- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 05 Outubro 2010 05 Outubro 2010
Dende Madrid, pero ca Ponte do Porto no corazón, volve Florentino Rogero na sección de camarinas.eu adicada á Literatura Galega cun documentado artigo adicado ao libro "Memorias dun Ninguén", escrito por Carlos Mella, ex-vicepresidente da Xunta nos gobernos de Xerardo Fernández Albor e controvertida persoaxe pública que protagonizou unha espectacular viraxe política que o levou dende as filas da centrista UCD ata o BNG, pasando pola mítica Alianza Popular (AP) e a desaparecida Coalición Galega, fallido experimento dun nacionalismo de centro-dereita. O repaso a toda unha vida, as reflexións persoais certeiras e lúcidas e a preocupación polo pasado, presente e futuro de Galicia son analizados exhaustivamente polo noso usuario Florentino Rogero nun artigo que constitúe todo un luxo para camarinas.eu, a web onde están os mellores.
"MEMORIAS DUN NINGUÉN"
{xtypo_dropcap}C{/xtypo_dropcap}
hamoume a atención iste libro, polo seu titulo, un titulo que suxiere lucidez e humildade no seu autor. Hoxe que é tan corrente que os ninguens nos esquezamos de quen somos, é estimulante comprobar que un home que fui alguén na política galega, que fui alguén na sua profesión, ao facer balance declárase un ninguén.
Esta foi a primeira das razóns que me levaron a ler este libro, despois de pescudar sobre os pinchacarneiros do seu autor, e de rir dabondo cun dos seus contos titulado de “Zocos e Pibes”, recollido noutra das suas obras: “Coa Palleta Distraida”, coidein que detrás dun titulo suxerinte, ía atopar algo mais, coido que non me equivoquei.
Coma o autor declara non gustar das biografias “fume de vaidade, arrecendo de nada, desexo inútil de fuxir dun esquecemento sentenciado”, medita sobre o ambiente, a atmosfera na que se desenvolviu a sua historia. “Os actores, que somos nós, fóra do ambiente teatral, da atmosfera que se crea, somos uns seres anónimos, intercambiables. É dicir, uns ninguén”.
Repasa o ambiente da Galicia rural nos tempos da guerra e da posguerra “Cando estivo claro que gañaban os cadaquén fixo a súa composición, a aldea mudou costumes e hábitos e a algarabía da trasfega cotián e a discusión na taberna trocáronse en silencio expectante e mesmo medorento…Dos mortos non se falaba, aínda que si se escoitaba decote a palabra desaparecido”. “Unha chuvieira de consignas e principios, repetidos de xeito incansábel dende a radio e o pulpito, tentaba uniformar ideas e condutas…ficaba claro o que había que pensar, quen mandaba e quen tiña que obedecer”.
Describe as suas vivencias dos anos de internado cos xesuítas, naquel ambiente no que “A xeral obsesión era o sexto mandamento: para sufrir unha eterna condenación non era mester cometer actos impuros; co simple pensamento abondaba”.
Explica o papel reservado a muller naquela sociedade, “cando a virxinidade era obrigatoria” e na que “a única educación sexual que recibía o home era a que lle aprendian as putas do lugar”. Fala do seu matrimonio cunha “muller nova chea de simpatia, descaro e malicia” e nun novo exercicio de humildade, propio do que xa non ten nada que demostrar, desvela como na sua noite de vodas “a virxe mallou no inexperto”.
Reflexiona sobre a astucia e a retranca que “Adoitan presentarse, as moi candongas, coma virtudes paradigmaticas do galego” sosten que “cómpre non practicar a astucia senón coidar a intelixencia cultivada; non deitarse ao acubillo da retranca senón ao exercer a capacidade resolutiva”.
En consecuencia o autor non se axusta ao manido arquetipo do galego, do autor pódese dicir con claridade se sobe ou se baixa, por exemplo cando reflexiona sobre a vida “Non só xustificamos a nosa existencia neste val de bágoas, senón que garantimos a continuación da nosa peripecia nun mundo eterno, ignoto e incomprensible pero consolador” e sobre a peripecia individual “naces, choras, brincas, ris, expernexas e desapareces. Iso é todo”.
Posicionase claramente ao responder a pregunta de ¿Qué e Galicia?. “Mirádea. Non sempre é visíbel. Agachada nas bretemas, disimulada na historia: ás veces estalando en cores e luces e, ás veces enmascarada en húmidos grises”, e sostén que “Non se deixa apreixar doadamente: trae ás costas un escarnio de séculos e sabe de cantos de serea e promesas incumpridas; aprendeu a esperar e, afeita a vivir nos peiraos da historia, quere darlle tempo ao tempo e desconfía das présas. Non é nación mellor nin peor ca outras: é diferente, e sábeo. E tamén sabe que non a deixaron ser: sabe de aldraxes e de imposicións, pero hoxe sabe tamén que hai esperanza “.
Falanos da obriga cumprida polo pobo, “Os galegos, con todos os atrancos que se queira, cumpriron a súa obriga de traer o feito galego dende os cavorcos da Idade Media ata a modernidade”, e xulga con severidade as elites, “En troques a dirixencia non foi quen de cumprir a súa obriga historica de converter esa existencia en presenza política. En identidade”.
Opina con claridade sobre a Transición, sobre as suas brincadeiras na politica galega e describe o famoso “incidente do rei” que protagonizou cando foi vicepresidente da Xunta.
{xtypo_rounded_right2}Memorias dun ninguén
Autor: Carlos Mella.
Editorial: Galaxia, S.A., Vigo 2009.
ISBN: 978-84-9865-209-3.{/xtypo_rounded_right2}
Despidese o autor, cunha serie de preguntas para ás que demanda respostas e cunha declaración de intencions “O día que me toque morrer vou apañar un desgusto de moita consideración e non penso ser moi educado no transo: penso berrar e espernexar, aínda que sexa o último que faga, que a min non se me saca deste mundo así como así”, e finaliza co seu epitafio, ainda que “Ningún ninguén merece moito epitafio, pero postos a pensar o meu rezaria: “Botáronme á forza”.
Destas e outras verdades e andromenas da vida trata o libro e da historia dun autor definitivamente xenial.
Comentarios
Tino Rogero Figueiras.
Noraboa FLORENTINO
Antonio Puertas
Tino Rogero Figueiras
"la vida es un cuento lleno de ruido y de furia, contado por un idiota, que no significa nada"
Nin mais nin menos.
O igual que Zhúkov a Literatura Galega é unha das miñas asignaturas pendentes pero empecei tan tarde a collerlle o gusto a literatura (en xeral) que ainda me queda moitísimo por ler e por aprender.
Un pracer terte entre nos Tino.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.