A partir dunhas sinxelas cartillas de racionamento do ano 1939, Antonio Puertas compoñe un maxistral relato acerca dos anos da posguerra en Camariñas. Tempos duros, anos da fame, de odios e rencores, de falanxistas e requetés, de boinas bermellas e camisas azuis, dunha escasez xa esquencida, que non empezou a ser lembrada como un mal soño do pasado ata a aprobación polo Goberno do Xeneral Franco do Plan de Estabilización Económica de 1958, base do futuro miragre económico español. Cronista oficial de camarinas.eu e posuidor duns documentos dun valor histórico invaluable, Antonio Puertas segue a deixar constancia do pasado remoto do Concello de Camariñas nunha nova serie de catro relatos que nos retrotraen, por temática, por argumento, por calidade, ao Neorrealismo italiano, cas súas películas maxistrais de Roberto Rosellini ou Vittorio de Sica ou ao cine español de posguerra ca súa perpetua galería de persoaxes de estómagos baleiros: Surcos (1951), Bienvenido Mister Marshall (1952), El Pisito (1958), Plácido (1961), El Verdugo (1963), etc... Relatos doutros tempos, relatos dos mesmos lugares.
Nos dieron la ración
Ola queridos usuarios de camarinas.eu, quería deixar este artigo sobre a época do racionamento, pero gustaríame engadir unhas pequenas imaxes que acompaño e onde se poden ver os orixinais que gardo de 10 vales do racionamento en Camariñas do ano 1939. Ans de posguerra, anos de fame. Espero que vos guste.
NOS DIERON EN LA RACIÓN…
Conta a miña nai que, recen finada a Guerra Civil, en Camariñas, había un local preto á capela do Carme, onde se daba de comer aos necesitados, que, en palabras textuais súas, eran case todos os do noso pobo. Ela era a encargada de dispensar e de repartir os escasísimos alimentos que proviñan de mans caritativas. Tódolos días dos anos posteriores a contenda fratricida, aquela casa de comidas de beneficencia, estaba a esturar, e apenas contaban co indispensable pa mal alimentar aos nenos e os maiores; moitos deles enfermos, e, todos eles, mal nutridos.
Inda estaban a resoar os himnos vitoriosos do "Cara al Sol" e de "Prietas las Filas", que a Philips de válvulas do meu avó, estaba a repetir machuconamente nos anos cuarenta. Do mesmo xeito que hoxe, despois de setenta anos, esa mesma radio, estame a agasallar co partido de Copa entre o Almería e o Deportivo que escoito de refilón. A España triunfante de Franco, agonizaba con outro xinete do Apocalipse, case, mais fero daquel que foran, pouco hai, nos campos de batalla, os mesmisimos mosquetóns e as metralletas inmigras. A miseria e os rancores da posguerra, fixeron correr ríos de cadáveres e torrentes enfrontados de desquites entre veciños, que, as forzas do orde, a duras penas, eran capaces de conter.
Moi poucas as tendas e os ultramarinos que podían sobrevivir malamente, mentres ían vendendo a unha poboación sen cartos e que, mais ben, víanse la obriga de deixar ó fiado, para logo, raramente cobrar a débeda ao cen por cen. E non porque a xente fora mal pagadora, senón mais ben, porque carecía de medios pa poder saldar a totalidade, sen encadear novas operacións mercantís. Así, era normal, que uns pais “ avergonzados “ mandaran aos seus fillos mais novos a tenda… díxome a miña nai que me dea un patacón de vilula “…dille a túa nai, que inda me está a deber o do inverno pasado… Sen excepcións, os cadernos dos tendeiros, estaban cheos de números roxos e non precisamente embarruados polos das ezquerdas.
As tendas de Braulio, a de Desiderio (o que máis cartos tiña, ¿…?), a do Señor GarcÍa, o dos irmás Campos "Ultramarinos Finos y Alcoholes" , ou "a farmacia" da miña nai, eran uns exemplos de rivalidade san que competían por sobrevivir nuns mundos difíciles. Abundaban mais as tascas e os bares, pa mitigar, entendo eu, as penas da vida; inda que, as veces, como acontecera a comezos dos anos sesenta, levara engadido un alto coste que, ó etílico avarento de uns poucos, levou a moitos bebedores pa outro mundo mellor.
Cando empezaron a verse algunhas pesetas rubias nos caixóns dos tendeiros, foi alá polo comezo dos anos cincuenta, e xa a xente podía permitirse o luxo de mercar unha entrada no cine Rialto pa poder gozar das películas de Jorge Negrete, ou tebeos do Xinete Enmascarado na tenda de Marcelina. Todo elo, gracias ao caruncho e os gramos de cobre ou de plomo que estaban a axudar na recente economía familiar, sempre, con limitacións: “ a ver, Manel, vaite a barbería de Toñito do Fulías a que che corte o pelo, que pareces un moinante…- Dixo o meu pai que me cortes unha peseta de pelo, que, po mes que ven, xa irá o resto… E, dese xeito, a cousa ía tirando amodiño.
Mais, volvendo a uns anos atrás, a xente tiña que facer colas interminables pa poder roer un molete de pan negro mesturado con moito millo, pouco trigo, e moito fermento. Pagabase con un VALE DO RACIONAMENTO por cada una das casas de familia, que, pouco ou case nada, podía mitigar a fame negra que estaban a pasar. Así, como exemplo, velaí aqueles vales do ano 1939, expedidos polo Goberno Civil ao pobo de Camariñas, e que eu conservo algúns en dez cupóns origináis, que gardo como ouro en pano … “ vale por un kilo de patacas; vale por 1 arenque; vale por 200 gramos de sal gorda…ou, aquel outro… por 100 gramos de toucino de Cerdo… Camariñas La Coruña… ¡¡Tempos de crise aqueles, e non estes …!!
As xeracións vindeiras cantarían, mentres se erguían as casas baratas de Corea, aquelo que dicía: Nos dieron en la ración aceite de cacagüet y estamos más amarillos que el General Chiang Kai Chek.
Antonio Puertas
Comentarios
Por eso somos capaces de recordar aquellos tiempos, invadidos por la nostalgia y aunque convencidos de que no todos los tiempos pasados fueron mejores, sabemos que a pesar de todo, aquellos tiempos fueron únicos y, me atrevería a decir que maravillosos, y en ellos siempre encontraremos rescoldos cálidos, [familia, amigos, juegos, rincones del pueblo, del campo...] que en nuestra infancia nos servían de coartada para mitigar y de alguna manera ignorar muchas miserias y poder seguir siendo niños, a pesar de las limitaciones del momento.
Gracias, Antonio, por dejar constancia escrita de aquellas vivencias que hoy día resultarán casi incomprensibles si intentases contárselas a tu nieto. Los que tenemos cierta edad te comprendemos mejor. Gracias.
Nestes anos, mentres durou a II Guerra Mundial, houbo tamen un traballo no que a xente humilde atopou un pouco de alivio a tanta fame, foi o extraperlo do volframio, as mulleres o escondian da Garda Civil baixo as saias..
Un cordial saludo
Tino Rogero Figueiras
Gracias Reyes, “Rubiasa “, Tino, Marcos, Juan… y, en general a cuantos me leyeron y me siguen aguantando mis “ rollos “
Antonio Puertas
QUE CONSTE O MEU RECOÑECEMENTO, e PERDONADE QUE NON MENCIONE A MAIS, PORQUE SERÍA UNHA LISTA INTERMINABLE.
Antonio
Noraboa señor Beldoña por este pequenísmo pedazo das nosas raíces.Esperamo s pronto máis letras súas e dende o receptor "Gracias"..sin duda momentos duros como calquer país que salga dunha guerra(ou dúas) onde dentro da miseria,de seguro se valoraban máis as pequeneces.....
Mentres non aburran as miñas historias, seguirén dándovos a paliza.
Un cordial saludo, amigo
Antonio Puertas
Un saúdo
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.