El Resplandor ou Espartaco, tan só dúas das obras maestras da filmografía de Stanley Kubrick
El Resplandor ou Espartaco, tan só dúas das obras maestras da filmografía de Stanley Kubrick

Un luxo. Pero non só un luxo para camarinas.eu senón para todo o Concello é contar cunha persoa dos coñecementos cinematográficos de Luis Esteiro Ramos, redactor de cine de camarinas.eu, que co seu DCCC contribuío artigo a artigo a construir con outros usuarios especialmente talentosos unha das seccións culturais máis potentes nun medio de comunicación en toda Galicia. E eso faise con artigos tan impecables, exhaustivos e analíticos como o que rende homenaxe a Stanley Kubrick, un dos maiores xenios cinematográficos de tódolos tempos, autor de obras inmortais como Espartaco, Lolita, La Naranja Mecánica ou La Chaqueta Metálica.

 
Un dos máis grandes directores da historia
Un dos máis grandes directores da historia

Kubrick, un perfeccionista enfermizo

Dende que me fixen cargo desta, comprendo, estrana sección hai xa mais de 1 ano, marqueime un código de conducta que consistía en non analizar certos mestres cinematográficos. Foi por ese mesmo motivo polo cal decidín non analizar o maior xenio español de tódolos tempos, o director aragonés Luis Buñuel, o verdadeiro pai do Surrealismo no cine, un xénero abstracto e moi simbólico, cheo de metáforas visuais e diálogos ambíguos ambientados na máis absoluta realidade social, tentando un pouco o director zafarse da censura española tan habitual naquelas épocas franquistas, facendo este duro réxime militar emigrar o talento máis grande que dou o cine español, en primeiro lugar a Francia, máis tarde a México, onde desenvolveu a maior parte do seu inxenio. Tampouco quería manchar a súa obra coa miña ignorancia sobre o significado da mesma, e mellor vela e que cada indivíduo saque as súas propias conclusións, pois estas básanse demasiado nese subxectivismo tan persoal que posúe cada cinéfilo. Los Olvidados (1950), Viridiana (1960), El Ángel Exterminador (1962) ou Belle d´jours (1965) serán as probas evidentes mais maxistrais dun autor recoñecido universalmente e que resulta ser un dos mais grandes orgullos artísticos da historia do noso país.

Esta introducción viña a conto porque anque non se poida encadrar dentro do Surrealismo, o director que vamos a analizar de seguido adentrouse en certa medida neste xénero cinematográfico, Stanley Kubrick (New York, EEUU, 1928-1999). Director, guionista e productor cinematográfico. Admirador confeso de Max Ophüls, Serguei M. Eisenstein e Fritz Lang, de ahí podemos sonsacar a súa fascinación polo expresionismo. Autor cunha obra claramente canalizada dende unha técnica meramente académica ata outra xa máis puramente persoal e formalista. Outro dos máis grandes realizadores da historia do cine, perfectamente acomodado no meu Top Ten cinematográfico dende hai xa moito tempo. Este ía a ser outro dos meus directores tabú pois o seu cine é bastante simbólico e subxectivo como para tomar como verdade absoluta o que un pensa en comparativa cos pensamentos do director,  penso que este sería un erro moi pretencioso pola miña parte pero polo menos tentaremos dar uns cantos detalles das súas inquietudes artísticas…vamos alá pois…¡Que haxa sorte!!!.
A futurista e innovadora 2001, Una Odisea del Espacio, película de 1968
A futurista e innovadora 2001, Una Odisea del Espacio, película de 1968
Kubrick naceu no seno dunha familia acomodada no mítico barrio de Bronx. Foi un mal estudante pero ao parecer si un gran xogador de xadrez dende a súa infancia, posiblemente parte do seu perfeccionismo proceda da práctica deste estimulante deporte mental. Tamén tiña paixón pola música Jazz e pola arte fotográfica e será mediante esta profesión cando Kubrick comece a entrar en contacto co mundo do arte. Co pasar dos anos o futuro realizador comezou a ter maiores ambicións que a fotografía e decidío ampliar o tratamento da imaxe adentrándose no arte cinematográfico co conseguinte abanico de posibilidades que este lle ofrecía para desenvolver ainda máis as súas virtudes artísticas. Sen dúbida foi un dos directores máis técnicos da historia do cine, o nivel de directores como Hitchcock, Ford , Welles ou Coppola, ademais foi un dos poucos que normalmente tiveron unha influencia total sobre os seus proxectos, os cales foron poucos pero intensos e persoais. Debutou detrás da cámara con 3 documentais ata que lle chegou a gran oportunidade de realizar unha longametraxe con Fear and Desire (1953), drama bélico de baixo presuposto. Anos máis tarde filmaría El Beso del Asesino (1955) ao lado do seu primeiro e único actor fetiche Frank Silvera, (o parecer ningún actor quería repetir a traumática experiencia de volver a traballar baixo as súas ordes debido o seu carácter excesivamente maniático e perfeccionista). A madurez artística chegalle cedo con Atraco Perfecto (1956), un filme cun poderoso ritmo e innovador estilo narrativo desestructurado, tamén cun gran traballo coral de actores encabezados polo actor de aspecto rochoso Sterling Hayden. A secuencia do atraco ó hipódromo permanece na retina dos cinéfilos máis esixentes. Un gran filme de cine negro marcado polo rebufo de La Jungla de Asfalto de John Huston. O espaldarazo artístico definitivo obterao cun filme bélico protagonizado polo gran actor de carácter Kirk Douglas, Senderos de Gloria (1958), un dos mellores films bélicos da historia do cine. Os altos mandos do exército francés durante a 1ª Guerra Mundial son caracterizados por Kubrick como unha especie de semideuses que manexan os soldados como números e que tan só ansían o recoñecemento profesional coa obtención de medallas quedando estes co honor e a gloria dos soldados que dan a cara e perden a vida no campo de batalla aquí representado no “sempre vapuleado” exército francés. Un filme cun mensaxe existencialista pouco alentador sobre a esencia do ser humano, unha das tónicas da temática Kubrickiana. As súas inmellorables dotes técnicas tamén quedarán reflexadas neste filme de esplendoroso B/N. Kirk Douglas encantado coa súa destreza técnica recoméndao como director sustituto de Anthony Mann (outro grande) dunha superproducción de dimensións épicas, Espartaco (1960). Filme no que se inspirou sobremaneira Ridley Scott na súa espectacular e pouco máis Gladiator (1999). Espartaco é un esclavo rebelde vendido como gladiador e que tras fuxir do látigo do imperio romano comezará unha interminable revolta converténdose despois da súa morte nun auténtico mártir para o seu pobo. Un film cun elenco máxico de actores: Kirk Douglas, Tony Curtis, Laurence Olivier, Charles Laughton, Jean Simmons ou Peter Ustinov son algunhas das estrelas que participan neste insuperable filme épico e tráxico. Parece incrible comparar esta obra puramente clásica co cine impresionista que abarcará Kubrick dende finais dos anos 60 en adiante, nunha evolución creativa e megalómana sen precedentes neste arte. Entón Kubrick decide por un punto e aparte dentro da súa filmografía cun dos filmes mais provocadores da historia do cine, Lolita (1962). A película basada na novela do escritor ruso Vladímir Nabokov narra a historia en flashback de Humbert (grande James Mason), un profesor xa maduriño que se namora febrilmente dunha rapariga quinceañeira, Lolita (Sue Lyon) a filla da súa caseira (Shelley Winters). Kubrick profundiza no lado máis oscuro do desexo sexual con este filme copiado en numerosas ocasións e que nos fai reconsiderar o mal que se pode levar o paso implacable do tempo vital para calquer ser human, sen dúbida unha das nosas máis grandes miserias emocionais.
Jack Nicholson en El Resplador
Jack Nicholson en El Resplador
Seguindo con esta evolución creativa parámonos de seguida nunha comedia bélica ¿Teléfono Rojo?, Volamos Hacia Moscú (1964), unha delirante parodia sobre a “Guerra Fría” que mantiveron os EEUU maila extinta URSS. O actor máis camaleónico da historia do cine, Peter Sellers brilará con luz propia neste estranísimo filme representando ata a 3 personaxes da obra. A evolución creativa á cal facía referencia terá un dos seus puntos culminantes noutra obra que tardei moitísimo tempo en degustar por completo, ata hai ben pouco, 2001, Una Odisea en el Espacio (1968). Sen dúbida o meu gran talón de Aquiles durante moito tempo. Una gran obra visionaria e existencialista de Kubrick, un repaso a evolución do ser humán dende os seus primeiros pasos prehistóricos, nun mítico comezo de filme, ata a ficticia conquista do espacio polo home, indo este mais alá do infinito. Unha obra complexa, de ritmo narrativo lento, formalmente impecable, cuns efectos especiais espectaculares para a súa época, quizais o título “2001” quedóuselle un pouco curto a Kubrick pero vaia…perdonámosllo, a odisea polo espacio coa figura todopoderosa do robot HAL velando pola seguridade dos astronautas da nave espacial é sinxelamente maxistral. O final puramente surrealista. Lixeiramente pretenciosa pero sen embargo un dos cumes do cineasta. O cume definitivo virá na súa seguinte obra mestra La Naranja Mecánica (1971). Kubrick alcanza o seu teito impresionista cun filme de formas sublimes, estrano ata decir basta, nunha crítica feroz a sociedade, representada por unha pandilla de rapaces comandados por Alex DeLarge (inolvidable Malcolm McDowell) de tendencias violentas que tan so son capaces de divertirse facendo o mal os seus semellantes. Un film o que eu chamo visionario pois é un fiel reflexo do noso presente. El Club de la Lucha (1999), unha das mellores obras de David Fincher bebe moito desta obra, en canto á esencia temática, na miña opinión. Kubrick non deixará títere con cabeza: estado, relixión ou política serán duramente criticados neste provocador e controvertido filme. Un dos cumes do 7º arte. O seguinte filme de Kubrick tampouco deixa indiferente os espectadores máis esixentes pois o director leva máis alá da épica a introspectiva visión do mítico Redmon  Barry en Barry Lyndon (1975). Outra das grandes obras mestras de Kubrick. Desalentadora revisión da desmesurada ambicición dun home vividor e oportunista que pretende ascender no escalafón social nun entorno marcado pola guerra, a vida iralle concedendo pouco a pouco tódolos seus desexos e caprichos pero a súa inevitable esencia perdedora farao fracasar cando este pense que ten o seu soño dourado o alcance da man. Obra redonda e monumental, poderosa en canto a formas e contido, cunha magnífica fotografía, vestuario e dirección artística. 4 Óscars darán boa conta destas palabras.
O director que levou o perfeccionisno no cine ata as súas últimas consecuencias: Stanley Kubrick
O director que levou o perfeccionisno no cine ata as súas últimas consecuencias: Stanley Kubrick
Facendo un pequeno alto no camiño podemos observar que unha das grandes ambicións de Kubrick foi tentar abarcar con absoluta mestría todos os xéneros cinematográficos, supoño que as súas ínfulas megalómanas fixeron que pretendera perfeccionar o imperfeccionable. Aclarado este punto chegamos a súa volta de torca definitiva El Resplandor (1980), unha das grandes obras mestras do cine de terror. Kubrick, xa cun estilo visual perfeccionado o máximo, adapta unha das obras máis famosas do escritor norteamericano Stephen King e logra facernos tremer de medo con este claustrofóbico e desquiciante filme no que brila con luz propia un, xa de antemán, todo hai que decilo, excéntrico Jack Nicholson. (Houbérame gustado verlle unha interpretación máis contida na primeira parte do filme…pero…¿Quen lle pode decir nada o carismático e non menos megalómano Jack?)...Inquietante obra, na que pouco a pouco o director nos adentra na mente enfermiza e perturbada de Jack Torrance representada nunha evolución demencial do seu personaxe polo illamento nun apartado hotel nas Montañas Rochosas. Verdadeiramente surrealista, o mundo paranormal tamén fará a súa aparición nun bastante efectista recheo por parte do escritor mailo director, estrana pero brilante.
Coidando cada vez máis as súas intervencións artísticas, Kubrick volve a carga 7 anos despois con outro filme bélico, desta volta sobre a guerra do Vietnam, La Chaqueta Metálica (1987). Na miña opinión unha das obras mais efectistas e pretenciosas do director. A pesar diso o mensaxe anti-belicista é contundente e o estilo visual inmellorable pero reitero, a min non acaba de convencerme completamente. Véxoa en certa maneira descompensada. A obra póstuma de Kubrick, Eyes Wide Shut (1999), será un magnífico testamento para o director cun filme psicoanalista que profundiza no lado máis oscuro das relacións conxugais. Cando William (espléndido Tom Cruise), un médico triunfador que o ten todo na vida, se entera nunha noite psicotrópica das intencións adúlteras da súa preciosa esposa Alice (Nicole Kidman), este decide vingarse emocionalmente dela nunha onírica e hipnótica noite de luxuria. Unha película perfecta nas formas que sen embargo floxea un pouco no contido na última media hora de filme, a pesar diso un dos grandes filmes dos anos 90. Antes do seu estreo Stanley Kubrick deixaría este mundo para sempre pero a súa personalísima obra permanecerá imperdurable no tempo. En definitiva, unha desas personalidades cinematográficas dignas de eloxio polo DCCC.

 

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Stanley KubrickBeldoña 22/05/2009 16:31
...Pois todo un LUXO é para nós,contar con un xenio da calidade que amosa Don LUIS ESTEIRO - DUANE DUKE-
NORABOA,Amigo

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 22/05/2009 17:15
Bueno, maxistral artículo para enxuizar a obra de Kubrick. Curiosamente respecto a 2001, Odisea del Espacio, pois a semellanza do Castel, nunca fun capaz de vela enteira. Dúas veces quedei durmindo (domingos de resaca) e a última foi aquel día precisamente no ano 2001, cando estábamos véndoa todos naquel cochambroso piso voso de entonces e entón chegou Marcos do Chano avisándonos que un buque escuela ruso estaba atracado no porto de Coruña (o Sedov) e pará alá fóramos todos deixando a peli colgada, ¿acórdaste Luis? jajajaj
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 22/05/2009 18:47
Ainda que a veses non escriba o meu comentario ,leoche siempre, eu de sine non entendo nada e cando vexo unha pelicula nos directores non me fijo e xa non che dijo nada dos protajonistas e sendo os nonbres en ingles xa nada.
Que sijas escribindo coma siempre que aqui estaremos nos pa leerche.
Responder | Denunciar ante o administrador
patrib74
0 # patrib74 22/05/2009 20:54
Felicitarche coma sempre Luis polas análises tan fantásticas que fas sobre os grandes do cine.
Ainda que non son moi amante da obra de Kubrick, teño que "La naranja mecánica" foi unha peli que me impactou moitísimo, moi transgresora, e con "El resplandor" nunca pasei tanto medo e tensión,por suposto cun Jack Nicholson(do q si son fan nº1)soberbio!
Espero que sigas maravillándonos con maestros no séptimo arte.
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 22/05/2009 23:48
Ultimamente fago poucos comentarios, pero son un seguidor fiel da millor páxima web da costa Atlántica, e hoxe despois de leer o artículo de Esteiro non podo pasalo por alto sin felicitalo e darlle os meus parabens. NORABOA LUIS
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 26/05/2009 13:58
Amigo Luis, certamente un grandísimo artigo, da gusto lerche... Tesme viciado a esta sección.

Xenial o prólogo... xogando con buñuel e o surrealismo para introducir a Kubrick dun modo totalmente... SURREALISTA!!! xenial Luis, absolutamente xenial.

En fin, que é imposible ser cinéfilo sen apreciar o cinema de Kubrick, un home que se fixo a sí mesmo, cun selo propio ben marcada (sobre todo nos seus derradeiros films, a partir de 2001).

Sen embargo, e aínda recoñecendo que foi un dos grandes... sempre me pareceu que os seus filmes están sen rematar... o que non deixa de ser unha paradoxa auténtica sabendo do perfeccionismo endémico do Stanley... pero sempre me dan a sensación que non acadan o buscado (que é un camiño non transitado por ninguén máis que él), e que amosan certas inseguridades.. . sendo esta unha opinión moi persoal...

a miña preferida... 2001, unha odisea do espacio... ou Nietzche feito film... Segue sendo un filme apasionante e demoledor... E seguro que Zhúkov tamén o admira no seu interior, pero como ruso convencido, é evidente que non pode facerlle ese dsmán a Tarkovski e a súa réplica rusa na época da Guerra fría que foi Solaris... ;-)

En fin, que sempre desfruto coa tua sabiduría cinéfila Luis, é un luxo lerche e dende logo que é un luxo para a páxina contar contigo.

Sodes a ostia!!

PD: A min gladiator parécema algo máis que espectacular... pero xa falaremos no foro...
Responder | Denunciar ante o administrador