4.1764705882353 1 1 1 1 1 Rating 4.18 (68 Votes)

Os maiores palacios do mundo

O azul celeste do gran palacio de Tsárskoe Seló resplandece na inmensidade da tarde rusa
O azul celeste do gran palacio de Tsárskoe Seló resplandece na inmensidade da tarde rusa

Neste chuvioso e malhadado domingo 9 de maio de 2010, Día da Victoria, festéxase en Rusia e en todo o que un día constituío o orbe soviético o maior triunfo que viron os séculos: aquel heroico e inigualable que os pobos da antiga URSS infrinxiron en condicións dramáticas á Alemania fascista. Camarinas.eu non podía permanecer allea a más grande das festividades que se celebran no gran país eslavo e que de seguro congregará a decenas de miles de soldados nun impresionante desfile polo marco incomparable da Praza Roxa de Moscú, cun especial adicado á outra gran capital do xigante euroasiático. Unha reportaxe que visita os grandiosos e sublimes palacios que rodean o casco urbano de San Petersburgo, rememorando a viaxe que levou ao noso redactor Zhúkov en agosto de 2006 a gran Capital da Rusia dos Zares.

No palacio de Repsha, na rexión suburbana do actual San Petersburgo, foi asesinado en xuño de 1762 nun complot palaciego orquestado pola súa esposa Catalina e no que un dos amantes desta foi o brazo executor o Zar Pedro III. Noutro palacio, no céntrico Castelo de San Miguel (Mijailovski Zamok ou Inzhenerni Zamok), actual sede principal do maxestuoso e inabarcable Museo Ruso, foi levado cara unha mellor vida en 1801 o Zar Pablo I, gobernante aquexado de serios síntomas de deficiencia mental ao igual que o antes mencionado, nun golpe de estado no que o seu fillo e futuro Zar Alejandro I tivo unha  participación certa aínda que non aclarada a día de hoxe. Asemesmo dentro das sempre difíciles relacións paterno-filiais cabe enmarcar o interrogatorio ao que o Zar Pedro I someteu no Palacio de Peterhof en 1718, tras facelo voltar do exilio con enganos, ao seu fillo Alexei, como paso previo a facelo executar a través das meirandes e máis atroces torturas na Fortaleza de Pedro e Pablo acusado dunha presunta conspiración. Finalmente, e sin ánimos de ser exhaustivos, unha fría noite de decembro de 1916, no suntuoso e poliédrico Palacio Yusupovski, xusto en frente ao canal do Río Moika, o Príncipe Féliks Feliksovich Yúsupov, Conde de Sumarókov-Elston, axudado polo seu primo o Gran Duque Dmitri Románov, executou a través dunha sucesiva e inesperada secuencia de métodos punitivos (envenenamento, disparos, afogamento) ao célebre starets Grigori Yefímovich Rasputin, o monxe siberiano que ca súa vida de libertinaxe e escándalos colocou á Familia Imperial Rusa ao borde do precipicio. Como curiosidade indicar que unha vez finiquitada a maior amenaza da autocracia rusa, lle foi amputado o seu membro viril, o cal cos seus 28,5 centímetros de extensión esponse actualmente nun museo da cidade.
Sen embargo, non foi na procura deste rastro sanguento polo que se poñía en marcha nunha calurosa e maxestuosa mañán de sábado de agosto de 2006 unha comitiva española formada por unha xornalista profesional, un futuro funcionario aínda na nube da implacable oposición recén aprobada e ao que asemesmo o futuro tiña reservado un determinado papel no mundo do xornalismo, e un acompañante andaluz, coñecido durante a viaxe de ida e que chegaba atraído pola promesa de sexo fácil, barato e de calidade, soño finalmente nunca consumado, senón que buscaban deleitarse ca contemplación das belezas dun dos máis espectaculares palacios deste mundo creado por Deus: o conxunto de mansións, xardíns, fontes e cascadas que foi mandado construir polo Zar Pedro en 1714 na parte meridional do Golfo de Finlandia, a uns 30 kilómetros do actual Petersburgo, e que en honor ao seu fundador foi bautizado como Peterhof. A delegación española primeiro atópase cunha antiga catedral ortodoxa ás portas mesmas do recinto, recordo do pasado e producto da sabíduría centenaria do pobo ruso, como paso previo á entrada a unha extensión devastadora na súa inmensidade e da que o mesmísimo ex-presidente francés  Jacques Chirac chegou a decir con motivo da reunión do G8 en San Petersburgo en 2003 que Versalles parecía unha sinxela cabaña comparada ca maxestuosidade de Peterhof. Nembargantes, no viaxeiro español o que causa maior impacto é a cara norte do conxunto: as célebres fontes doradas e as cascadas que cunha precisión milimétrica a través dunha rede de tuberías de máis de 40 kilómetros levan a auga ás esculturas que coroan un conxunto estético difícilmente superable. En terrazas e a través de canais os xardíns descenden ata o Golfo de Finlandia, no que xentes chegadas en cantidades inxentes de toda Rusia chapotean nas augas cálidas do Báltico, mentras os ferries levan ata o embarcadero os últimos turistas chegados dende o veciño Petersburgo. Toda esta beleza, toda esta maxestuosidade, que está aberta ao público como museo dende 1918 foi prácticamente arrasada durante a II Guerra Mundial cando as tropas alemanas no seu asedio a Leningrado tomaron o lugar chegando a utilizar os suntuosos palacios como establos e cabalerizas. O asalto final das tropas soviéticas liberadoras non fixo senón acabar de estropear o conxunto, comenzando os infatigables traballos de restauración en 1945. Traballos que, dado o enorme do recinto, aínda hoxe en día continúan nalgúns puntos.
Foi asemesmo nunha cálida mañán de domingo e convertida a delegación española xa en parella, cando dende unha estación suburbana de tren, tomamos o "elektrichka", o tren eléctrico que co seu ritmo pausado, monótono, provincial, comunica a gran capital do norte cos pobos da súa área metropolitana. Sentados en bancos de madeira e acompañados das típicas bábushkas rusas que volvían cara a aldea despois de vender o producto da súa dacha ou dos seus animais domésticos nas portas mesmas de estación, partíamos para visitar os outros dous palacios dos arrabais do suroeste de Petersburgo: Pávlovsk e Társkoie Seló.
Pávlovsk, que recibe o seu nome do malogrado Zar Pablo I, único fillo da Zarina Catalina a Grande, atópase dentro dun conxunto natural de bosques e prados de gran beleza, mencionado na maxistral novela de Fiódor Dostoyevski "El Idiota" como lugar de veraneo da burguesía peterburguesa de mediados e finais do século XIX. Alí era onde o Príncipe Myshkin, Aglaya Ivánovna e Nastasia Filíppovna vivían os seus amores difíciles e retorcidos como paso previo ao desencadeamento do drama. A construcción do conxunto palaciego constata unha das constantes da arquitectura rusa: a contratación de enxeñeiros e arquitectos extranxeiros, maiormente italianos, para edificar todas estas obras sublimes. Neste caso foi o escocés Charles Cameron o principal encargado de acometer a creación desta maravilla de inspiración helenística e romana, tintando o semicircular edificio principal dunha inconfundible cor beige.
Non lonxe de Pávlovsk e tras utilizar como medio de locomoción outro dos típicos vehículos públicos rusos, a "marshrutka", furgoneta habilitada para transportar entre 10 e 15 persoas, rápida, barata e fiable, chegamos ao conxunto de palacios tal vez máis impresionante de todos: Tsárskoie Seló. Cume do barroco ruso, iniciado en tempos da ilustrada Zarina Catalina, supoñe a maior xoia de todas as construidas na Rusia dos zares polo arquitecto italiano Bartolomeo Rastrelli. Decorado de cor azul celeste, a cor que distingue xunto co verde ao arte barroco ruso, a sucesión de palacios, palacetes, edificios, conxuntos escultóricos, lagos, xardíns, parques, etc... parece non ter fin e non pode ser visitada nun só día polo que a premura de tempo ca que chega o viaxeiro obriga a elexir. E decídese por unha exposición permanente na que tras ter que calzarse unhas axadas babuchas de lana cas que non danar o centenario piso da mellor madeira, contempla a carroza na que onde agora se alza a Catedral da Sangue Derramada nun aciago día de 1881 Alejandro II, o Zar liberador, foi asesinado con bombas sucesivas por terroristas fanatizados. Asemesmo contempla as imaxes que reflexan o grado de aniquilamento ao que a invasión alemana degradou Tsárskoie Seló no período 1941-1944, rapto da inigualable Sala de Ámbar incluida, sala da que aínda hoxe en día nada se sabe, sendo unha copia exacta financiada e trasladada ao lugar pola empresa xermana Siemens a que luce agora no seu sitio. Toca tamén visitar a estatua dun pensante Aleksandr Pushkin, o maior poeta que viron os séculos, e que se formou precisamente no Liceo de Tsárskoie Seló, o que motivou que durante a época comunista o conxunto fora rebautizado en honor ao poeta co nome de Púshkino, máis acorde cos novos tempos e sen as antigas reminiscencias monárquicas.
No solpor que tingue de naranxa as latitudes nórdicas e tras alimentarse a delegación española debidamente nos postos ambulantes a base de blini e piroshki (as sabrosas empanadillas de carne rusas) elaboradas polas mans rugosas e avellentadas das entrañables bábushkas e que nunca viñeron acompañadas que se sepa da inefable gastroenteritis, toca regresar á residencia de estudiantes da céntrica Rúa Kazánskaya. Para elo óptase pola eficaz marshrutka na que ao lado do asento do conductor e nun vehículo do que desapareceron os cinturóns de seguridade se regresa a altas velocidades pola autopista sur de San Petersburgo. Practicamente ás portas mesmas da cidade pasamos baixo un xigantesco arco do triunfo: "Leningrad, Górod Geroi". Leningrado, Cidade Héroe. E certamente, algo de héroe debe ter unha urbe capaz de sobrepoñerse a semellante nivel de devastación para lucir o aspecto máxico, sobrenatural, ca que un viaxeiro chegado do sur a observou absorto nos primeiros días de agosto do ano do Noso Señor de 2006.

Comentarios   

rubiasexy
+6 # RE: Xeografia.eu: Palacios de San Petersburgorubiasexy 09/05/2010 14:49
MIMA FAI MAJAS QUE FOTOS MAIS GUAPAS HOLE TU SI QUE VALES VIVA,,,,,SEFA
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # NORABOA MESTRE...Beldoña 09/05/2010 19:19
Despois de ler o maxistral relato que nos deixa o amigo e escritor da nosa páxina, o CAMARADA ZÚKOV, non podo menos que quitarme o sombreiro e deixar paso libre a sua narrativa SUBLIME e o sua intelixencia apabullante. Sexa o tema que sexa, sempre, a sua mente privilexiada está o tanto, e describenos punto por punto, sapientemente, calquer tema que se lle poña por diante.
NORABOA, MESTRE.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
+6 # RE: Xeografia.eu: Palacios de San Petersburgocorvo 09/05/2010 20:19
Sin PALABRAS ..coma siempre un gran historiador.(ta men e da familia,eso axuda muito)
un cua cua da miña parte .
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+5 # RE: Xeografia.eu: Palacios de San Petersburgolucia018 09/05/2010 23:35
Unha chulada as fotos....Moi bonito Rusiaa!! :-)
Responder | Denunciar ante o administrador
xan das bolas
+5 # GENIAL, ENHORABUENAxan das bolas 10/05/2010 13:56
Hace unos dias leí en una página de segunda, refiriéndose a esta, como de bodas,bautizos y comuniones, y le recomendaría al "insigne" autor de estas afirmaciones que leyese los artículos de BELDOÑA, JUAN CAMARIÑAN, ZUKHOV etc.y otras informaciones que se publican en Camariñas.eu, que por cierto, creo no tienen ninguna clase de subveciones como ocurre con otras que lo único que hacen (Y MAL) es política partidista.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+5 # RE: Xeografia.eu: Palacios de San Petersburgomantida 10/05/2010 17:24
Vexoche vivindo en Rusia, si non e pronto e ijual na outra vida, porque disque hay duas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+3 # RE: Xeografia.eu: Palacios de San PetersburgoMikel 12/05/2010 18:09
Eu a verdad q de Rusia nn me atrae moito pero recoñezo q en parte é pola ignorancia de coñecer certos datos e lugares q por exemplo aqui se reflexan...vese q vai feito por unha persoa q entende e ama a esa terra e costumbres...mo i perfeccionado e ben relatado...nora boa Marcos(Zuckov). .....vese moito arte nos edificios aparte da gran historia q ten ás súas espaldas....... .....
Responder | Denunciar ante o administrador