3.6756756756757 1 1 1 1 1 Rating 3.68 (37 Votes)

Camariñas, Capital Teatral

¿Quen sabe si no futuro de entre estos cativos non sae outro talentoso Antón Chéjov ou Mijaíl Bulgákov?
¿Quen sabe si no futuro de entre estos cativos non sae outro talentoso Antón Chéjov ou Mijaíl Bulgákov?

O vindeiro ano 2010 comezará teatralmente en canto ás actividades culturais se refire ca posta en marcha do día 3 ao día 10 de xaneiro do II Encontro de Teatro da Costa da Morte que terá lugar nunha polivalente Casa de Pedra que o mesmo vale para edificio administrativo que para organizar un mitin político, que para unha entrega de premios, que para que flúa do shakespiriano talento dramático de actores... En todo caso o aperitivo do que está por vir xa tomou corpo a semana pasada cando tivo lugar a representación dun conto adicado aos máis pequenos escrito por José Leis e Bernardino Martínez, dirixido por este último, organizado en colaboración ca ANPA do CEIP O Areal e que enchío o antes referido edificio multiusos ata os topes de cativos sedentos de arte e do que camarinas.eu dou boa conta cunha amplia galería fotográfica.

II ENCONTRO DE TEATRO COSTA DA MORTE
Días 3,4,6,7,8,9,e 10 de xaneiro de 2010
Casa de Pedra

Actualmente tódolos concellos da Costa da Morte contan cunha Escola Municipal de Teatro integrada nunha programación cultural estable, ademais de asociacións que promoven as artes escénicas. Hai máis dunha década, alá polo 1996, cando se realizou a 1º edición do Encontro de Teatro da Costa da Morte a situación era diferente. Daquel tempo permanecen, quizais máis fortalecidos que nunca, compañías como Talía, Dequenquén e Badius.

Con este II Encontro de Teatro preténdense recoller o espírito e obxectivos inaugurais, que pasan por dotar dun espazo común para a representación escénica, promover o intercambio entre grupo locais, difundir as artes escénicas, fomentar a participación da poboación en manifestacións artísticas e culturais, relanzar novas compañías da zona, etc. No deseño do programa alternan obras dirixidas a nenos,adultos e público familiar. Comedia e drama, ironía e humor.De seguido presentamos unha relación de obras e grupos con información detallada.

PROGRAMA

3 de xaneiro. 19:00h. Público recomendado: Familiar
Grupo de Teatro FLORINATA con BARES. Dirección Rosario Devesa

4 de xaneiro. 17:00h. Público recomendado: Familiar
ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE CAMARIÑAS con VIAXE ARREDOR DE TI. Dirección e dramaturxia: Bernardino Martínez

VIAXE ARREDOR DE TI é unha creación teatral que explora outras dramaturxias como o clown (pallaso) ou a perfomance a través dunha estructura dinámica e áxil que fai que o espectador permaneza atento os movementos dos actores e actrices.Viaxe arredor de ti é un mestura de escenas de humor, coas formas clownescas e temas de actualidade a través da performance. A performance emprega todos o recursos dispoñibles no teatro como a iluminación, a proxección de imaxes, a expresión corporal e a música para estimular o espectador nos seus sentidos, tratando temas como os voluntarios do Prestige, as mulleres, a escola, a guerra civil, a sociedade de consumo e as avoas da Costa da Morte. Por tanto, unha linguaxe escénica, aínda que descoñecida e recoñecible, estando máis preto  do espectador actual. O mesmo tempo ten unha labor educativa para achegar tanto o  participante como o público ao coñecemento de novas formas teatrais.

6 de xaneiro. 17:00 h. Público recomendado: Familiar. TALÍA TEATRO con VALENTINO RUFINI E ÂKIL PILLABÁN DE VIAXE A MILÁN (E VAN SEN UN CAN). Escrita e dirixida por Roberto Salgueiro

Talía Teatro:

Pasaron xa 20 anos desde que iniciaron a súa andaina no mundo do teatro. Neste tempo levan a escena 25 montaxes. Consideran, eles mesmos, que a compañía está nun dos seus mellores momentos:
- As súas últimas producións son espectáculos de grande formato, non tanto a nivel escenografía senón polo amplo elenco artístico, que ademais é persoal estable da compañía.
-A compañía realiza todas as súas montaxes en galego, xa que consideran que a través das manifestacións artísticas contribúese a manter viva a nosa lingua.

Sinopse argumental:

Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe.

7 de xaneiro. 17:00h. Público recomendado: Infantil. CARAMUXO TEATRO con OS BOLECHAS de Pepe Carreiro. Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Caramuxo teatro:

Os Bolechas: é unha comedia musical con monicreques baseada no grande éxito editorial galego. Un espectáculo que nos amosará un día desta divertida familia, onde coñeceremos as ocurrencias do pequeño Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns.

8 de xaneiro. 19:00h. Público recomendado: Adultos. DEQUENQUÉN TEATRO con AS CICATRICES DA MEMORIA de Jorge Díaz. Dirección: José Leis

As cicatrices da Memoria:

As cicatrices da memoria é un texto do autor chileno Jorge Díaz, afincado en España nos anos 60 tras fuxir da ditadura militar do seu país. Jorge Díaz mostra neste texto unas vivencias xa coñecidas en Chile, como a represión social que acontece no franquismo, debuxa a España dende o proceso de Burgos ata a 23-F, a través dunha parella que muda cos acontecementos do país. Mais a trama non narra a historia dos derradeiros 40 anos, nin como os partidos políticos se adaptan as situacións, senón que é unha historia do ser humano, de vencidos e derrotados mentres uns se amoldan a realidade imposta, outros loitan por non esquecer os seus principios, nun país nos que lles toca vivir. Protagonizada por Paco Alvarellos e Isabel de Toro, lévanos a unha pasado moi próximo e presente, baixo a dirección de Xosé Leis.

9 de xaneiro. 19:00h. P. R. + de 14 anos. ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE MUXÍA con Mortos de Fame. Escrita e dirixida por Artur Trillo.

Mortos de fame:

Na casa de Tobirio e Ermualda non hai nin para comer.  As débedas son moitas e non teñen onde caerse mortos. O inxenio de Toribio sempre o levou a meterse en negocios pouco afortunados, pero desta vez ten unha idea magnífica. Unha idea que os pode levar a facerse ricos, a nadar na abundancia...

10 de xaneiro. 19:00 h. P.R.: +14 anos. Grupo de teatro RAIGAÑAS con CA… YO NO TE SOY COMO ELLOS e HOMES de Sergi Belbel. Dirección: Manuel Campos

Grupo de Teatro Raigañas:

O grupo de teatro  “Raigañas” forma parte da  Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda-Malpica de Bergantiños  que leva traballando dende fai 30 anos no eido da cultura. O grupo de Raigañas Teatro conta neste momento con 11 membros, sendo na súa maioría mulleres. A creación deste grupo xurdiu a partir das clases de teatro ofertadas pola A.C. Raigañas de Cerqueda ( Malpica de Bergantiños). O profesor do grupo actualmente  é Manuel Campos  (Monologuista e membro do Grupo de Teatro de Arteixo). O grupo Creouse no ano 2007.

Sinopse argumental:
Son dúas as comedias:

Título: “Ca…yo no te soy como ellos”, relato de Suso de Toro integrado no libro Longa Lingua. Sinopse: Monólogo dunha muller, pero representado por 6 personaxes femininos, no que se fai unha crítica á toda aquela xente que marcha da aldea para a cidade e se olvida da súa indentidade, sobre todo da súa lingua nai.

Título: “Homes”, adaptación e traducción ó galego por Juan Rodríguez, da obra de Sergi Belbel “ Hombres”. Sinopse: Na segunda parte, ademais de 4 mulleres entra na escena un home (Ramón); xuntos parodiarán as inquedanzas das mulleres cos seus maridos, as diferentes formas de ve-la vida, mostra un actitude do home pasiva fronte a de 4 mulleres (que en realidade é unha soa) que o que queren é escapar da rutina da convivencia.
 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.