3.6176470588235 1 1 1 1 1 Rating 3.62 (34 Votes)

Luis Esteiro co gran Peeper Keenan

O pasado 31 de xullo de 2010 a vila luguesa de Viveiro acollía un dos concertos máis importantes da historia de Galicia: dentro da quinta edición do Resurrection Fest, o festival metaleiro máis importante da nosa comunidade, unha banda nacida no sur profundo de Estados Unidos, en New Orleans (Louisiana), a cidade dos pantanos, o bourbon, o barrio francés e o furacán Katrina, chegaba inesperada e sorpresivamente para tocar nunha pequena vila do norte galego. Esa banda era nin máis nin menos que DOWN, grupo emblemático e clave para entender a evolución do metal sureño formado pola acumulación de membros provintes de bandas míticas dentro do xénero máis tralleiro da escea musical norteamericana, tais como Pantera ou Corrosion Of Conformity. Coñecedor da visita de Down a terras galaicas, o redactor cultural de camarinas.eu Luis Esteiro Ramos presentouse o 31 de xullo en Viveiro co carnet de xornalista prendido da solapa e ca doble misión de coñecer en persoa aos seus ídolos musicais e de escribir un artigo de calidade que viaxase ás raíces do metal profundo do sur dos USA...

Cando a mediados dos anos ´90, en plena eclosión grungeira, o noso amigo de toda a vida Xabi (alias Reibax) aparecía cunha nova banda coa que estalar os tímpanos, Pantera, ningún de nos podería presaxiar que acabaría por converterse co pasar dos anos na miña banda favorita e nunha das bandas favoritas da meirande parte da vella garda. O seu estilo era totalmente aplastante, marcado por uns riffs de guitarra explosivos e unha voz absolutamente demoledora, a portada do disco convertíase nunha metáfora perfecta do seu son (un taladro furando un cráneo) eso mesmo era o que sentimos nos a primeira vez que os escoitamos. Foi pouco a pouco como ese son nos ía taladrando o cráneo e como o Metal Sureño ía penetrando e medrando coma a semente dun Alien dentro dos nosos peitos, ata facelos estalar.



A historia da banda comeza no Suroeste estadounidense, concretamente en Dallas, Texas, árida terra onde 2 irmáns tolos polo Heavy Metal, especialmente de emblemáticas bandas como Kiss ou Black Sabbath, comezaban a dar os seus primeiros pasos cara a brutalidade sónica. Vincent Paul Abbott (Dallas, Texas, EEUU, 1964) e o seu irmán pequeno Darrell Lance Abbott (Dallas, Texas, EEUU, 1966) apoiados pola herencia xenética do seu pai Jerry Abbott, compositor de música Country, adentrábanse dende moi cedo no mundillo musical, Vinnie Paul arremetía a batería mentres que Dimebag Darrell chamuscaba a guitarra. A música Country inculcada polo seu pai quedaría en moi pouco tempo eclipsada pola irrupción do Heavy Metal nos anos ´70 e logo polo Glam Metal nos ´80. Foi concretamente en 1981 cando os 2 irmáns texanos formaron Pantera. Nun primeiro momento a banda orientouse cara o emerxente estilo Glam Metal, con resultados o meu parecer pouco relevantes. Nesta primeira etapa tan so remarcarei a entrada na banda en 1982 do, a postre, definitivo baixista Rex Brown (Graham, Texas, EEUU, 1964), outro grande do Metal.

Dimebag Darrell Os primeiros Pantera deron moitos zarandeos e nunca remataron por consolidar a un gran vocalista dentro da súa formación, Donnie Hart e logo Terry Glaze non acababan de conectar co trío máxico da banda, 3 mediocres albums falan ben as claras, Metal Magic (1983), Projects In The Jungle e I Am The Night. A banda ía elevando o seu son baixo a influencia de grupos punteiros do Trash Metal como Metallica, Megadeth ou Slayer co cal Terry Glaze foi despedido. Foi entón como, tras probar con diversos vocalistas, deron co talento vocal dun rapaz de 19 anos provinte de Nova Orleans, a futura estrela do Metal, Philip Hansen Anselmo (New Orleans, Lousiana, EEUU, 1968). Tan so rescato unhas palabras de Dimebag Darrell trala proba feita con Phil Anselmo, “Saltaron Chispas”. Phil Anselmo foi inmediatamente contratado como novo e definitivo vocalista da banda. Non estaría de mais falar un pouco deste peculiar vocalista. Na miña humilde opinión, o mellor Frontman da historia do Metal, imbatible enrriba dun escenario. Cunha voz irrepetible e inimitable, enérxica e atronadora unhas veces, profunda e melódica outras, e cunhas letras sempre autobiográficas, deixando patente en todo momento uns demos internos dos cales non se desprendería nin se desprenderá o longo de toda a súa carreira musical. Marcado por unha dura infancia, influenciada por un pai alcohólico, e ainda que hoxe en día pareza mentira, dunha extremada timidez.
Power Metal (1988) foi o primeiro disco coa formación consolidada de Pantera: Phil Anselmo (Voz), Dimebag Darrell (Guitarra), Rex Brown (Baixo) e Vinnie Paul (Batería). O album ainda orientado cara o Glam Metal non tería unha gran repercusión. Foi entón cando a banda decide desprenderse da súa imaxe glamourosa e evoluciona cara o estilo musical que hoxe en día coñecemos como Groove Metal coa irrupción da súa 1ª Obra Mestra: Cowboys From Hell (1990).

Cowboys From Hell (1990)

Phill Anselmo, voz de DownExiste un antes e un despois deste enérxico album firmado polo selo discográfico ATCO Records, marcado por unha música demoledora para a súa época, cuns riffs e uns solos de guitarra innovadores e electrizantes de Dimebag Darrell e dunha verdadeira potencia vocálica de Phil Anselmo, os seus temibles berros recordan a unha auténtica fera. Pantera ía adquirindo a súa verdadeira personalidade con temazos do calibre de “Cowboys From Hell”, “Domination”, “Psycho Holliday”, “Heresy”,” The Art Of Shredding”,” Primal Concrete Sledge” ou da descomunal balada cañera “Cemetery Gates”, un dos cumes da banda. Un disco de platino da boa conta da repercusión deste album dentro da música Metal do momento. Esta época será recordada sobre todo por un masivo e brutal concerto celebrado en Moscú, o Monsters Of Rock `91 trala caída da URSS e que fixo tremer a mais de 500.000 enfebrecidos fans da emerxente Pantera. O concerto lamentablemente tamén será recordado pola brutalidade policial, deixando durante o concerto innumerables cabezas abertas a golpe de porrazo limpio. Tralo éxito do 1º album serio da banda comezaba a xestarse internamente unha nova evolución sónica cara un sonido mais brutal, o Groove Metal comezaba a medrar de forma aplastante dentro da banda e o gamberrismo destos rachados adquiría unha repercusión mediática que os convertía no que acabarían sendo, unhas feras indomables, salvaxes…Irrumpe entón a súa seguinte Obra Mestra: Vulgar Display Of Power (1992).

Vulgar Display Of Power (1992)

Cun título sacado dunha das memorables frases do filme de Terror de William Friedkin, El Exorcista, Pantera voltaba a escea metaleira cunha maior brutalidade sónica. Os Riffs tórnanse mais cañeros e mais pesados. Vinnie Paul alcanzaba un nivel demoledor coa batería, o igual que Rex Brown co baixo. A voz de Phil Anselmo adquire unha potencia superior, seguramente marcada o longo da súa carreira pola súa adicción o alcohol, o tabaco e as drogas duras. Centrándonos nos temas do disco, suliñar clásicos da banda como “Walk”, “Mouth For War”, “Regular People”, “By Demons Be Driven” ou a brutal “Fucking Hostile”. Tamén se consolidaban como unha banda creadora de grandísimas baladas cañeras como “This Love” ou “Hollow”. Outro disco de Platino para a banda e a súa consolidación definitiva como Deuses do Metal. Apartir deste punto comezan os primeiros coqueteos de Phil Anselmo cos seus orixes en Nova Orleans, en especial con 2 bandas que tamén despuntaron neste periplo noventeiro como Corrosion Of Conformity ou Crowbar. Os líderes destas bandas reuníanse habitualmente na cidade da beira do río Mississippi para correrse unhas cantas festas xuntos e de paso, tramar na sombra un maxistral proxecto chamado Down e que vería a luz uns cantos anos despois…

Far Beyond Driven (1994)

Pantera, un dos deuses absolutos do metalEste foi o disco co que o noso colega Reibax irrumpeu na mítica Jarita da familia Perrúa. A tropa toda ata aquel entón encamiñaba os seus gustos cara o Grunge ou o Funk Metal para logo adentrarse de cheo no Trash Metal e neste novo estilo vulgarmente chamado Groove Metal e que neste album adquire niveis brutais, rozando en moitos temas co emerxente estilo Death Metal. A evolución sónica de Pantera adquire seguramente o seu máximo punto de inflexión con temazos do calibre de “Strenght Beyond Strenght”,” 5 Minutes Alone”, “Shedding Skin”, “Throes Of Rejection” ou “I`m Broken” (a brutalidade deste tema incluso provocou o despiste automovilístico dun dos membros de honor da vella garda, caendo este polo camiño de Reira abaixo a altura da Pedrosa anque afortunadamente sen consecuencias mais graves cun susto para o noso destro piloto). Outra Obra Mestra e xa ían 3, demasiada fama como para que toda a banda dixerise con sobriedade o éxito. Nesta etapa é donde entran a formar parte de maneira permanente rencillas dentro da banda entre os irmáns Abbott e Phil Anselmo, acentuadas por unha cada vez maior adicción deste último o alcohol e as drogas duras, amén dos seus coqueteos coas bandas de Nova Orleans anteriormente citadas. Phil Anselmo comezaba a distanciarse de Pantera. Ademais uns problemas crónicos na súa columna vertebral facían de Anselmo unha persoa absolutamente irritable que tan so era capaz de calmar a dor corporal con alcohol e heroína…

Punto e aparte: Formación de Down

En 1995, tras unha espectacular xira de Pantera , Phil Anselmo, decide tomar un descanso na súa querida Nova Orleans, alí reúnese habitualmente con Pepper Keenan (Oxford, Mississippi, EEUU, 1967), outro dos nosos ídolos metaleiros e líder doutra das nosas bandas favoritas de sempre Corrosion Of Conformity que conta no seu haber con 2 auténticas obras mestras do Metal como Deliverance (1994) e Wiseblood (1996), e con Kirk Windstein, lider de Crowbar, unha banda de Sludge Doom que Anselmo particularmente adora. Comeza entón a consolidarse un proxecto paralelo as súas bandas habituais, a mítica e enigmática Down, cunha Obra Mestra espectacular, Nola (1995). Con material suficiente acumulado nas súas xuntanzas dende 1991. Un album que recolle toda a esencia do Metal Sureño de Nova Orleans, impregnado cunha música pesada, funeraria, absolutamente escura o igual que as letras do gran Phil Anselmo (voz) as pesadas guitarras de Pepper Keenan e Kirk Windstein, quedando o baixo e a batería nas mans de Todd Strange e doutro membro de Crowbar Jimmy Bower. Por citar algún tema dun disco redondo, nomear “Temptation´s Wings”, “Rehab”,” Losing All”, “Eyes Of The South”, “Bury Me In Smoke” ou un clasico da nosa tropa “Stone The Crow”. Tras unha pequena xira polos EEUU os membros da banda voltan os seu respectivos grupos (os que lle dan de comer…)

A chegada de Phill Anselmo como vocalista foi decisiva para que Pantera chegase ao cume do Metal

The Great Southern Trendkill (1996)

Ou o que é o mesmo, o album maldito de Pantera. A cousa non comeza ben posto que mentras a parte instrumental da banda graba a música do album nos estudios de Texas, Phil Anselmo graba a súa parte vocal en New York. Este suceso mostra as claras o incesante distanciamento entre Anselmo e os 2 irmáns Abbott. O album non tivo a mesma acollida que os antecesores pero hai que valoralo como se merece posto que, admitindo que non se trata dunha Obra Mestra, como os anteriores, si se trata sen dúbida dun album notable onde se poderían mencionar grandes temas como o de brutal apertura “The Great Southern Trendkill”, “Drag The Waters”, “Living Through Me (Hell´s Wrath)”, “The Underground In America” ou outra das míticas baldas cañeras da banda, “Floods”. Suceso aparte, foi un fatídico ou afortunado 13 de Xullo de 1996 cando o seu vocalista Phil Anselmo volveu a nacer, tras varios anos de contínua adicción a heroína, esa noite 1 hora despois dun concerto de Pantera, o excéntrico (tolo mellor dito) vocalista sufría unha sobredosis de heroína que facía pensar no peor pero unha oportuna inxección de adrenalina directa o seu atormentado corazón provocou que Anselmo volvese a nacer. 5 minutos co corazón parado, estando o borde do abismo, non foron suficientes para que superara a súa adicción a esta merda.
Un ano despois dese lamentable incidente, Pantera publican un album en directo Official Live: 101 Proof (1997) onde queda patente a calidade musical do seu son en directo e que compila a meirande parte dos temas mais emblemáticos da banda ademais de concedernos un par de temas extras grabados en estudio: “When You Come From” (campal) e” I´Cant Hide” (menos campal).
Por estas datas, a meirande parte da vella garda estábamos absolutamente entregados a Pantera polo que trala grata noticia da recuperación de Phil Anselmo agardábamos noticias do reagrupamento da banda para novos proxectos.

Reinventing The Steel (2000)

Pantera: Miscelanea fotgráficaTras un parón de 3 anos, tempo no que demos por perdido para sempre a nosa querida Pantera, recibimos unha inesperada noticia, Pantera voltaban con novo album. Recordo que eu me atopaba cumprindo nunha apartada cociña de Ferrol o meu merecido castigo polas contínuas tribulacións adolescentes, cando leo na Metal Hammer, a publicación en Marzo ou Abril dese ano 2000, do novo album de Pantera e as críticas eran moi positivas posto que Pantera arriscaban cun brutal disco, en conxunto o mais cañero da súa discografía ao parecer. Non o dubidei nin un intre e apresureime a compralo disco a calquer precio, casi 3000 pts daquela, se mal non recordo, o meu soldo na Mili, 1500 pts, non daba nin pa tabaco pero menos mal que tiña uns cantos aforros jajjajajajja. Xa co cd baixo o brazo tardei 1 mes enteiro en escoitalo posto que en Ferrol non tiña reproductor de cd, foi entón cando en plenas vacacións de Semana Santa, baixo a choiva torrencial mais espectacular que eu recorde, escoitei por primeira vez o album. Unha maravilla musical, volveume tolo, Pantera adquiría unha brutalidade sónica paralela o Far Beyond Driven anque mais limpia, é dicir, sen tantas ornamentacións na súa producción. Unha producción impecable onde destacaría temazos do calibre de “Yesterday Don´t Mean a Shit”, “We ´ll Grind That Axe For a Long Time”, “Goddam Electric”, “It Makes Them Dissapear”, “Death Rattle”, “I´ll Cast a Shadow” ou seguramente o meu tema favorito da banda “Revolution Is My Name”. Non teño reparo en admitir que na miña humilde opinión se trata do disco mais técnico de Pantera e o mellor album de metal no que vai de novo milenio. O título do album vaille como anel o dedo posto que nunha etapa de crise dentro do Metal, Pantera co seu novo disco, reinventaban o aceiro. Trala xira deste novo album, Pantera sepáranse un tempo durante o cal, Phil Anselmo comeza un novo proxecto paralelo, Superjoint Ritual e comeza a xestación dun novo album con Down. O distanciamento definitivo entre os irmáns Abbott e Phil Anselmo xa era un feito…

Punto e Final: Pantera deixa de ruxir

A fatídica noticia para o mundo do Metal producíose en 2003, tras grabar o seu último tema de estudio, “Inmortally Insane” para a B.S.O do bastante podre remake do mítico film de Tobe Hopper, La Matanza de Texas. Vinnie Paul e Dimebag Darrell entenden que Phil Anselmo definitivamente abandonou a banda en favor dos seus proxectos paralelos. Neste periplo cabe destacar o 2º album de Down, Down II: A Bustle In Your Hedgerow (2002), coa mesma formación do anterior a excepción de Todd Strange, subsituido polo único amigo que a Anselmo lle quedaba dentro de Pantera, o baixista Rex Brown. Un album Groove Metal pero cunha múltiple fusión de estilos musicais como o Blues ou o Country. Seguramente o disco mais arriscado e sucio da banda con temazos como “Lysergik Funeral Procession”,” Beautifully Depressed”, “New Orleans Is a Dying Whore”, “Ghosts Along The Mississippi”, “Learn From This Mistake”, “Where I´m Going”, “The Seed” ou “Dog Tired”, un disco extenso que tan so baixa un pouco o nivel xeral cunhas cantas rarezas musicais.
Por outro lado Vinnie Paul e Dimebag Darrell con corda cañera para longo tempo adéntranse nun novo proxecto lonxe de Anselmo e Rex, Damageplan, reclutando para as súas filas o vocalista Patrick Lachman e o baixista Bob Zilla, cun gran album titulado New Found Power (2004), onde Dimebag Darrell amosa o mundo enteiro que é un dos mellores guitarristas da historia do Metal, o igual que Vinnie Paul como batería, sen embargo o que coxea é o vocalista posto que Phil Anselmo era, sinxelamente, irremplazable e o tal Lachman non lle chegaba nin a sola dos zapatos…

Asasinato

Foi nunha fría mañá do 8 de Decembro de 2004, cando definitivamente asumida na miña persoa a imposible reconcilación de Pantera tralo cruce de declaracións vertidas entre os irmáns Abbott e Phil Anselmo, onde se traspasaban as culpas os uns os outros pola disolución da banda, mentras ía lendo un periódico gratuito no bus urbano universitario, dirixíndome a miña redención estudiantil na Facultade de CC. Empresarias de A Coruña, cando atopo un pequeno artículo que fala do asasinato a balazos de Dimebag Darrell, de súpeto un escalofrío recorreu o meu corpo e xa non volvín a ser o mesmo o longo da mañán, en canto tiven ocasión conecteime a internet para dar confirmación da noticia…¡e alí estaba!, a consternación no mundo do Metal polo asesinato de Dimebag Darrell e un longo carrusel de dedicatorias de fans de todo o mundo ao maxistral guitarrista. O parecer un ex marine esquizofrénico e obsesionado con asasinar a todos os ex membros de Pantera, planeou a morte dos irmáns Abbott durante un concerto de Damageplan nunha vila de Columbus, Ohio. Entrando inexplicablemente ao evento armado ata os dentes e atacando enriba do escenario, en primeiro lugar a Darrell con varios disparos na cabeza que provocaron a súa fulminante morte instantánea para logo encararse contra Vinnie Paul que gracias a intervención dun policía de Columbus salvou a vida. O asasino, un tal Gale, foi acribillado a balazos por este improvisado heroe policial. Non obstante outras 3 persoas morreron durante o evento por diversos disparos e outras tantas foron feridas. Non puiden evitar derramar unhas cantas bágoas tras ler toda a traxedia. Dimebag Darrell era enterrado un día despois nunha tumba adornada en tributo os seus adorados Kiss. Phil Anselmo que quería asistir o enterro do seu ex compañeiro foi declarado persoa non grata por Vinnie Paul tralos problemas que tiveron trala disolución da banda. Moitos foron os músicos que se quixeron sumar a un homenaxe póstumo a Darrell, entre eles, un dos mais sentidos, o doutro grandísimo músico metaleiro sureño coma Zakk Wylde coa súa balada “In This River”.

A Redención de Phil Anselmo, Down III: Over The Under (2007)

Rex, baixista de Pantera e agora de DownTres anos despois da tráxica morte de Darrell, Vinnie Paul segue no seu retiro. Phil Anselmo aproveitou ese tempo para rehabilitarse da súa adicción as drogas (eu non o teño tan claro) e para sumerxerse nun letargo de reflexión existencial, posiblemente atormentado por un dos sucesos mais tráxicos da historia do Metal, tampouco sería estrano que un certo sentimento de culpa rondara pola súa mente. Recuperado física e emocionalmente (ou eso parece) reune de novo a Down, voltando de novo a súa querida Nova Orleans. Alá xestará o lado dos seus rachados compadres un disco tributo en memoria de Dimebag Darrell, outra obra mestra, un disco escuro e mais cañero que os anteriores nos que sobresaen temazos como “3 Suns 1 Star” (en honor a Pantera e especialmente a Darrell), ”The Path”, “Mourn”, “Never Try” ou a miña admiradísima “On March The Saints” sobresaen nesta xoia do Groove Metal Sureño. Como curiosiodade a curto, medio ou longo plazo gustaríame aportar que Phil Anselmo prepara un disco en solitario e unha autobiografía que seguramente levantará unha nova polvareda metaleira dentro do círculo Panteriano…

BONUS TRACK : O Resurrection Fest en Viveiro (2010)

Hai un par de meses recibín un e-mail de Toni, un dos meus colegas metaleiros da Coruña, que facía unha efusiva alusión á confirmación de Down como un dos cabezas de cartel para o festival Hardcore que se celebra dende hai uns cantos anos na vila mariñeira do Norte galego. Por suposto non me crín nada, ¿Down en Viveiro?... ¡Vai de ahí Toni, estás rachado!, apresureime a confirmar a noticia e alí estaba, a venta as entradas por 30€, o resto do festival nola sudaba posto que a nos o Hardcore, nin nos iba nin nos viña pero poder ver os nosos queridos Down a pouco mais de 100 km de distancia era unha oportunidade única na vida. Foi así como tras pasar hai un mes un máxico fin de semana no Sonisphere de Getafe, o maior evento metaleiro a nivel estatal do ano e desta volta cun cartel insuperable (Slayer, Faith No More, Deftones, Alice In Chains, Megadeth…) decidíamos ir o 31 de Xullo directos como auténticas frechas indias a ver a Down. A chegada comprobamos con atónita mirada a tolería propia dos Hardcoretas, xente co corpo e coa cara mallada de chocar uns contra os outros. Tras un precalentamento intensivo na destartalada tenda de campaña de Toni encamiñámonos o campo de fútbol a ver o concerto e alí estaban, na data sinalada, a hora sinalada 12:20 da noite, apresurámonos a coller bos sítios e de ahí a pouco comezamos a ver entrar a toda a banda un por un, cun gran recibimento por parte do público asistente a todos os membros, especialmente para o seu guitarrista Pepper Keenan pero sobre todo para un Deus do Metal como Phil Anselmo, este último coa cabeza rapada coma nos seus vellos tempos en Pantera. Unha tolemia xeralizada apoderouse de todos os fans alí presentes gozando como adolescentes con míticos temas da banda, dende o de apertura “Lysergyk Funeral Procession”, pasando por “Lifer”, “New Orleans Is a Dying Whore”, “Ghosts Along The Mississippi”, “The Path”, “Losing All”, “Eyes Of The South” poñendo como colofón o espectacular concerto 2 clasicos do Nola, “Stone The Crow” e rematando con “Bury Me In Smoke” onde a moza de Phil Anselmo apareceu enrriba do escenario tocando a guitarra mentres este daba voltas como un tolo chuspindo auga e cerveza como se fora un surtidor e Pepper Keenan se sentaba pracidamente no medio a medio do escenario para inxerir unha lata de cerveza Mahou mentres se deleitaba vendo tolear a un público entregado. Tralo máxico e intenso concerto Toni mais eu, tirando un pouco das reservas que nos quedaban nos nosos mallados corpos decidimos ir a dar unha volta para ver de preto a movida viveirense, bordeando o seu longo paseo marítimo baixo un incesante orballo, sen ver nada interesante decidimos volver por donde viñemos pero a metade de camiño vemos aparecer entre a fina choiva unha silueta con pintas de metaleiro rachado, bastante borracho e cunha cremosa rapariga o seu carón, cando de súpeto, tendo mais preto, caemos na conta de que se trataba do ¡gran Pepper Keenan!...Saltamos como feras a por él, este moi amizosamente parouse a saludarnos, na miña vida me arrepentín tanto de non ter conmigo unha cámara de fotos, menos mal que Toni levaba consigo o seu movil e tras unhas cantas muecas e balbuceos nun inglés bastante podre o gran Keenan accedeu sen mais problema a sacar a foto con nos, xúrovos que me quedei sen palabras, estaba como apampanado, petrificado, flipando co momento e repetindo como un parvo tan so 2 palabras, ¡Pepper Keenan!, ¡Pepper Keenan!...Trala foto o gran Pepper e a súa chavaliña seguiron o seu camiño, rumbo cara Viveiro ou se cadra sen rumbo, quen sabe, e nos quedámonos alí parados un momento ata que o perdemos de vista baixo o intenso orballo. Non se pode ter mais chorra, a verdade. Por fin demos realizado un dos nosos soños adolescentes, fotografiarnos cun Deus do Metal (polo menos para uns cantos), unha pena non poder enganchalo neste momento xa que mínimo un par de fotos mais houberan caído seguro pero a parálisis do sorprendente momento non nos permitiu engrandecer aínda mais se cabe o momento. Un recordo inolvidable, cun dos xenios do Metal Sureño, espero que este humilde artículo tamén vala como recordo na memoria doutro xenio do Metal como Dimebag Darrell porque o que este maxistral guitarrista aportou as nosas vidas non se pode pagar con cartos, tan so cunha sentida paixón pola música Metal.
Oh Yeah!!!!!!!!!!!!!!!....¡Forever Dimebag Darrell!... (1966-2004)
Descanse en Paz.

Comentarios   

chulu
+3 # RE: DCMC: Metal Sureño (Inmortalmente Tolos)chulu 16/09/2010 09:22
ai chabales. mola que o metal ainda sija petando por camarinas adiante
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # Pantera e Down!diegoalfr 16/09/2010 09:42
Joo! vaia artículo te marcaste Castle! Increible. Si señor. Pantera e Down... Down e Pantera... as miñas preferidas actualmente. Phil Anselmo, o mellor vocalista. Dimebag Darrell, dos mellores guitarristas de todolos tempos para min. Pepper Keanan, un xenio.

Moitas veces flipamos xuntos eu máis meu colega e amigo Luis Esteiro escuitando estas dúas tremendas bandas.

Noraboa polo artigo Luis!

Diembag DEP e larga vida ao Metal Sureño!

Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+1 # RE: DCMC: Metal Sureño (Inmortalmente Tolos)Duane Duke 16/09/2010 15:44
A tí e a min Diego sempre nos volveron tolos mais que a ninguén. Flipámoslle na paranoia muito si señor jajajjaj

Opino coma ti Phil Anselmo, senon o mellor ahí anda e de Darrell o mesmo, tampouco quero olvidarme dos outros sobre todo de Vinnie Paul...Un auténtico Dream Team macho. Mira ti por donde, foi en parte tamén gracias a metaleiros camariñáns coma Chulú, Kris ou José Carlos cos que empezamos a tolearlle con Pantera porque recordo unha tarde no mítico Bar Pinar con eles vendo o Vulgar Videos e tronchándonos todos de risa co desfeitos que estaban os de Pantera...

Tamén lle recordo unha tarde no non menos mítico Bodegón Prestige (jajajajjaj) tomándolle aljo ti e mais eu con José Carlos e Kris, este último traía o último proxecto de Darrell e Vinnie Paul, Damageplan e flipámoslle todos alí dentro pinchando a todo meter uns cantos temas que molaban a tope...Un deles este mismo, PERRO TEMA, xa verás que cambio de ritmo a mitad de tema, desos que nos molan tanto a ti mais a min...DEMASIADO :

Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # Metal SureñoBeldoña 16/09/2010 17:36
A miña noraboa, Luis, eres todo un mestre en todolos temas musicais e cinófilos que abordas, con unha narrativa pulcra e interesantísima .Moi ben, compañeiro.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+1 # Help Me Jesus, Help Me, Clean My Woundszhúkov 16/09/2010 18:17
Bueno pois debío ser na primavera do ano 1996, cando eu preparaba os exámenes do meu segundo ano de dereito nun retiro dorado camariñán e a selección de Javier Clemente se preparaba un tanto atropelladament e para a Eurocopa de Inglaterra, cando chegou ás miñas mans unha cinta (si, daquela usábanse casettes) dun grupo chamado Pantera ca portada de cor azul e na que parecía que a un tipo lle metían un taladro pola cabeza. A cinta creo que era propiedade de Tono do Pinar. A primeira vez que escuitei aquelo non sabía nin o que oía, si aquela voz era humana ou dunha máquina ou si aquelo era unha guitarra ou unha máquina de descuartizar, tan grande fui a impresión: a de estar algo distinto. Pero tras unhas cantas sesións, de todo aquel rebumbio parecía discernirse un plan: todo obedecía a un orde previamente establecido e todo aquelo tiña sentido. Así fui como empecei a escuitar a Pantera.

Posteriormente, tamén escuitaría a Down, un grupo que incluso me gustaría máis que os propios Pantera e que estaba formado por Phil Anselmo pero sobre todo polo gran Peeper Keenan, guitarrista dos Corrosion Of Conformity. Porque debe reseñarse que de todos os discos que compoñían a escena metaleira dos 90 o meu preferido sobre todos eles, o número un, o que a día de hoxe aínda me leva a miña alma e ao que lle teño un cariño especial, era, é e será o "Deliverance" dos Corrosion, un disco completo do que me gustaban tanto todas as cancións que a día de hoxe aínda non podo destacar unha como a miña preferida. Un disco que sin dar protagonismo a nin un só dos instrumentos típicos do sur norteamericano, repiraba sur profundo en todos e cada un dos seus poros. Que decir da voceciña mítica de Peeper Keenan cando se lle daba por cantar. En fin, porque todo o bo ven do Sur (¿acaso por que eu só bebo bourbon?), vaian as miñas felicitacións por este impresionante artículo, tan só propio de camarinas.eu.

Responder | Denunciar ante o administrador
Xouba
+1 # Sublime CastleXouba 17/09/2010 19:39
Enhoraboa Metal-Boy.

Ti sije sije que e o teu, fora de coñas Duane ti que sabes. Este articulo e la hoxtia. A verdad temos que decila, os nosos inicios con Pantera non foron moi bos ja que creo que todos ou casi todos fruncimos o ceño e algun dixemos que era unha merdad. Que pobres inorantes!!!! pasados uns meses e despos de escoitalos acabaronse convertindo nunha das nosas bandas favoritas. Salve Pantera e Salve Castle!!!!
Por certo, estes son do mais do norte pero ides a flipar, ningun ides a creelo!!! JOR JOR JOR!!!

Si ollades este video non o ides a lamentar, ver para creer!!!!!!!!

Volven os Grandes, grandisimos, gigantes ....

Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # RE: DCMC: Metal Sureño (Inmortalmente Tolos)zhúkov 13/04/2012 22:53
Estaba aquí, relaxadamente, na casa do Grove (Eyes of the South) e dóuseme por escuitar despois dun longo paréntesis o "NOLA" (1995) de Down e, claro, fui inevitable recordar o grandioso artigo do Resurrection Fest de Viveiro 2010, escrito por Luis Esteiro Ramos. Cáseque cinco anos de existencia, colaboracións desinteresadas (Duane Duke, Juanillo, Beldoña, Juan Camariñán, etc...): canto talento, que luxo. Camariñas poderá sentirse orgullosa por séculos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: DCMC: Metal Sureño (Inmortalmente Tolos)Beldoña 21/04/2012 21:25
Tamén eu estaba aqui, relaxadamente, diante do ordenador da miña casa en Coruña, e douseme por repasar un pouquiño esta páxina de Camariñas.Pola parte que me toca, GRAZAS ZHÚKOV, inda que é de xustiza, incluirche a ti tamén,entre os que nomeas como colaboradores desinteresados e talentosos. Se queres, ponme a min entre o menos indicado pa obstentar ese honor.Mutísimos mais, estarían por diante miña, sen dúbida algunha.
Grazas de tódolos modos.
Unha aperta
Antonio Puertas ( Beldoña )
Responder | Denunciar ante o administrador