O talento poético de Antonio Puertas segue a colleitar premios no ámbito literario

Desta volta foi no norte galego, concretamente en Mugardos, onde o talento inmenso, inabarcable, de Antonio Puertas voltou a saír vencedor nun concurso literario. Tratábase do IV Certame de Poesía Concello de Mugardos celebrado o pasado 21 de marzo co gallo do Día da Poesía na cidade da costa meridional da Ría de Ferrol, dúas eran as categorías, menores de 18 anos, maiores de 18 anos, e un só gañador no ámbito dos adultos: Beldoña. A un xurado que contaba entre os seus membros á escritora Clementina Vidal Caramés ou ao concelleiro de cultura José Antonio Bouza Rey non lles quedou máis remedio que recoñecer a calidade literaria, lírica, exemplo maxistral de dominio do vocabulario e gramática máis mariñeira, de "Cantareira", a súa poesía presentada a concurso e premiar co máximo galardón a esta composición homenaxe á típica gamela da Vila dos Encaixes, plena de referencias á embarcación máis camariñana.

{xtypo_rounded_right2}
CANTAREIRA
Con madeira das Carballas,
Saltarica e argalleira,
Construín a gameliña
Que a chamei Cantareira.
Toletes de buxo lixado
Con navalla mariñeira,
Estrobo de esparto leado…
Fachendosa e rebuldeira.
Anacos de pino roxo
Escaravellado en toleteiras,
Engastadas en un foxo
Con carballo polas veiras.
De cores verdes repintada,
Chapapote espeso no plan,
Estopa en brea barruntada
E un par de roletes no chan.
Amarrada na poutada
Coas súas compañeiras,
Deica ó verán está varada
Pa bailar polas ribeiras.
Os remiños polas bandas
Van vogando chapuceiros
E, a gamela, en guinadas,
Cos tombiños trapalleiros.
Cantareira, cantareiriña,
Ondiñas que ides con ela,
Cantádelle á miña xoíña,
Que os ventos peneiran nela.
{/xtypo_rounded_right2}

A recompensa ao novo premio colleitado polo gran poeta era o de menos: un bono de 100 euros para mercar libros. O realmente importante ven constituido polo feito de sumar un novo recoñecemento ao seu impresionante palmarés literario, todoterreo nos ámbitos da prosa e da poesía, e ver o seu nome reflexado nun medio de comunicación de carácter autonómico, El Correo Gallego, que se facía eco do novo éxito do escritor camariñán e que facía un somero repaso á vida dunha das grandes persoalidades desta Camariñas de comenzos de milenio. O papel, pequeno, mínimo, desempeñado por camarinas.eu xurde do feito de que foi nas nosas páxinas, concretamente no Libro de Visitas, onde toda Camariñas constatou de forma definitiva o que xa era unha realidade dende hai tempo: que entre nos todos estes anos existía un autor dotado dun talento e capacidade excepcionais, sen dúbidas un dos cumes literarios dunha Costa da Morte que se lle quedou pequena. O mellor exemplo delo, os distintos premios colleitados a nivel rexional e nacional por Antonio Puertas, Beldoña para os seus amigos de camarinas.eu. Antonio, nunca te canses de escribir. Por todo, gracias, Maestro.

Comentarios   

ReyesFP
+2 # Certame Poético Concello de MugardosReyesFP 15/04/2011 13:01
Enhorabuena, Antonio. Te lo mereces.

Te honra el que hayas decidido compartir tu triunfo con tus amigos de Camarinas, entre los cuales me he colado poco a poco.

Mi felicitación, mi abrazo y hasta pronto...

Reyes
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+3 # RE: Certame Poético Concello de Mugardosmantida 15/04/2011 14:30
As miñas felisitasions señor Beldoña, xa era hora de que llle reconoseran os seu traballlos, muita suerte e a sejir escribindo po lo que tanto llle justa.
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+2 # NoraboaE logo ti de quen es 15/04/2011 15:07
Enhorabuena Sr. Beldoña, es un placer leer sus preciosas historias en esta web de Camariñas yes tambien un placer poder felicitarle por el premio.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # Beldoñadiegoalfr 15/04/2011 16:55
Un pracer e un honor terte entre nós Beldoña. Noraboa polo merecidísimo premio á vosa adicación á poesía. Bonito recoñecemento tamén de "El Correo Gallego". O dito, noraboa!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Certame Poético Concello de MugardosBeldoña 15/04/2011 17:22
Gracias

Hola amigos, en primer lugar, GRACIAS A TODOS los que entráis a leer mis historietas y mis poemas. Gracias, de corazón.
En esta ocasión, la REDACCION DE CAMARINAS.EU “ pasouse mais de unha fornada “ en elogios hacia mi persona.
Muchísimos de vosotros lo podéis hacer muchísimo mejor que yo. Y, si no, mirad los escritos de TINO ROGERO, de REYES, o, el más reciente publicado por XOAN RAMÓN CARBALLO… Y tantos y tantos otros que se asoman de vez en cuando por aquí, como JUAN CAMARIÑÁN, ( a quien pido que lo haga con más frecuencia, porque me encantan sus historias…)
La valía de todos ellos, es muy superior a la que yo os pueda ofrecer. Que no os quepa la menor duda.
A este concurso de Mugardos, no me presenté por el diploma ni por premio en metálico, ya que, como nos decía el Concejal de Cultura, era meramente simbólico. Lo hice porque me lo pidió mi hijo Ricardo
y sin ningún afán de protagonismo. Cuando escribo, lo hago por el placer que supone hacerlo, pensando, en esos momentos, tan sólo, en mi. Luego, lo comparto con todos vosotros para quien quiera leerlo.
MANTIDA, MAICA, DIEGO, MARCOS, TINO ROGERO Y TODO EL RESTO DE AMIGOS Y AMIGAS DE CAMARIÑAS… GRACIAS.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # RE: Certame Poético Concello de Mugardoszhúkov 15/04/2011 18:01
Bueno, efectivamente, un merecidísimo premio por unha forma de crear poesía tan só ao alcance de moi poucos. Algunha vez creo que escribín nalgunha parte que todas estas xoias literarias que tan a menudo Antonio Puertas regala ao pobo de Camariñas deberían ver a luz editadas en forma de antoloxía literaria poética e prosística (non olvidemos os seus contos, maxistrais), algo esto último parece que tan só ao alcance duns poucos elexidos: os así chamados a si mesmos artistas vinculados a algunha das ideas políticas e ás subvencións que estes conceden. Algo vedado ás boas xentes que como Puertas tan só teñen un talento: o de escribir maxistralmente. Polo menos, para ben do Concello de Camariñas existe algo chamado camarinas.eu (unha idea filantrópica, altruista dos seus creadores, polo menos con esa intención foi creada) que permite ao común das xentes deleitarse relendo unha e outra vez as creacións do máis grande escritor camariñán: Antonio Puertas. Gracias por elexirnos a nos, Maestro.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose Manuel Souto
+1 # RE: Certame Poético Concello de MugardosJose Manuel Souto 15/04/2011 18:03
Noraboa Antonio!
CANTAREIRA e unha ledicia.
Merecidisimo premio.
Un saludo,
Jose M. Souto
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Certame Poético Concello de MugardosBeldoña 15/04/2011 21:17
También a vosotros, MARCOS Y JOSE M.SOUTO, MUCHÍSIMAS GRACIAS, AMIGOS.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
THOR
+1 # Sr Dº AntonioTHOR 16/04/2011 07:32
Asmiñas mais sinceras felicitacions por ese premio que e mais ca merecido....... ............... ....8-)
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Certame Poético Concello de MugardosBeldoña 16/04/2011 10:18
Moitas grazas THOR. Grazas, amigo.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+3 # RE: Certame Poético Concello de MugardosMikel 17/04/2011 10:23
Noraboa Señor Beldoña, o que lle quería dicir eu xa o deixaron reflexado e comparto cos anteriores comentaristas. É un maestro das letras, a poesía nace y se hace pero vostede naceu con ese Don e outros que leva dentro (humanos). Aínda que tarde, !!Felicidades!! ...Nunca deixe de escribir POESIA e oxalá un día escriba un libro.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # GRAZAS, MIKELBeldoña 17/04/2011 20:55
Grazas, MIKEL, polas túas palabras que agradezco de todo corazón. Non me digas maestro, porque non son. Ti eres un dos grandes, pois xa o tes demostrado en moitas ocasións, e, certamente, deberías deixarnos, de vez en cando, algo do que ti saber facer tan ben. Anímate, sei que no nos vas a defraudar.
Un abrazo, amigo
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Xoán Ramón Carballo
+3 # RE: Certame Poético Concello de MugardosXoán Ramón Carballo 18/04/2011 16:59
Agarimosos parabéns, Antonio.
O mellor agasallo dos teus versos son para nos, os afortunados lectores das tuas verbas. Verbas escollidas con maestría; versos que polo seu son xa resultan atractivos: Permítome a licencia de entresacar algún deles para saborealos con lúdica admiración:
"Saltarica e argalleira"
"con carballo polas beiras"
"que os ventos peneiran nela"
¡Felices Pascuas!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Certame Poético Concello de MugardosBeldoña 18/04/2011 21:31
E, para min, o mellor agasallo sodes todos vos, os lectores e amigos que me estades á honrar coa vosa presencia.
Grazas, Xoán Ramón, polas súas verbas que tanto aprecio, máxime, vindo de unha personalidade como é vostede.
Unha aperta, amigo
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador