4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (30 Votes)

Un relato breve de "Juancamariñán"

juancamarinan, digno sucesor de Chéjov (1860-1904)
juancamarinan, digno sucesor de Antón Chéjov (1860-1904)

En toda a Costa da Morte xa están ao tanto do talento innato dos usuarios de camarinas.eu, pero este fin de semana os membros da redacción quedaron especialmente abraiados cun relato breve de juancamarinan debido ao seu parecido cos contos do, posiblemente, mellor escritor de relatos breves da historia da literatura: o ruso Antón Pávlovich Chéjov. Por iso, debido a excepcional calidade literaria do relato, pola brilantez na creación dun estilo propio (ao mesmo tempo irónico e amargo) e pola maestría na captura do típico linguaxe camariñán, ofrecémoslles a todos vostedes esta, en palabras do noso tamén usuario iván, "cápsula milimétrica de sabiduría". Pulsa na foto de Antón Chéjov para ler esta excepcional testemuña do talento literario dos usuarios de camarinas.eu.


Aquí en Camariñas sempre fumos moi tradicionales, por eso somos unidos si a causa é justificable. E si os nosos vellos nos din hay que faser esto, dicho y echo, sin prejuntar.

Resulta que acabado de casar o primeiro mes a muller non facía más que cosiñarme chuletas e bistés, eu claro pa ajradar calaba e comía, como fixemos todos, pero chejou un día que queden da carne asta os jue..., e díxenlle á muller: ¿pero ti non sabes faser outra cousa, oh?

Entonces empezou a historia:
ELA - ¿a ver que ques?
EU - un peixiño coño.
ELA- ¿que peixe?
EU - miña nai fasíame rebalisa ao forno, e era o que máis me justava.
ELA - (enfadada) mañán fájocho.

Pasou o día e chejei a comer, e alí estaba unha rebalisa de kilo e medio nunha fuentiña, unha pinta cojonuda, pero cal foi a miña sorpresa, faltáballe o rabo

EU - ¿e lojo o rabo?
ELA
- cortenllo.
EU
- ¿pero por que?
ELA
- porque me dixo miña nai que llo cortara.
EU
- pero si o rabo é o que mellor sabe.
ELA
- oies que miña nai é unha das mellores cosiñeiras do pueblo, e si di que hay que cortarllo, e que hay que cortalo.
EU
- pois vamos prejuntarlle a túa nai, por que o corta.
ELA
- pois vamos.

........

ELA - a ver mamá dille a este porque se lle corta o rabo a rebalisa.
A NAI
- mira neniña eu sempre lle fixen caso a túa abuela, que foi moi boa cociñeira, e ela sempre llo cortou.
ELA
- non ves cabesudo, e miña abuela fixo rebalisas toda vida.
EU
- pois vamos a prejuntarlle a túa abuela, por que o fai.
ELA
- (máis enfadada) pois vamos.
A NAI
- carallo que cabesudo es rapas.
EU
- e veña usted tamén.

Ahí vamos os tres cara a casa da vella......
 
A NAI - a ver mamá ¿verdad que a rebalisa hay que cortarlle o rabo?
A ABUELA
- e aberá.
ELA
- ¿pero usted non llo cortaba sempre?
A ABUELA
- cortáballo neniña, cortáballo.
EU
- elojo ¿por que?
A ABUELA
- porque meu forno e moi pequeniño, e enteira non me cabía.

Daquela todos calamos, e marchamos, eu diante ca miña risiña, e a nai e a filla refunfuñando, sejuramente pensando o prósimo que iban a cortar.

 

Comentarios   

merlin
0 # eu de camariñasmerlin 19/11/2007 20:34
fas majas diejo ti e mais mikel facedes un traballo escelente non hay quen bos supere animo e seguide asi que e a millor pajina de toda galicia camariñas.eu .
eu de camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
uXi
0 # uXi 19/11/2007 22:26
jajajajajajajaja

me ha encantado!
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 19/11/2007 22:29
A tope juan, ese si que fui bo,hay que joderse
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 19/11/2007 22:33
noraboa Juancontacontos
Responder | Denunciar ante o administrador
merlin
0 # eu de camariñasmerlin 19/11/2007 22:42
juan banche ter que facer uha pajina pra os teus contos, sige asi juan,noraboa
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
0 # eu de camariñascurrodetras 19/11/2007 23:15
bo traballo rapases,sige asi juan non pares,sige,sige ,sige.......
Responder | Denunciar ante o administrador
iván
0 # iván 20/11/2007 00:37
E prejuntabasme juan si as miñas palabras eran ironicas...Alej rome de ver ke non era eu o uniko ke asi pensava.
A ver kon ke xoiña nos deleitas ahora, deixastes o liston mui alto
Responder | Denunciar ante o administrador