3.8888888888889 1 1 1 1 1 Rating 3.89 (72 Votes)

God Save The Queen

Camarinas.eu procede a publicar un artigo de Darío Lueiro á altura das mellores revistas especializadas
Camarinas.eu procede a publicar un artigo de Darío Lueiro á altura das mellores revistas especializadas

O Death Coast Music Club, a sección de música de camarinas.eu, foi concebida como un cauce de participación para que algúns dos nosos usuarios volcaran toda a súa sabiduría musical nas páxinas da web líder da Costa Atlántica. Por elo, nadie mellor que Darío Lueiro, Salaño, para escribir dende a súa Negreira natal un extenso e exhaustivo artigo adicado a Queen. A banda das infinitas posibilidades, dos exhuberantes coros vocálicos, dos riffs e punteos de guitarra de Brian May. Da voz única, amaestrada e potente, de Freddie Mercury. De aquel megaconcerto de despedida no xa demolido estadio de Wembley de 1986. O grupo que foi quen de crear "Bohemian Rhapsody", posiblemente a mellor canción da historia do rock... Porque pasarán miles de anos, pero a música de Queen seguirá ahí.

God Save The Queen

A forza e enerxía apabullante dos directos de Queen sempre liderados por Freddie Mercury
A forza e enerxía apabullante dos directos de Queen sempre liderados por Freddie Mercury

Ó pouco tempo de que os amigos que forman a destartalada redacción de Camariñas.eu me propuxeran o reto de tentar unha sorte de artigo musical para a súa publicación neste estupendo proxecto melómano da DCMC, e mentres maquinaba en horizontal posición sabadeira de sofá o xeito de estilo que lle ía a dar ó escrito en cuestión, filtrouse pola tv dixital unha sorte de documental á maior gloria das plantas e flores híbridas.

As flores híbridas son ese tipo de raras flores ben chamativas porque adquiren tons e cores inhabituais en plantas do seu tipo por mor da mestura con sementes comúns, adquirindo así unha extrana beleza colorista que as fai únicas dentro da súa especie. Foi entón cando me decatei de que esa precisamente era a chave para facer ver o que foron e representaron os QUEEN cando apareceron na escea do glam-rock de comenzos dos 70... Unha flor híbrida... unha rareza extrema no panorama rockeiro da época.

O xermen inmediato do que foi Queen hai que situalo cronolóxicamente nos finais dos míticos anos 60, e de xeito material na banda chamada SMILE ("Sorriso"), na que Brian May (19 de Xullo de 1947) (Licenciado en Física e Astronomía pola Imperial College de Londres) e Roger Taylor (26 de Xullo de 1949) (estudante de mediciña na London Hospital Medical School), á postre guitarra e batería de Queen respectivamente, comenzaban a plantexar as súas xuvenís aportacións no eido dos ambientes rockeiros londinenses. O cantante desta banda era Tim Staffel, amigo de ambos e con quen chegaron a grabar algún que outro tema ("Polar Bear", ou "April Lady" pero cuia relevancia nesta historia ben dada porque foi él precisamente o iluminado home que lles presentou a Farook Bommi Bulsara, un tímido xóven Indio de Zanzíbar (antiga colonia británica do sur de África, na actual Tanzania), apasionado da música e estudante de Belas Artes na mítica Ealing College of Art, e máis tarde internacionalmente coñecido como Freddie Mercury (5 de Setembro de 1946).

A Raíña nos seus primeiros tempos
A Raíña nos seus primeiros tempos
O xoven Bulsara converteuse en asíduo visitante nos ensaios do grupo, e mesmo aproveitaba os descansos para entonar algún dos temas, fascinando inmediatamente a todos coa melódica tonalidade da súa voz. Así, cando Tim Staffel deixou a banda  a opción de Mercury como vocalista presentouse como evidente. (Foi o mesmo Tim Staffel quen declarou que a marcha de Smile foi a súa gran contribución á historia da música),

Mercury, comenzou entón a aplicar os seus pomposos conceptos do arte en todo o que afectaba ó grupo, tanto na estética como na música. Queen estaba nacendo, e namáis faltaba un baixista para rematar de formar o cuarteto de rock, e así, en resposta a anuncio no xornal, apareceu John Deacon (19 de Agosto de 1951), un tímido estudante de Electrónica na Chelsea College da Universidade de Londres, que foi aceptado na banda embalando así a formación de glam-rock máis culta e extravagante da historia da música e que dende aquel entón (1973), e ata a desgraciada morte de Feddie Mercury (1991), permaneceu sempre inalterada, unha formación na que estaban Freddie Mercury (Voz, Piano, Coros), Brian May (Guitarra, Piano, Voz e Coros), Roger Taylor (Percusión, Voz e Coros) e John Deacon (Baixo, guitarra ocasional e Piano) e a quen o propio Mercury bautizou co ambiguo nome de QUEEN.

Misticidade. Primeira etapa (1973-1976)

QUEEN (coñecido como QUEEN I), foi o nome elexido para o debut discográfico da banda: un atípico album de rock duro onde se conxugaban algún dos antigos temas de Smile coma "Doing all Right", con temas propios de impecables riffs ("Keep Yourself Alive", "Liar"), sendo maioría os temas de corte épico e extraño que xa perfilaban o estilo de voces acoradas ("The nights comes down", "Jesus")  guitarras e coros experimentais ("My Fairy King"), e letras místicas e escuras (Todas, pero en especial "Great King Rat", a mellor canción do album) que serían perfeccionadas nos posteriores e gloriosos anos da Raíña.

Entre os anos 1973 e 1975 os Queen publican a que eu chamo "Triloxía Mística", unha barroca triloxía que engloba ós álbumes QUEEN II, SHEER HEART ATTACK e A NIGHT AT THE OPERA, e que son a maior aportación do grupo á historia da música. Contundentes e rebosantes albumes nos que a banda expón abertamente o seu particular concepto do arte musical aplicado ás bases da chamada Opera Rock, xénero cultivado polos, naquel entón exitosos, THE WHO coa súa obra TOMMY, e onde os Queen desmelenan todas e cada unha das súas influencias musicais, chegando ata o límite do arte abstracto, deixando nesta triloxía de albumes un xeito de xenialiade musical dificilmente comparable con algo.

Os Queen plantexan nesta tríada de Lps, un mundo máxico e epopeico nos que falan de Fadas, Ogros, Reis, Magos, Profetas e mundos imaxinarios e místicos. Musicalmente inclasificable, a "triloxía mística" navega por un desbordante eclecticismo. Así, os Queen acomodan a súa peculiar concepción da música a múltiples disciplinas (rock, opera, cabaret, vodevil...) que toman como base para amosar unha sorte de cancións fascinantes a cada cal máis sorprendente.

Freddie Mercury, Brian May, John Deacon e Roger Taylor, membros de Queen
Freddie Mercury, Brian May, John Deacon e Roger Taylor, membros de Queen
O album QUEEN II (1974) foi conceptualmente dividido en lado branco (Composto íntegramente por Brian May, agás un dos temas) e o lado negro (Composto na súa totalidade por Freddie Mercury). O lado negro de Mercury, é memorable dende o comenzo ata o final. Abren este lado negro tres temas unidos: a rockeira "Ogro Battle" (que inclue unha batalla entre ogros feita con guitarras), a inclasificable (quizáis a canción máis extrana do universo Queen), "The Fairy´s Fellers Master Stroke" ("o golpe maestro do mago") e a melódica "Nevermore" ("Nunca xamáis")... tres temas entrelazados entre sí mediante bucles instrumentais que son unha experiencia única e que recomendo encarecidamente escoitar de seguido para quen queira entender que os Queen estaban a xogar noutra liga totalmente diferente ó resto dos grupos da época. O Album lanzou un single "Seven Seas of Rhye", segunda parte dun tema instrumental do primeiro album, e que chegou a ser número 10 nas listas británicas, polo que é considerado como o primeiro éxito da banda. QUEEN II, foi incluído no famoso libro "os 1001 discos que hai que escoitar antes de morrer".

Coa máxica aportación deste hipnótico album, e sen tempo para asimilalo, chegou en Novembro de 1974 o xenial SHEER HEART ATTACK, primeiro album con repercusión internacional dos Queen (disco de ouro en EEUU) e cuio single "Killer Queen", (unha sorte de canción cabaretera) foi número 2 nas listas, o que os levou a actuar no mítico programa de Tv británica "Top of the Pops".

O album comenza igual que o QUEEN II cunha procesión, pero neste caso o desfile que se escoita suxire a presenza de... ¡un Circo!... que se silencia coas as guitarras de Brian May aparecendo dende o fondo cos primeiros acordes de "Brighton Rock", un lucimento de Brian que conten case 3 min instrumentais e que abre de xeito maxistral esta obra mestra da música.

O album contén de todo, dende a típica balada pianística de Freddie "Lily of the Walley" "Dear Friends", ata o rock duro de "Now i´m Here" ou "Stone cold Crazy" (versionada moitos anos despois por Metallica, e que se considera por moitos como o primeiro tema "Trash Metal" da historia), pasando por auténticas xoias como "Flick of the Wrist", "In the lap Of the Gods" ou por excentricidades tan xeniais como a caribeña "Misfire", (primeira composición acreditada de Deacon), ou a sincopada "Bring Back the Leroy Brown"... En definitiva, unha auténtica xoia da música imprescindible para calquera melómano.

En 1975 chegou A NIGHT AT THE OPERA, considerado pola crítica como un dos mellores albumes da historia, foi nese entón o album máis caro xamáis producido, e o seu tema principal, "Bohemian Rhapsody", é elexida repetidamente como a mellor canción de todos os tempos ademáis de ser considerado o primeiro video-clip da historia do rock.
Queen fai a súa entrada na lenda da música en 1975 con A Night at the Opera
Queen fai a súa entrada na lenda da música en 1975 con A Night at the Opera
O álbum contén, ó igual que os seus antecesores, unha selección de estilos totalmente diferentes onde predominan sen embargo, como marca da casa, os típicos xogos corais e cancións de corte épico como a propia "Bohemian Rahpsody" ou a hipnótica "The Prophet´s song" ("A Canción do Profeta"), onde May toca a arpa e que conten na súa parte central, un sorprendente Canon de voces xogando co stereo.  Todas as cancións do album merecen certa consideración de análise e o espazo disponible neste somero artigo, impide espallarse en demasía, pero aquí se atopan algunhas das mellores cancións de Queen, léase "39´", "You´re my Best Friend" (de Deacon, que foi o segundo single do album e un éxito en EEUU), "Seaside Redenzvous" (xenial composición sobrada de virtuosismo musical de Mercury), aínda que pola miña parte, sempre admirei profundamente o modesto tema "Good Company" composición onde un xenial Brian May, armado cun ukelele e coa súa guitarra, consigue imitar a unha auténtica banda de Jazz nun final de canción onde se amalgaman ata 24 pistas de guitarras!!!.

Bohemian Raphsody

"Bohemian Rahpsody" representa o cumio desta triloxía mística ( e por extensión de Queen), un tema colosal de máis de 5 min de duración que representa como ningún outro a idiosincrasia musical de Queen: "seremos os Cecil B De Mille do Rock" (Director de cine famoso polas súas espectaculares e grandes produccións, p. ex. "Os Dez mandamentos") decía Freddie nos comenzos do grupo. "Bohemian Rahpsody" semella así, a conclusión final da experimentación elaborada nestos tres magníficos álbumes, e dende logo que supuxo un punto e a parte na carreira dos Queen.

A DAY AT THE RACES ...

Tras esta exitosa estancia na Ópera, os Queen voltan ó ano seguinte coa que se supón a  continuación no Album A DAY AT THE RACES (1976), tamén título dunha película dos Irmáns Marx, ( o mesmo Groucho Marx invitou ós Queen a unha sesión musical na súa casa dos Ánxeles...), un album que repite algún dos trucos aprendidos na "Triloxía Mística", pero que, pese a contar enormes temas coma "Good Fashioned Lover Boy", "Drowse", "Tie Your Mother Down"e sobre todo "Somebody to Love", non acadou o recoñecemento crítico que o seu predecesor, con todo ser un éxito de ventas, o que provocou o primeiro xiro copernicano na historia dos Queen.
A impronta única de Mercury
A impronta única de Mercury
 
O ROCK AND ROLL. (Segunda etapa 1976-1980)
Primeiro Xiro Copernicano

A excepcional fórmula de misticidade estaba esgotada, de modo que a famosa versatilidade dos Queen fai a súa aparición para plantexar e explorar novas rutas no mundo do rock onde Queen era xa punta de lanza.

Os Queen sempre foron reacios a non evolucionar, a permanecer como heráclitos rockeiros ensimismados nos logros sen riscos. Os Queen, aventureiros musicólogos, negábanse a repetir esquemas e necesitaban reinventarse para permanecer cos folgos a cen. Con esta máxima reiventiva nacen os seguintes 3 álbumes do grupo, NEWS OF THE WORLD, JAZZ e THE GAME.

"We will rock You" e "We are the Champions", son os dous primeiros temas do album NEWS OF THE WORLD (1977)... un xenial xeito de rachar con todo o anterior... Nada permanece xa dos álbumes anteriores, e os Queen abren novos sendeiros polos que abrise paso. Contaba Brian, que o tema "We Will Rock You" naceu da necesidade imperiosa que tiña o grupo de formular cancións sinxelas e sen os elaborados arreglos vocais e instrumentais que dificultaban en exceso a posta en escea nos directos. Así, tanto "We Will Rock You", coma "We are the Champions", convértense nos estandartes deste xiro de 180 º na carreira de Queen. NEWS OF THE WORLD,  como é de imaxinar con dous singles coma os mencionados, foi un éxito mundial absoluto.

Do xiro tamén participan os álbumes JAZZ (1978) e THE GAME (1980) dos que saen excelentes temas que se convirtirían en auténticos clásicos en todo o mundo como "Bicicle race" "Dont Stop me now" (ambos do JAZZ) e "Another One Bites the Dust", "Crazy Little Thing Called Love" e "Save Me" (THE GAME) converten a Queen no grupo máis exitoso e popular do momento. As ventas dos seus álbumes son millonarias e os seus videoclips os máis populares e polémicos.

Queen na cima do seu poder musical: posiblemente o grupo máis completo da historia
Queen na cima do seu poder musical: posiblemente o grupo máis completo da historia
Para o anecdotario queda por exemplo a polémica resultante do video clip de "Bicycle Race" que se grabou con 200 mulleres totalmente núas rodando en bicicleta e facendo sonar os timbres... (presentáronse ó casting máis de 2.000 británicas!! comentaba con orgullo Mercury), un escándalo para a época. Tamén o Video de "Save Me"  merece atención por ser dos primeiros en utilizar as técnicas de animación para videoclips musicais.

Queen rematan os 70 no cumio do éxito internacional, incluíndo os ata entón reacios EEUU, que caeron rendidos perante "Another One Bites the Dust", single lanzado por recomendación do recentemente falecido Michael Jackson, amigo de Freddie Mercury, e que acadou o primeiro nº 1 do grupo nas listas de EEUU. Foi ata ese momento o maior éxito do grupo.

HOT SPACE (1982). Segundo Xiro Copernicano.

Os 80 comenzan sumamente experimentais, coa mediocre Banda Sonora de FLASH GORDON (horrendo film producido por Dino de Laurentis), e sobre todo co seu Album de Funk/Rock HOT SPACE (1982). As xiras por EEUU, e os sonidos do funk disco americanos influenciaron ó grupo, sobre todo a Freddie, quen se fixo por aquel entón amigo íntimo de Dianna Ross e do Michael Jackson pre-Thriller (mesmo é coñecido que moitos dos arreglos do TRHILLER eran de Mercury, e o propio Michael Jackson ten recoñecido públicamente que unha das súas maiores influencias para o THRILLER, foi o HOT SPACE dos Queen).

HOT SPACE supón un cambio total e absoluto, en todos os sentidos, mesmo no sorprendente cambio de look de Freddie Mercury, quen, tras frecuentar os ambientes gays de EEUU, deixa bigote e corta a melena, sendo este look bigoteiro o máis representativo como iconografía de Freddie Mercury pese a que soamente o mantivo 5 anos...

No HOT SPACE apenas sí hai algo do rock carácterístico da banda, que navega neste LP a contracorrente (e a miudo sen rumbo fixo) polos parámetros da música funk. É maioritariamente considerado un album fallido en moitos aspectos, e pasa por ser o máis flouxo album dos Queen (Cancións coma "Body Language" ou "Calling All Girls" axudan considerablemente).  En todo caso, neste album atópase unha das máis famosas colaboracións da historia da música: "Under Pressure", a canción na que se uniron musicalmente os amigos de toda a vida David Bowie e Queen.

O ROCK-POP. Terceira Etapa (1984-1991)
Terceiro xiro Copernicano

O fracaso "relativo" do HOT SPACE, que non acadaou os números de ventas que os exitosos álbumes anteriores, fixo entrar ós Queen nun periodo de crise, e mesmo se chegou a falar da disolución do grupo. A banda, decidiu meditar por separado conxugando novos proxectos ó marxe de Queen. Así, Brian May, publica no 1983 unha especie de album de culto a base de guitarrazos de blues e Jam Sesions chamado "STAR FLEET PROJECT"(1983) con Eddie Van Halen. Freddie pola sua banda reclúese a compoñer para un proxecto en solitario (composicións que son a base do seu LP en solitario "MR BAD GUY" (1985), Roger Taylor publicou o seu segundo album como solista "STRANGER FRONTIER" (1984).

Retorno ao rock de Queen en 1984 da man do excelente álbum The Works
Retorno ao rock de Queen en 1984 da man do excelente álbum The Works
Os rumores, cada vez máis expandidos e non desmentidos polos membros da banda e que apuntaban a que os Queen se disolveran e que nunca máis voltarían a sacar un album de estudio, rematan de súpeto coa publicación do soprendente THE WORKS (1984), un novo xiro copernicano na historia dos Queen, que deixan atrás o Rock,n roll puro (non de todo, "Tear it Up", "Man own the Prowl") para achegar o sonido Queen  ó Pop máis comercial. O album convértese na gran bomba do ano gracias sobre todo a duas exitosas cancións que coparon as listas de medio mundo;  "Radio Ga Ga" (Taylor) e "I Want to Break Free"(Deacon). "It´s a Hard Life"(Mercury) e "Hammer to Fall" (May) foron outros singles de éxito deste album que foi tamén o primeiro da historia da música en promociarse con temas compostos cadanseu por un membro diferente da banda.

O Pop/Rock era a nova chave do éxito para os Queen, indiscutiblemente as estrelas máis populares e exitosas do mundo da música, sendo ademáis os seus concertos os máis multitudinarios e espectaculares (con Queen nace o estilo de macro-concerto de grandes dimensións, ata ese entón algo descoñecido). Foron os cabezas de cartel do mítico concerto benéfico do LIVE AID de 1985 onde os Queen deron un antolóxico recital que aínda se lembra como unha das mellores actuacións dun grupo en directo.

Na volta do éxito, os Queen probaron sorte novamente nos eidos do cinema coa banda sonora (en colaboración co xa faelcido Michael Kamen, un clásico das bandas sonoras dos 80) dos INMORTAIS (THE HIGLANDERS,  Russell Mulcahy, 1986). Unha B.S.O que foi a base do seu seguinte album de estudo, o fenomenal A KIND OF MAGIC.

ImageA KIND OF MAGIC (1986), foi outro exemplo de versatilidade e madurez rockeira dos Queen. Subxectivamente constitue para min o mellor album dos 80 dos Queen, un LP onde o Pop e o Rock máis duro se amalgaman dun xeito absolutamente maxistral... Todo un inxenio de como adaptarse ós tempos sen deixar de ser rocker. A xira do album foi a mítica "Live Magic", mítica por ser a última dos Queen, e tamén por ser a xira máis exitosa da historia da música ata ese entón, con máis de 1.000.000 de persoas que viron ese ano ós Queen en directo. A xira rematou con dous días seguidos en Londres, nun estadio de Wembley cheo a rebosar, non pudendo facer un terceiro día por estar o estadio reservado. Así, os Queen decidiron arriscar e dar un último concerto en Londres no Knebworth Park, onde puxeron 120.000 entradas á venta... unha auténtica tolería despois de dous días seguidos de concertos na cidade... En dúas horas vendeuse todo... Este foi o derradeiro concerto de Queen.

Cando en 1989 se publica o THE MIRACLE, na mesma liña de Rock-Pop do A KIND OF MAGIC, Freddie Mercury recibe a mala nova da súa sentencia de morte: É portador do Síndrome de Inmuno Deficiencia Adquirida (SIDA).

Nesta época é tamén cando Freddie, de novo na vangarda, colabora cunha diva da Ópera, Montserrat Caballé, (estratexia despois mimetizada por "Pavarotti and Friends", pero cuia primeira avanzadilla correspondeu a Freddie) a quen Mercury admiraba profundamente e que viu nos xogos olímpicos de Barcelona 92 a oportunidade única para cantar xunto a ela, o que fixo finalmente nesa memorable noite barcelonesa do 8 de octubre de 1988, acto para o cal decide abandonar definitivamente o seu característico bigote para ledicia da maioría de fans.

A partir de THE MIRACLE, e coa enfermidade calando nos osos, Freddie, reclúese na súa casa de Londres que soamente abandona para grabar novos temas e realizar os video-clips para os singles. Os rumores sobre a súa enfermidade van medrando ó que axudan os vídeos promoción de THE MIRACLE, nos que se van apreciando os efectos que a enfermidade vai causando no antaño forte corpo de Mercury e a delgadez extrema á que vai chegando.

En 1991, publícase o derradeiro traballo de Queen en vida de Freddie Mercury. O excepcional INNUENDO, un grandísimo album de estudo que estivo marcado dende a súa concepción polo fatalismo latente da enfermidade de Freddie que acudía ó estudo en intermitentes xornadas segundo llo permitira a súa delicada saúde.

INNUENDO ("Insinuación") converteuse na despedida de Mercury e temas como "I´m Going Schly Mad" ou "Inuenndo" que foron lanzados como single en vida de Freddie, teñen certa interpretación neste senso. O single "The show must Go On" coincide no tempo co triste falecemento de Freddie Mercury, o cal, unido á intensidade e emotividade da propia letra da canción ("Por dentro o meu corazón está rachando..." "¿sabe alguén para qué vivimos?..."), converteu a este tema, ou máis ben ó seu título, no popular epitafio de Farook Bommi Bulsara, alias "Freddie Mercury", que abandonou este mundo o 24 de Novembro de 1991.

En 1989 Queen graba o disco The Miracle cun Freddie Mercury xa ferido de morte
En 1989 Queen graba o disco The Miracle cun Freddie Mercury xa ferido de morte
O último single do album foi "These are the days of Our Lives" ("Esos son os anos das nosas vidas"), derradeiro video-clip grabado por Freddie Mercury. Nel, un enfermo Mercury, consciente de que apenas lle quedaban semanas de vida, recita sen cantar o último verso da canción... Freddie mira ó ceo, baixa lentamente a cabeza, e cun último sorriso ("pode que se rache a maquillaxe, pero seguirei sorrindo..." decía a letra de "The Show Must Go On"), mira a cámara e susurra; "I Still Love You..." ("todavía vos quero")... Desta última imaxe que deixou Freddie Mercury como cantante de Queen, dixo Brian May: "vendo o video, daste de conta de que Freddie Mercury estábase a despedir de todos...".

A morte de Freddie Mercury, alma e talento dos Queen, trouxo a inevitable morte do grupo, que sen embargo editou en 1995 un derradeiro album póstumo MADE IN HEAVEN adicado "Ó espíritu inmortal de Freddie Mercury". Un aceptable album dende o punto de vista musical (lonxe das xenialidades dos mellores Queen), pero de gran valor emocional por conter as últimas grabacións vocais de Freddie, que non pudo rematar moitos temas que aparecen no album, e que foron completados nos anos seguintes por Roger Taylor ou Brian May.

Nos últimos anos, dende 2004, tanto Brian May coma Roger Taylor retomaron o nome do grupo (só o nome, non o espíritu) para, xunto con Paul Rodgers (ex cantante de FREE, e BAD COMPANY e a quen Freddie admiraba profundamente ), realizar unha serie de xiras mundiais tocando en directo algúns dos temas clásicos do grupo, o que os levou a publicar no 2008 un máis que decente album de rock adulto chamado "THE COSMOS ROCKS". John Deacon, pola súa banda, vive os seus días no sono do xubilado, convencido de que o grupo sen Freddie Mercury non tería sentido, e aprobando todo o que en nome de Queen fagan Brian e Roger, sempre que, como él mesmo declarou, "non se esquezan de seguir enviando mensualmente os cheques...".

Que serva este artigo para homenaxear a un dos mellores grupos da historia da música moderna: Os QUEEN, herdeiros dunha época concreta de finais dos 60 e comezos dos 70, que con influencias do máis variopintas e exóticas (Jimmy Hendrix, Led Zeppelin,The Beatles, Liza Minelli, Mozart, Chopin, Aretha Franklin ou as vellas bandas de jazz do estilo Dixieland (ou dixie) de Nova Orleans), foron extranos creadores e habitantes dun estilo de rock vocal e instrumental único e inimitable, un estilo no que se amalgamaban de xeito orixinal unha multiplicidade de xéneros (Heavy, Rock, Pop, Cabaret, Jazz, Music Hall, Opera, Blues...) todo elo producido cunha pomposidade tan extrema, que os levou a ser inxustamente incomprendidos en moitas ocasións pola recaltrizante crítica musical acomodada nos usos musicais do rock máis clásico e que nunca chegou a entender que os Queen representaron unha nova forma de arte musical, máis ou menos afortunada, irritante e fascinante, pero deliciosamente arrebatadora en todo caso.

GOD SAVE THE QUEEN!!

Comentarios   

zhúkov
0 # zhúkov 29/07/2009 23:50
Bueno, un artículo perfecto. Xa acostumbrados á senda trazada por Luis, esta xoia bibliográfica do meu antigo compañeiro de foro Salaño reincide en todas as virtudes das seccións de música e cine de camarinas.eu. O malo é que ao ver o nivel existente e dado que me propuxeron a min colaborar nesta nova andaina da web...non sei si pegar unha espantada como aquelas que daba o bo de Curro Romero na Maestranza de Sevilla nos seus bos tiempos, jajajajj. ¡Que cousas chegamos a facer entre catro tipos, mi madriña querida...!
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 30/07/2009 00:36
Bueno Dario...xa sabes o que opino desta musica ainda que a do vidio non esta tan mal..e e boa de escoitar..pero como e a primeiras bes q fas esto pos de paso q che escribo o comentario. Agradescoche moitisimo a tua preocupacion... e q sempre me preguntes como eston,,,Moitos bikiños e espero verche cn mas Articulos destes pos aki.

saludiños Dario
Denunciar ante o administrador
Duane Duke
0 # Duane Duke 30/07/2009 02:22
...Xa sabía eu Salaño que o teu artículo sería dunha gran calidade, non esperaba outra cousa que non fose unha declaración de amor inmortal polos teus admirados QUEEN...Eu xa sabes que vou por outra corrente diferente pero que ven a desembocar na mesma vertente...un gran amor pola música...no meu caso, sobre todo, polo Metal, no teu, sobre todo, polo Rock como quedou plasmado perfectamente durante mais dun ano no foro...menudos fruallos montamos alí!!!...¡Ke frikada!...jajj ajaj...era unha risa...

En canto a Queen, que dicir tío...pois que baixo a miña opinión contou co vocalista mais grande da historia da música (así de claro e rotundo), a mellor voz e a mais poderosa posta en escea dun \"frontman\" enrriba dun escenario como foi a do grandiiiiiisssi mo Freddy Mercury ademais de contar tamén cun grandísimo guitarrista como é Brian May (unha das referencias do meu idolatrado Nuno Bettencourt, eso nótase)...Un grupo verdadeiramente inimitable e inolvidable que deixou un feixe de himnos rockeiros que perdurarán para sempre no corazón de habitantes de todas as partes do mundo...Noraboa polo artículo, un saudo...
Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 30/07/2009 12:47
Mui bo traballo o teu sobre Queen,(eu casi son mas de Fredy Mercury),pero encantame Quuen,noraboa.
Denunciar ante o administrador
Xouba
0 # Xouba 30/07/2009 14:18
Bueno Salaño, eu non teño o placer de conocerche pero quero que sepas que despos de meterte o mono de traballo e acabar con esta excelente redacion desta grandisima banda solo me falta quitarme o sombreiro e darche a miña mais sincera enhoraboa.

De resto decir que sin ser unha das miñas bandas favoritas considero a Queen unha das tres bandas mas apoteosicas e grandes de todos os tempos.

Un saludo.
Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 30/07/2009 15:16
Pois moitas gracias a todos polas vosas palabras, sen dúbida esaxeradas pero en todo caso en consonancia coa endémica amabilidade do pobo de Camariñas.

Tamén moitas gracias por suposto a Luis, Marcos e Diego por darme esta oportunidade de escribir na páxina líder da Costa da Morte, todo un privilexio e un honor.

De Queen... penso que xa acotei o espazo e xa non podo decir máis por algún tempo non?? jaja xa chegou ben o tostón...

Un saúdo Pobo!!!

PD: Luis e Marcos... nunha destas seguro que volvemos polos foros... ¿ou non? ;-)
Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 30/07/2009 15:18
Olvidábaseme felicitarvos tamén polo estupendo enmaquetado... sinxelamente maxistral.
Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 30/07/2009 21:25
Quero,tamén eu,felisitar a Salaño,a quen non teño o gusto de coñocer personalmente (creo)por este magnífico traballo.
Eínda que a mín personalmente,s eguramente porque son doutra época,me gusta outro típo de música,non deixo de reconoser que canto escribes é un verdadeiro río de talento literario que desemboca nun canto de loanza aos Queen e a sua música.
Noraboa
Antonio Puerts
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 31/07/2009 18:51
ENcantame fredy mercury e sobre todo a sua vos, eu si que teño o plaser de conoserche, haber cando ves faser unha visita.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.