- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 10 Xullo 2010 10 Xullo 2010
Novo éxito do teatro camariñán

Novo éxito das Escolas Municipais de Teatro na representación dunha obra autóctona
Camariñas evidentemente non é Broadway, pero cada vez se parece máis. Porque pouco a pouco máis e máis obras de teatro vanse representando por unhas Escolas Municipais de Teatro que nas diversas parroquias do Concello contan con talentosos seguidores do método popularizado por oscarizados Marlon Brando ou Paul Newman no Actor's Studio que logran interpretacións convincentes e realistas. Esto por exemplo sucedeu na omnipresente e multifuncional Casa de Pedra este derradeiro domingo 4 de xullo de 2010 cando se puxo en escena a obra escrita por Bernardino Martínez "As Palilladas". Alí anta e mirada analítica dun público esixente os nosos cativos deron o mellor de si nunha actuación portentosa que sen dúbidas lograría arrancar aplausos do mesmísimo Konstantín Stanislavski. En definitiva, outro éxito interpretativo que añadir á xeración de ouro do Teatro camariñán.
Comentarios
Talento e capacidade, sobram.
la que mejor actuo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.