3.9245283018868 1 1 1 1 1 Rating 3.92 (53 Votes)

Nuno para todos, todos para Nuno

Unha banda clásica da década dos anos 90 e que xa forma parte da historia do Metal: Extreme
Unha banda clásica da década dos anos 90 e que xa forma parte da historia do Metal: Extreme

A sección cultural máis potente e completa da Costa da Morte engrosa un arquivo xa lexendario cun impresionante artigo dun dos maiores expertos audiovisuais desta Costa Atlántica dos nosos pecados, Luis Esteiro Ramos, adicado a un dos grandes grupos musicais da década dos 90: os bostonianos Extreme. O expoñente máis innovador do Funk Metal, a banda liderada por un dos mellores guitarristas de tódolos tempos, o virtuoso Nuno Bethancourt, perfectamente secundado na súas labores creativas pola potencia vocálica de Gary Cherone, o grupo en definitiva que mellor soubo reinterpretar o legado artístico de bandas míticas como Led Zeppelin, Queen ou Van Halen. Volve a sección de camarinas.e adicada ao mundo da música, o Death Coast Music Club, cunha documentada e emocionada a un dos grupos clave da década dso 90: Extreme.


Despois do magnífico artículo sobre Queen, escrito con paixón e pulso firme polo meu compañeiro de fatigas audiovisuais Salaño, vexo oportuno enlazalo con outro artículo para darlle unha continuidade a evolución sónica que tivo o Rock cara o Metal mediante a irrupción no panorama musical dunha banda, entre outras, que bebía das fontes maxestuosas dos ingleses pero tamén doutras míticas bandas como Led Zeppelín ou Van Halen, elevando estas influencias ata un estilo propio e pioneiro dentro do New Metal, o denominado Funk Metal, sen dúbidas un dos meus estilos musicais favoritos dentro do Metal Alternativo.
Falar de Extreme non é decir moito a nivel popular dentro do Metal, feito polo que sempre pensei que se trata dunha banda absolutamente infravalorada e que na miña opinión compuxo  2 dos mellores albums dos anos 90, unha banda que contou entre as súas filas co, na miña humilde opinión, mellor guitarrista da historia do Metal (Nuno Bettencourt) e ademais cun gran vocalista, Gary Cherone, que nunca se sacou de enriba o San Benito de mestura vocálica entre o peor Freddie Mercury e o mais frouxo Sammy Haggar, a cousa non é así a pesar de non chegar o nivel dos anteriormente mencionados.
Nuno Bethancourt, auténtico líder de Extreme
Nuno Bethancourt, auténtico líder de Extreme

Recordo perfectamente os meus inicios escoitando a música de Extreme, foi cando o Grunge daba os seus últimos coletazos e cando o paso da pubertade cara a idade adulta comezaba a demandar un estilo musical diferente, menos escuro e mais acorde cunha pequena evolución cara formas musicais mais virtuosas, menos distorsionadas e mais puras, non querendo dicir con isto, mellores.
Co Grunge totalmente lapidado e refuxiado na parte mais oscura da miña alma comezaba unha nova aventura da man do Funk Metal, do Trash Metal ou do Metal Progresivo. Extreme foi a primeira gran banda que admirei de verdade fora do Grunge, sobre todo comezaba a admirar cada vez mais e mais o virtuosismo do seu barroco guitarrista Nuno Bettencourt (Praia da Vitoria, Illas Azores, Portugal, 1966), para min o músico de Metal total, un multi-instrumentista (guitarra, baixo, batería, piano, órgano, orquestracións…) e tamén bo vocalista, ningún instrumento musical se podía resistir ao inmenso talento musical deste tímido e risueño rapaz portugués, inmigrante na fría e pouco acolledora Boston (EEUU) que amosaba dende a súa mais terna infancia un talento especial para a música. Foi o seu irmán maior o que animou a Nuno a iniciar estudios musicais dada a destreza natural que amosaba o neno, pero chegou a adolescencia e con ela  Nuno transpiraba Metal por todos os poros da súa morena pel xitana, eran os principios dos 80 e o portugués estaba entregado totalmente ao talento armónico de guitarristas do calibre de Brian May (Queen) ou Eddie Van Halen (Van Halen) amén de grandes influencias anteriores de guitarristas da talla de Jimmy Page (Led Zeppelín). Comezaba entón unha primeira aventura a carón do baixista e futuro integrante de Extreme, Pat Badger (Boston, Massachussets, EEUU, 1967) o loiro melenudo que o acompañou durante os seus primeiros pasos cara a xenialidade. Foi en 1985 cando se deron as casuais circunstancias para a futura formación de Extreme, cando o grupo dos 2 mozos bostonianos coincidían durante un concerto con outros 2 mozos algo maiores que eles, o vocalista Gary Cherone (Malden, Massachussets, EEUU, 1961) e o batería Paul Geary (Medford, Massachussets, EEUU, 1961), membros da consolidada formación The Dream. O casual encontro producíose curiosamente durante un enfrontamento a pe de camerinos durante ese concerto, pero tras rematar, os 2 rapaces quedaron prendados do talento que amosaron Nuno e Pat, reconciliándose pouco tempo despois e acabando por formar a mítica Extreme. A formación definitiva quedaba consolidada en 1985 desta maneira: Gary Cherone (voz), Nuno Bettencourt (guitarra, voz e coros), Pat Badger (baixo e coros) e Paul Geary (batería, percusión e coros). Pouco a pouco a banda foi reclutando adeptos, durante ese proceso Nuno acumulaba a totalidade da responsabilidade musical da banda, compoñendo en solitario todas as cancións a excepción das letras, tarea exclusiva de Gary Cherone. Pouco a pouco foron facéndose un nome dentro do panorama musical Bostoniano ata que en 1988 a compañía discográfica A&R facíase cargo da edición do seu 1º album Extreme (1989).

Extreme (1989)

O 1º album da banda de Boston non foi un gran éxito, nin de crítica, nin comercial, debido seguramente a que a banda fora de Boston non tiña moita tirada. Vinte anos despois e escoitado por min en infinidade de ocasións, podo asegurar que se trata dun album notable. Eran os inicios e a xestación do Funk Metal que en albums vindeiros vería a súa máxima eclosión artística. O 1º album é unha mestura do Glam Metal dos 80 de bandas como Van Halen, con outras influencias como o Country ou o Funk. Podemos rescatar varios temazos dentro deste album como os cañeros “Wind Me Up”, “Teacher´s Pet”, “Flash N´ Blood”, “Big Boys Don´t Cry” ou a espectacular “Play With Me” onde Nuno desplega todo o seu virtuosismo coa súa famosa guitarra Washburn, nun tema homenaxe a música clásica e que o portugués eleva a clásico do Metal. Tampouco me quero olvidar dunha gran balada, santo e seña da banda, gran creadora de baladas imperdurables na historia do Metal, “Watching, Waiting”. Non cabe dúbida de que as letras eran moi infantís pero ao mesmo tempo moi comúns nesa época de máxima eclosión do bastante hortera estilo Glam Rock. Pouco a pouco a banda ía adquirindo personalidade propia, Cherone consolidábase como un gran vocalista e a estructura rítmica cumpría no seu cometido pero todos eran absorbidos polo inmenso talento que amosaba Nuno á guitarra e que explotaría en todo o seu esplendor no seu seguinte album Extreme II: Pornograffitti (1990).

Image

Extreme II: Pornograffiti (1990)

Tralo mediocre éxito do seu 1º album, o productor Michael Wagener arriscábase na producción do seu 2º album de estudio coa ilusión de exprimir todo o talento da banda deixándolles absoluta liberdade creativa  para confeccionar o que sería esta obra mestra absoluta do Metal. Nuno comezaba a compoñer un arriscado disco barroco, fecéndose cargo de múltiples ornamentacións: pianos, órganos, teclados ou saxofóns soaban como complemento perfecto a un cada vez mais consolidado estilo Funk Metal. Foi con este album cando naceu o novo estilo musical, cun traballo redondo de principio a fin comezando polo seu tema de apertura, a maxistral “Decadence Dance”, Nuno e Cherone amosaban o mundo todos os seus progresos artísticos neste tema onde o guitarrista da todo un recital as 6 cordas cunha xeira de cambios de ritmo (un tras outro) e cuns electrizantes e virtuosos solos de guitarra pero o album non se quedaba tan so coa mestría deste tema senón que podemos atopar outros da categoría de “It´s a Monster”, “Money”, “Suzi”, “Pornograffitti” ou “He Man Woman Hater”, este último tema cun comezo con solo de guitarra de Nuno a velocidade da luz para logo entrar con un dos seus característicos Riffs cañeros que me puxeron literalmente a pel de galiña a 1ª vez que escoitei o tema. Tampouco hai que olvidar 3 baladas míticas, santo e seña da banda e que elevaron o seu prestixio e lle abrirían de par en par as portas da comercialidade, como a inmortal “More Than Words”, impagable o duelo a voz entre Cherone e Nuno baixo o seu pegadizo ritmo acústico, ou a que cerra maxistralmente o album “Hole Hearted” amén da balada cañera “Song For Love”. Unha verdadeira maravilla de album superventas que reclutou inmensidade de fans enfebrecidos de Extreme, e en particular do seu excelso guitarrista Nuno Bettencourt. Extreme dábanse a coñecer internacionalmente e deixaban de paso o pavillón moi alto para o seu próximo traballo de estudio, III Sides To Every Story (1992).

III Sides To Every Story (1992)

Tralo estruendoso éxito mundial do seu anterior album, comezaba un ambicioso proxecto para cerrar unha triloxía evolutiva en formas sonícas. Deixando prácticamente de lado as influencias Glam Metal, Nuno e os seus aventúranse neste arriscado proxecto, elevando a cantidade de instrumentos para adornar o seu album mais barroco, engadindo violíns e novas orquestracións mais desenvoltas e perfeccionadas, deixando patente Nuno unha cada vez maior madurez creativa. Durante a grabación do album, producíase a terrible pero esperada noticia da morte dun ídolo para todos os membros da banda, Freddie Mercury, ante a convulsión producida no panorama musical rockeiro pola defunción deste ídolo de masas, decidiuse render un tributo musical a esa lenda do Rock nun mítico homenaxe no que as maiores bandas metaleiras dos 90 quixeron sumarse para despedir a todo un icono musical como Mercury, alí estaban, entre outras, Metallica ou Guns N´Roses e por suposto tamén, Extreme, xa cun nome consolidado no panorama do Metal internacional. Os mellores, sen dúbida, Extreme, para deleite dun Wembley abarrotado ata as kaínsas.

Pouco tempo despois, Extreme publica o seu 3º album, dada a complexidade e a transgresión do seu son é comprensible que as ventas decaeran ante a clara demanda popular dunha continuación do Pornograffitti, pero moi admirablemente estes decidiron non venderse á coiuntura e non acomodarse nas modas pasaxeiras de afecionados musicais de pacotilla, facilmente influenciables pola publicidade e que utilizan a música segundo lla meten polos ollos e polas orellas para logo tírala polo retrete abaixo sen volver a vista atrás, lamentable pero é así…Falando un pouco dos temas do disco decir que Extreme o divide en 3 partes, a 1ª parte: Yours, sen dúbida a mellor, a mais cañera e Funk Metal, comezando polo demoledor tema apertura “Warheads” e continuando por temazos do calibre de “Color Me Blind”, “Peacemaker Die” ou un dos cumes técnicos da banda, “Cupid´s Dead”, hai que suliñar a producción do disco realizada por Nuno Bettencourt, ainda hoxe sona cunha limpieza sónica poucas veces escoitada por un  servidor, perfecta diría eu. A 2ª parte: Mine si me parece un pouco frouxa e descende a calidade global do disco, unha mestura de temas rarísimos, absolutamente ornamentados, dos que so poderíamos rescatar “Our Father” ou a acusticamente vangardista “Tragic Comic” sobresaindo entre elas outra das mellores baladas da banda a fermosísima e romántica “Stop The World”. Chegamos entón a 3ª parte do album: The Truth, rematado desta volta de maneira xenial co longo tema de mais de 20 minutos de duración e dividido en 3 partes, suaves e cañeras, “Everything Under The Sun”, unha auténtica maravilla sensorial. A pesar de que neste disco todos os membros da banda aumentaron o seu nivel técnico e creativo, as ventas non acompañaron e xa se sabe como é este negocio….

Image

Waiting For The Punchline (1995)

A irrupción da música Grunge desenvolta en Seattle e en especial por Nirvana no panorama musical a principios dos 90 fixo que o público metaleiro se desviara cara un novo estilo mais oscuro e transgresor, demandado por unha sociedade xuvenil cada vez mais intimista e un tanto negativa que se identificou plenamente con este estilo musical. Mentres grupazos superventas como Metallica ou Guns N´ Roses se estancaban na súa música polo implacable paso do tempo, Extreme decidía volver a reciclarse e elevar o seu nivel musical, co que inevitablemente a banda esixía cambios na súa formación orixinal, foi entón cando o seu batería de sempre, Paul Geary véndose inferior o talento creativo do resto da banda, decide persoalmente abandonar a banda en 1994, encargándose ata o día de hoxe dos asuntos de xestión comercial do grupo, polo que se pode deducir que a ruptura foi de forma amizosa. Extreme necesitaba un auténtico fora de serie para o ambicioso proxecto que Nuno Bettencourt tiña en mente e o nome elexido foi o doutro virtuoso coma él, outro fora de serie, o demoledor batería Mike Mangini (Newton, Massachussets, EEUU, 1963), ex membro da explosiva banda de Trash Metal Annihilator e que pasaba por ser un dos baterías mais técnicos e rápidos do mundo. Co fichaxe de Mangini comezaba a xestarse outra obra mestra. O album era publicado en 1995, outra vez producido por Nuno e outra vez cun sonido vangardista, pefecto en canto a calidade sónica. Unha das características deste xenial disco penso que é o seu carácter experimental, parece que cada un vaia o seu aire pero conformando ao mesmo tempo un todo perfecto, o que fai del un goce sensorial, a min paréceme dende logo unha obra de arte ao nivel se cabe do Pornograffitti. O album arranca de novo cun temazo, “There Is No God”, continuando seguramente co meu tema preferido da banda, “Cynical” florecendo acto seguido temas mais intimistas como “Tell Me Something I Don´t Know” ou “Naked” pasando pola virtuosa “No Respect”, ou a maravilla solista con guitarra acústica de Nuno “Midnight Express”, mais temas puro Funk Metal, “Hip Today” ou “Evilangelist”, un par de baladas de ensoño como “Shadow Boxing” ou “Unconditionally” para rematar o disco de forma maxestuosa e extremadamente técnica con outro dos seus mellores temas “Fair-Weather Faith”, de mais de 11 minutos de duración e estructurado en 2 partes, a 1ª Funk Metal puro,  para rematar coa maxistral 2ª parte, cando xa  pensas que remata o disco emerxe das profundidades do inferno a batería de Mangini e a guitarra de Nuno para electrizarnos definitivamente ao compás do resto dos membros da banda cun broche perfecto a un disco redondo,  pero que de novo volve a fracasar quedando ata o día de hoxe no olvido, non sabería decir o por que, paréceme algo incrible pois para min é un dos mellores discos dos 90, sen dúbida algunha vamos. Sexa como fora, o tentador desexo de Nuno de comezar unha nova carreira en solitario provoca que Extreme se disolvera en termos amizosos en 1996.
Trala disolución da banda, Nuno Bettencourt aventurouse no seu proxecto mais persoal e arriscado, crear un album composto íntegramente por él mesmo e encargándose ademais da voz solista, o seu nome artístico, Nuno e o disco Schizophonic (1996). Un disco inclasificable pero notable, con influencias Funk, Punk ou Grunge, moi alternativo, unha empresa demasiado descomunal pero que Nuno aborda con gran personalidade anque de novo as ventas foron frouxas polo que 1 ano despois forma de novo outra banda Mourning Widows contando de novo cos servizos de Mike Mangini (batería e percusión) e do seu sobriño Donovan Bettencourt (baixo e coros). Un proxecto experimental de gran calidade musical, transgresor que alcanzou un gran éxito de ventas en Xapón, Mourning Widows (1998) e con temazos como “All Automatic”, “Paint The Town Red”, “Love is a Cigarrette”, “Sex in a Jar” ou “Too Late”. Dous anos despois voltan de novo, desta vez sen a alma inquieta de Mike Mangini pero con un xoven batería de gran proxección e de ascendencia portuguesa o igual que Nuno, Kevin Figueiredo, o album Fournished Souls For Rent (2000) é unha volta de torca total de Nuno cara o Funk Metal mais puro e cañero. Tras estos 2 notables albums Nuno desintegra a banda e forma outra chamada Population 1, reclutando a Figueiredo para o seu proxecto mais “Light” que daría a luz 2 discos aceptables, con algunha que outra pincelada de xenialidade Nuniana pero sen a garra doutros tempos. Tralo escaso éxito forma outro proxecto con parte dos integrantes de Population 1, Dramagods, cun bo disco, Love (2006) para acto seguido adentrarse nun moi friki proxecto de Perry Ferrell, ex vocalista de Jane´s Addiction, que integra, aparte de Nuno, o seu agora inseparable Kevin Figueiredo para crear entre todos a peor colaboración artística que eu recorde de 2 grandes colosos do panorama metaleiro nos últimos tempos, mellor nin nombrar o proxecto…¡veña mellor si pa rirse un cacho!...Satellite Party, (anque Podremia Party tampouco lle iría mal), cun album titulado Ultrapayloaded (2007), do cal poderíamos rescatar un par de temiñas, un clarísimo traballo alimentício de Nuno. Este vendo o desalentador panorama que se lle amosaba diante del, opta por tirar a bomba de fume e abandoa a banda sen avisar, levando consigo a Figueiredo e deixando, literalmente escallado, o sempre pedante Perry Ferrell.
Gary Cherone, a potente voz de Extreme
Gary Cherone, a potente voz de Extreme

Se a Nuno non lle foron ben as cousas dende a disolución de Extreme, peor lle foron a Gary Cherone, fichado pola cada vez mais devaluada Van Halen como subsitituto do gran Sammy Haggar pero o seu disco Van Halen 3 (1998) foi un fracaso absoluto coa conseguinte decepción do grandísimo guitarrista Eddie Van Halen, decidindo tomar medidas drásticas e licenciar con deshonor o bo de Gary.
Hai uns cantos anos Nuno e Cherone puxéronse en contacto para realizar unhas cantas xiras esporádicas reunindo de novo a Extreme, voltando Pat Badger o baixo e Kevin Figueiredo encargándose da batería para pouco tempo despois xestar a “volta o ruedo definitiva” da mítica banda cun novo album, Saudades de Rock (2008).

O Eterno Retorno: Saudades de Rock (2008)

Para deleite de nostálxicos metaleiros e melómanos de todo o mundo, o novo milenio será recordado polo reagrupamento de grandes bandas, en certa medida por termos artísticos e de redención musical, en certa medida por termos económicos (mais ben esto último ;), debido sen dúbida a irrupción de internet que provocou unha piratería audiovisual a escala mundial, aparecendo nas nosas vidas os programas gratuitos de descarga, traendo estos consigo uns efectos colaterais que desencadearon no renacer de míticas bandas musicais acomodadas polos xugosos dividendos que lles xeraban os dereitos de autor e que para a nosa ledicia foron reagrupándose, unha tras outra, ata dar cos seus xa pulidos hosos nos escearios de todas as partes do mundo. Foi desta guisa, mais dunha década despois, como voltamos a escoitar un novo disco de estudio da banda bostoniana. Un bo disco, de moita fusión musical. Con influencias dende “The Beattles”, pasando por “Led Zeppelin” ou “Queen”, ata sonidos mais propios da banda, de feito estas penso que son as súas cancións mais logradas, destacando neste senso “Confortably Dumb” ou “Learn To Love”. Algún que outro extra sacado da etapa Nuno en solitario, como a magnífica balada “Interface”, mellor interpretada por Nuno que por Cherone, todo hai que dicilo, amén de temas mais bizarros como “King Of The Ladies” para rematar o disco cun tema inédito dos seus comezos a Van Haleniana “Americocaine”. En Septembro de 2008 o meu gran amigo, e gran melómano como min, Diego “Xouba”, membro honorífico daquela bastante friki vella garda camariñana, invitaba a un humilde servidor a presenciar en directo, en Lisboa, a volta os escearios dos reis do Funk Metal. Nuno Bettencourt voltaba a terra que o veu nacer e tamén renacer das súas cinzas e alí estivemos nos para presencialo e alentalos, cun concerto inolvidable de case que 2 horas de duración, onde a banda fixo gala de parte dos seus míticos temas, anque botando de menos se cabe mais temas do Waiting For The Punchline, sexa como fora, foi un reencontro inolvidable coas nosas raíces metaleiras que fixo avivar en nos o lume musical que aínda levábamos dentro dos nosos corazóns e que tivo e terá unha continuación porque a lei do eterno retorno, non coñece de idades…

Dedicado o meu afillado Hugo. Levando a nosa sangue seguramente se forxe outro metaleiro como o seu pai e o seu padriño

 

Comentarios   

jonas
+3 # guitarristasjonas 06/06/2010 17:37
parecen os jonas tocan ben e
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # Extremediegoalfr 07/06/2010 13:37
Si señor Castle. Artículo perfecto dunha das miñas bandas favoritas. Eu acórdome que a primeira ves que escuitara Extreme fota cando estaba estudiando no instituto de Vimianzo. Cando entraba eu no autobús sentábamonos pola parte de detrás e sempre chegaba Robert do Catalán e metía a cinta do Pornograffity a todo volumen. Desde aquela xa me quedaron grabados eses riffs de Nuno e todos os arreglos armónicos deste músico xenial. Recuerdos. Deixoche adicada a tí Castle e máis a teu querido afellado este corte de video do Tributo a Freddie Mercury en 1992 no mítico estadio de Wembley.

Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+1 # RE: Death Coast Music Club: ExtremeDuane Duke 08/06/2010 11:26
Gracias Diego!!!a verdade é que sempre me quedei coas gañas de vivir ese ambiente frualleril no autobús de Vimianzo. A min tocáronme os tempos onde a música iba a pouco volumen e había demasiada demanda Light por aqueles arredores. Menudas épocas mais rachadas. Devólvoche a dedicatoria dese peazo tributo que Extreme fixeron a Queen en Wembley cun tema que seguro che sona...COLOR ME BLIND...Como disimos por aquí...¡DEMASIA DO!!!...Un saludo.

Responder | Denunciar ante o administrador
Xouba
+2 # EXTREMEXouba 09/06/2010 10:02
Si señor, the return of the metal cowboy!!!
A verdad e que cantas tardes fumando colillas na Jarita nos deron esta xente ( Para ser mas exactos Pornograffiti e Waiting for the Punchline ).
E non te olvides que o concierto que asistimos foi muy nostalgico xa que era o primeiro concierto oficial despos de 12 ou 13 anos Nuno queria inagurar a xira no seu pais.
Ti sije sije .... que o teu!!!
jejeje
Responder | Denunciar ante o administrador
Chris Cornell
+1 # Extreme ForeverChris Cornell 09/06/2010 21:10
Muy bueno, Luis.¡De diez, macho!
Tengo todavía en casa la cinta de cassette de "Waiting For The Punchline" que me grabaste cuando se me jodió la original.Años despúes tardé un huevo en conseguir el mp3.
El verano del 97 me reencontre con este grupo ya que a "III Sides To Every Story" no le di muchas oportunidades cuando me lo regalarón.
Recuerdo que ese verano volvi a Madrid empapado de muy buena música que tanto Diego, Carlos, Xabi y sobre todo tú me pasateis, como Dream Theater otra banda mítica.
"Extreme forever".
Tu sección da mucho cache a esta página 8)
Un abrazo.

Un regalo de nuestro admirado Nuno ?Midnight Express?
El cabrón la clava.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+1 # RE: Death Coast Music Club: Extremezhúkov 09/06/2010 22:19
Bueno, Pornograffiti para min sempre terá algo especial, sempre será o disco que poñía a banda sonora imprescindible aos meus grandes éxitos académicos. Despois de pasar extenuantes meses pechado na miña habitación, engullindo a ritmos frenéticos os infinitos contidos dos exames dos últimos anos de carreira, de percorrer en solitario centos, ¿miles?, de kilómetros a través dun parquet desgastado, dunhas alfombras xa alladas, de perder a voz de tanto repetir os mesmos mantras, de rematar nunha laberíntica facultade de dereito exames a todo ou nada ca inquedanza da nota pendente, unha vez chegado ao fogar, nada cumpría como relaxarse escuitando os sons armónicso, a voz poderosa, do Pornografitti de Extreme.
Todo comenzou cara as 20:00 do 31 de maio do ano 2000, antes de facer unha inesperada chamada telefónica aun piso situado ao outro lado da cidade, no cal aparecín dúas horas despois cunha botella de Bacardi ¿verdade Luis?, tras o que fui o feito do que a día de hoxe me sinto máis orgulloso dende un punto de vista estudiantil (incluso máis que aprobar a implacable oposición que me da de comer): Matrícula de Honor en Dereito Mercantil II, o coco da carreira, tribunal de sabios expertos por medio no que descollaba a presencia rutilante de Don Antonio Platas: "¿Campaña? ¡¡Ah, es usted de Camariñas, carallo!!: a este preguntarle una de Derecho Marítimo" Un fío de voz sae dunha gorxa que se acerca a pequenos e medidos pasos á tarima dende o fondo da aula: "No, yo no, ... mi madre...". Despois, a grata experencia convertíose en tradición e alí, tras as longas hibernacións estudiantís, sempre me estaba esperando Pornografitti, para relaxarme e esperar. E soñar: ¿que será de min unha vez remate a carreira?

P.D.: un luxo de artículo, desos que só poden saír en camarinas.eu, porque precisamente aquí é onde están os mellores.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # ENHORABUENABeldoña 09/06/2010 23:02
??Onde están os mellores ??Ahí, precisamente, donde lo real se tutea con lo imaginario para abrir las puertas de los sueños y transportarnos en volandas armoniosas por las ondas cibernéticas, ahí en nuestra página, están los mejores y los más grandes, como lo eres tú ,DUANE DUKE, y como lo son nuestros queridos ZÚKOV´s o el grandioso DIEGOALFR, y tantos otros que hicieron y hacen real lo que la imaginación nunca soñó: llegar a los diez millones de visitas; logro de todos, pero, muy especialmente, de vosotros tres ENHORABUENA, compañeros.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador