- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 30 Xuño 2009 30 Xuño 2009
Hipnotizados polo sonido Grunge

Un grupo distinto, cunha base rítmica pesada e potente que chegou a liderar o movemento grunge
Agora que chega o período estival, a semellanza do ocurrido no verán do 2008, a sección de cine de camarinas.eu tómase un respiro. Pero o maxín do redactor audiovisual da web líder do Atlántico Norte, Luis Esteiro Ramos, non descansa e ven de idear unha volta de torca o seu DCCC: unha sección de música na que cada un dos artigos será escrito por usuarios diferentes. O primeiro artigo do Death Coast Music Club (DCMC) adícallo Luis a un estilo musical nacido nos suburbios da remota e illada cidade norteamericana de Seattle, o que se deu en chamar estilo Grunge, e a un dos seus grupos máis representativos: Soundgarden.
Hipnotizados polo sonido Grunge

Soundgarden & Pearl Jam xuntos en 1992 no Festival de Lollapaloza
Transcorría sen pena nin gloria o verán de 1994, ano marcado para min polas típicas dúbidas de calquer mozo quinceañeiro que acababa de entrar en plena idade do pavo, ata que un día calquera, a unha hora calquera, no medio dun descanso máis dunhas tediosas clases de vela no Club Náutico de Camariñas (non era culpa deles claro) e acompañado polos meus amigos da infancia (Carlos, Xabi, Diego “Xouba”e Toño) observábamos todos boquiabertos no programa musical televisivo “Los 40 Principales” un videoclip que marcaría a nosa posterior fascinación pola música Metal, “Black Hole Sun”, esa maravilla surrealista composta por Soundgarden ese mesmo ano, un vídeo cunha factura visual insuperable e que nos atrapou xa dende un primeiro momento con esa melodía tan triste e depresiva acompañada por unha música de tono lento e distorsionado que nos hipnotizou de inmediato, taladrando esa melodía unha e outra vez as nosas perturbables mentes.
Rematado ese verán varios integrantes desa pandilla de inseparables amigos decidimos por separado rebuscar información e discografía dese grupo que nos tivo cautivados durante parte dese verán, así chegamos a descubrir a orixe desa banda e dese movemento musical chamado popularmente no argot norteamericano como “Grunge” (algo así como sucio), aparte de Soundgarden, descubrimos que o verdadeiro líder desta tendencia sónica era Nirvana e en especial o seu frontman, o gran Kurt Cobain, o cal suicidárase pouco tempo antes. Esta banda uns anos atrás provocara un verdadeiro delirio adolescente nos EEUU co seu inolvidable album Nevermind (1991) incitando a nosa curiosidade pola música dunha banda moi popular que anque pareza incrible non acabou de atraparnos nun primeiro momento, eran outros tempos... Dese xeito chegamos ata outro grupo mítico do mesmo xénero musical, Pearl Jam, cando un día meu amigo Diego “Xouba” apareceu cunha cinta de cassette dese grupo que tiña por título Vs (1993). Estes si nos impresionaron, non tiñan a crudeza de Soundgarden pois eran verdadeiramente máis Hard Rock pero o seu vocalista Eddie Vedder conformaba unhas melodías moi profundas e hipnóticas de tono lento ao igual que Chris Cornell, o lider de Soundgarden. Atrapados sen saída por esta tendencia comezamos a descubrir máis discografía destes grandes músicos, en parte gracias a inestimable aportación doutra xove pandilla camariñana que estaba paralelamente sumerxida nese movemento no mesmo escenario camariñán, a archiconocida e infravalorada baixo a miña humilde opinión, “Los Plaza Boys” (Marcos, Diego, Kecho, Manuel, Oki e Juan Bautista).

Chris Cornell, voz de Soundgarden
Seguimos pouco a pouco recopilando novos albumes emblemáticos, o Bleach (1989), Incesticide (1992) ou o dulcemente rechinante In Utero (1993) de Nirvana, o Vitalogy (1995) de Pearl Jam ou o Facelift (1990) e Alice In Chains (1995) de Alice in Chains ou tamén apadriñando dende Los Ángeles a outra grandísima banda liderada polo excéntrico (toliño con cartos) pero gran vocalista Scott Weiland e enmarcada neste estilo como foi Stone Temple Pilots e o seus maxistrais albumes Purple (1994) pero sobre todo o emblemático e gran referente noso, o Core (1992), esta última remesa gracias a inestimable aportación do meu primo Carlos.

Nirvana, a grandísima banda liderada polo tristemente desaparecido Kurt Cobain
Anos atrás esta moda incluso salpicara o cine, facéndose un mediocre filme sobre o movemento, Solteros (1992) dirixido por Cameron Crowe e protagonizado por Matt Dillon e Bridget Fonda, tendo como escenario a cidade de Seattle e onde os seus personaxes vagaban por ela deixando constancia das súas dudas existencias nun entorno marcado por este estilo músical pero dunha forma superficial tirando a producción desta moda para reclutar espectadores as salas por medio dunha comedia-dramática moi simplista, nunca me identifiquei con este filme, é mais renuncio del, o mellor sen dúbida os cameos dos grandes referentes do estilo e a súa inolvidable B.S.O: Chloe Dancer (Mother Love Bone), Would (Alice In Chains), Birth Ritual (Soundgarden) ou State of Love and Trust (Pearl Jam) entre outros maravillosos temas. Neses anos ademais xestouse no cine a denominada “Xeración X”, conformada tanto por actores e actrices (Johnny Depp, Matt Dillon, River Phoenix ou Winona Rider) como por directores (Tim Burton, Gus Van Sant, Jim Jarmusch ou o propio Cameron Crowe) influenciados en certa medida por ese movemento. Anque todo esto pode ser tan so unha etiqueta comercial. En calquer caso algúns deles si souberon plasmar as inquietudes desta temática musical, como no homenaxe que Johnny Depp e Jim Jarmusch renden a Kurt Cobain na para min moi notable Dead Man (1995), cun estilo metafórico máis acorde coa temática das letras musicais onde a morte e o sufrimento emocional estaban presentes en todo momento, tendo con eles a inestimable colaboración na B.S.O do filme o que din foi o verdadeiro pai deste movemento, o gran Neil Young.
Pero o movemento artístico ía morrendo pouco a pouco o igual que os seus frontmans mais destacados: o cantante de Mother Love Bone, Andrew Wood (1990), xa presaxiaba que esos atormentados rapaces estaban a xogar con lume pois este faleceu por sobredosis de heroína con tan so 24 anos, o igual que moitos anos despois lle ocorrería a Layne Staley (2003), o vocalista de Alice In Chains, ou o prometedor actor River Phoenix (1993) do mesmo xeito que as anteriores víctimas, pero entre estos fatídicos momentos destacou o suicidio de Kurt Cobain (1994) e que desencadeou que un feixe de fanáticos musicais seguiran os seus pasos pouco tempo despois, co que a moda Grunge comezaba a derrumbarse irremisiblemente.

Os depresivos Alice in Chains

Pearl Jam, posiblemente o grupo máis comercial saído do sonido Seattle, auténtico líder superventas
Pero o cume definitivo da banda de Seattle produciríase co seu seguinte LP, Superunknown (1994), persoalmente o mellor disco de Metal Alternativo que escoitei na miña vida, oscuro, misterioso, depresivo, caótico, funerario, teito do movemento Grunge, con temazos recoñecidos mundialmente como a gañadora dun premio Grammy, a anteriormente citada “Black Hole Sun”, ou o meu preferido “The Day I Tried To Live” e sen olvidar outros como os cañeros “Let Me Drown” e “Spoonman”, o poético “Fell On Black Days” ou os funerarios “Mailman” , “4º of July” ou “Like Suicide”, en definitiva un disco completísimo de 74 minutos de envolvente duración baixo a grandísima producción dun grande do factura industrial metaleira como foi Brendan O´Brian. Outro premio Grammy e un premio MTV son o broche de ouro desta absoluta obra de arte. Entón tralo estruendoso éxito chegaría a reciclaxe da banda cun arriscadísimo disco producido por eles mesmos Down on the Upside (1996) dando estos unha volta de torca o seu estilo pesado e oscuro e ofrecendo un disco mais Hard Rock con algunha que outra reminiscencia Grunge, Country, Blues ou Punk, a obra é un tanto estrana pero algúns temas son verdadeiramente brilantes como “Pretty Noose”, “Burden In My Hand”, “No Attention” ou a magnífica “Tighter & Tighter”, a banda non obtería o éxito do seu anterior traballo e comezaron as primeiras rencillas entre os membros da formación ata que un fatídico, para min, día 9/4/1997 a banda anunciaba a súa separación, co que desaparecía do panorama musical unha das bandas mais oscuras da historia do Metal Alernativo. Co percorrer dos anos foron disolvéndose pouco a pouco todas estas bandas do movemento Grunge, cada unha por diferentes motivos persoais ou profesionais, a excepción duns xa devaluados Pearl Jam. O movemento Grunge quedaría sepultado baixo terra antes de que vira a luz o novo milenio.
Chris Cornell comezaba a partir de 1997 unha aventura en solitario, unha porta parecía abrirse para o meu noutrora gran ídolo musical, ante el formábase tenebrosamente unha espesa e aterradora néboa infernal pero o lonxe dela divisaba cos seus felinos e hipnóticos ollos verdosos a luz resplandecente e tentadora do éxito, un malévolo medio sorriso ceñíase na súa sempre pálida faciana e delataba as súas aínda inconscientes intencións, como o home que se sabe triunfador de antemán pero que descoñece que acababará pagando un prezo moi caro por vender tan barata a súa alma…
Comentarios
O de Chriss Cornell e unha jodienda. O Xouba quer tirarlle o Cd na cara no concierto. Jeje
Menos mal que o tempo pasa e podemos decir que esto xa se pode desclasificar.
Saludos e SIJE SIJE ASI QUE ESO E O TEU ( Xa nos entendemos, jejeje )
Un cordial saudo de
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.