boca aberta. Ademáis Karina está a facer unhas grabacións caseiras que logo colga en Youtube donde ela, acompañada da súa inseparable guitarra, interpreta algúns temas propios e outras versións dos seus artistas favoritos. De verdade, non vos perdades a traxectoria desta rapaza que seguro será meteórica. Camariñas, terra de artistas! ¡NORABOA KARINA!

Comentarios   

Shion83
+1 # RE: Karina Tajes, unha futura estrelaShion83 14/12/2011 12:24
Increíble!! jajajaja!! Está o pueblo cheo de talento polo visto, si fai uns meses me escojonaba vendo a doña Belinda co temazo "Zúmballe o caneco", ahora non puden mais que quedar sin palabras! Que fenómena! A seguir así...e a triunfar!!
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # Karina!diegoalfr 14/12/2011 14:51
Acábome de enterar que a mesmísima Rosana foi a que invitou a rapaza camariñana Karina a subir ao palco. Noraboa Karina e sigue adiante co teu soño. Non deixes que nada nin nadie se interpoña na túa vocación ¡ARTISTA!!
Responder | Denunciar ante o administrador
sergio
0 # RE: Karina Tajes, unha futura estrelasergio 16/12/2011 14:14
quedei sen palabras,unha autentica artista¡¡sigue asi!!
Responder | Denunciar ante o administrador