3.9019607843137 1 1 1 1 1 Rating 3.90 (51 Votes)
 

Eskarnio no Río d'Area de Camelle

Un novo grupo ve a luz no Concello de Camariñas: a formación porteña Eskarnio
Un novo grupo ve a luz no Concello de Camariñas: a formación porteña Eskarnio

Despois de grupos como Ritual, Kelanse, Sobrecarga, Náufragos da Costa da Morte, Ronsel de Arnela, Materia, Los Lombardi e uns cuantos máis de cuio nombre agora non nos recordamos a nova banda que agora revoluciona o escenario musical do Concello de Camariñas provén da Ponte do Porto e chámase Eskarnio, grupo composto pola cantante residente en Lago de Enfrente Aline, Simón ao baixo, Moledo ás guitarras e Sergio como batería. Algúns deles son xa vellos coñecidos do mundillo musical camariñán como é o caso de Simón, antigo baixista de Sobrecarga, ou de Sergio e Moledo que xa fixeron os seus bolos musicais formando parte da alineación titular de Materia. Un novo grupo que surxe á vida nun concello pródigo en creatividade musical tal e como proba perfectamente á nomina de bandas de música moderna mencionada no comenzo desta crónica. Este sábado 19 de xuño, con motivo do San Xoán camellán, tocan a partir das 20:00 horas na Plaza da Festa de Camelle dentro das actuacións previstas no Festival Río d'Area xunto aos grupos Madialeva e A Crus de Baixar e prometen cargar os aires norteños do noso concello cos sons envolventes e hipnotizantes da súa música. Serán o perfecto aperitivo das fogueiras que cara ás 12 da noite se acenderán na Praia de Camelle porque alí "o San Xoán sempre cae en sábado". ¡¡Sorte a todos nesta nova singladura!!

 

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Actuacion de Eskarnio na Plaza da Festa de CamelleBeldoña 20/06/2010 13:10
Eu non podo achegarme a Camelle a probar as sardiñas ( que por certo este ano no nas probei), pero penso ir po vindeiro mes a dau unha voltiña por esta preciosa vila, como o fajo todolos anos.
Un saludo a este GRUPO E A CAMELLE.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+1 # RE: Actuacion de Eskarnio na Plaza da Festa de CamelleE logo ti de quen es 21/06/2010 01:12
Mucha suerte para este nuevo grupo.
Responder | Denunciar ante o administrador