É unha realidade que as redes sociales nos están a cambiar a vida. Noticias en tempo real, foros e grupos de todo tipo, un medio efectivo e gratuito de comunicación, e nalgúns casos un trampolín a inspiración. Este é o caso de Alberto Lorenzo, un xoven de 28 anos natural de Camariñas, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion". Nel o camariñán destápase emocionalmente de maneira sobrecolledora en cada liña que forma cada novo relato sobre momentos puntuales da sua vida, atraendo cada vez mais adeptos. Ese punto dramático amoroso que caracteriza o blog chega os corazóns da xente de maneira profunda e elegante, por medio dunha narración en primeira persoa moi coidada e traballada, na que non se priva de amosar o lector os seus mais íntimos pensamentos. Exemplo disto son relatos como "Capuccino Rennie", "La aguja del escorpión" ou o seu último traballo "Piezas de un puzzle llamado destino", no que o camariñán consegue poñernos a pel de galiña gracias a textos coma este:
{xtypo_quote}"Necesito verla. Necesito besarla. Necesito sentir el latido de su corazón contra mi pecho mientras me rodea con la sensualidad de su cuerpo. Necesito perderme en el azul infinito de sus ojos. Necesito respirar el aroma de su cabello una vez más..."
Las mismas palabras sonando día tras día en lo mas profundo de mi cabeza, como un martillazo incesante. No lo soporto más...noto como sangro por dentro víctima de su aguja, mientras fantaseo con su regreso. Como navío a la deriva navegando entre océanos de paranoia y delirio...definitivamente por primera vez, y de manera incontrolable, está pasando. La quiero."{/xtypo_quote}
Tan só queda felicitar o noso veciño Alberto Lorenzo polo incrible traballo que está a compartir cada vez con máis xente, namorando co románticismo das suas liñas, e esperar qué o que él denomina como "unha mera paixón máis", co tempo se converta nunha carreira profesional da que nos sentir orgullosos tódolos camariñáns. Sin mais dilación deixámosvos co seu traballo "O espello de Shion". http://shion083.blogspot.com/
+1#Noraboa —
Sara Ángela Balado Ferreiro10/11/2011 21:21
Que nunca se che rompa ese espello no que todos nos sentimos reflexados dalgún maneira, mi máis sincera noraboa por esta nova aventura, e que che paguen ben, que ti o mereces..... bicos
Un blog dos máis elegantes, onde a boa escritura é acompañada con fotografías deliciosas e unha selección musical moi ecléctica. Moi bo traballo, parabéns Alberto!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.