3.9090909090909 1 1 1 1 1 Rating 3.91 (55 Votes)
Artista sui xéneris, a piques estivo Coppola de descerraxarse os miolos en numerosas ocasións
Artista sui xéneris, a piques estivo Coppola de descerraxarse os miolos en numerosas ocasións

Oscilando entre o éxito e o fracaso

"Un home e o seu soño". Este que era o título dunha das súas películas sería o epitafio perfecto que definiría a carreira dun visionario do arte capaz de deixarse levar polos seus soños cinematográficos e de arriscarse a pasar todo un ano na xungla de Filipinas para rodar unha obra maestra que deixara escenas para a historia do cine e arruinarse completamente con ela. Pero capaz tamén de rodar xoias absolutas que resultan éxitos de crítica e público para volver a arruinarse co seu seguinte proxecto. Francis Ford Coppola, director de films como El Padrino, La Conversación, Apocalypse Now, Cotton Club ou Drácula de Bram Stoker, un dos maiores creadores da historia do séptimo arte é obxecto da sección de cine pioneira da Costa da Morte: o lexendario Death Coast Cinema Club de Luis Esteiro Ramos.

Momento da rodaxe de El Padrino, con Marlon Brando e ao fondo, Francis Ford Coppola
Momento da rodaxe de El Padrino, con Marlon Brando e ao fondo, Francis Ford Coppola
O de hoxe vai a ser un homenaxe especial, dun director universal, recoñecido por ser autor dun feixe de obras mestras inmortais, fixas na retina de cinéfilos de todo tipo, dende os fanáticos do cine comercial ata os cinéfilos máis minimalistas, adoradores do cine máis independente, esa é unha das tónicas do noso director de hoxe, abarcar con brilantez todo tipo de estilos cinematográficos. O problema ven dado en certa irregularidade dentro da súa obra, algo descompensada en canto a calidade se refire, na miña opinión claro…Por ese mesmo motivo non encontrei ata hoxe o momento axeitado para renderlle un homenaxe a este coloso, dominador absoluto de toda a linguaxe cinematográfica. Un director encadrado dentro dunha das mellores xeracións de cineastas de todos os tempos, conformada por mestres como Martin Scorsese, Steven Spielberg, Oliver Stone, Michael Mann, Brian De Palma, Michael Cimino ou George Lucas que revolucionaron o cine dende principios dos 70 ata os nosos tempos. Posiblemente o noso director de hoxe sexa o máis talentoso de todos estos pero a diferencia doutros mestres como Scorsese ou Spielberg, máis regulares en canto a calidade/cantidade do seu cine se refire o noso director foi víctima nalgúns momentos da súa vida dun estancamento artístico e económico que de seguido entramos a analizar.
Francis Coppola (Detroit, Michigan, EEUU, 1939), director, productor e guionista cinematográfico. Fillo de artistas, seu pai foi director de orquesta sinfónica e a súa nai actriz de teatro, polo tanto non é difícil adiviñar de onde lle ven o seu talento artístico. Baixando o árbol xenealóxico do director podemos atopar ademáis a súa filla Sofía Coppola, directora, actriz e guionista cinematográfica de certo renome (Las Vírgenes Suicidas, Lost In Traslation), un fillo, Roman Coppola, director de cine e de vídeos musicais, así como unha famosa irmá tamén actriz: Talia Shire Coppola (El Padrino, Rocky…) e tamén un famosísimo sobriño Nicholas Kim Coppola, mais coñecido co nome artístico de Nicolas Cage (Leaving Las Vegas, Corazón Salvaje, Cotton Club, Arizona Baby…), gran actor de antano, hoxe en día rendido o cine comercial máis infumable. Poucas veces na historia do cine se divisou unha familia tan artística, a excepción, tal vez dos Huston. Admirador confeso de grandes mestres cinematográficos coma John Ford (o Ford do seu apelido artístico é en honor a este) e sobre todo de Orson Welles, co cal garda unha inevitable comparación en canto á traxectoria artística e económica se refire pois os 2 foron directores que acadaron o éxito e a cima creativa prematuramente comezando despois a adentrarse nun cine máis minimalista que nunca lles reportaría o éxito anterior e incluso os sumiría na máis profunda bancarrota. Autor con amplos estudios cinematográficos, Licenciado pola Universidade Hofstra de Artes Dramáticas e anos despois Titulado en Artes Teatrais na prestixiosa Universidade de UCLA con Matrícula de Honra. A súa carreira cinematográfica comezou da man do mestre do cine de terror de Serie B dos anos 60 e 70, Roger Corman, traballando como director de 2ª unidade nun dos seus mellores films El Terror (1963). Ese mesmo ano Corman fináncialle o seu 1º filme como realizador Dementia 13 (1963), prácticamente un Serie C do cine de terror onde Coppola deixa xa grandes mostras do seu inxenio, paga a pena ver como manexa o terror con 4 pesos de presuposto, impresionante…
Gene Hackman, en La Conversación
Gene Hackman, en La Conversación
Deixando atrás un periplo de cine moi independente, curtíndose dende abaixo, como mandan os cánones, comeza a principios dos 70 a divisar o éxito. Nun primeiro momento como guionista oscarizado do xenial filme de Franklin J. Schaffner Patton (1970). Esta película tan so será un trampolín para acadar a realización e supervisión completa da súa obra mestra máis absoluta (na miña opinión) El Padrino (1972), recén cumpridos os 30 anos, Coppola amosa ser o director cinematográfico máis preparado técnicamente do cine contemporáneo revisando a gran novela de Mario Puzo sobre o mundo da mafia, centrando a historia nunha familia italoamericana na cúspide do poder do Hampa na Norteamérica de principios dos anos 40, dando así comezo a denominada mellor triloxía da historia do cine (nada que ver coa Triloxía da Tunda claro…). O filme comeza xa de forma maxistral coa boda da filla (Talia Shire) do Padrino da mafia de Nova York, Don Vito Coleone (Marlon Brando), co percorrer da cerimonia iremos coñecendo o resto da familia Corleone, Santino “Sonny” (James Caan), o primoxénito da familia, dono dun carácter moi visceral (o cal lle traerá fatais consecuencias) e mullereiro empedernido. Fredo (John Cazale), o fillo mediano de Don Vito, dotado dun carácter brando e despreocupado (tamén lle traerá fatais consecuencias) e o fillo máis novo, Michael (Al Pacino), de carácter comprensivo e sensible, moi intelixente e sen moitas ambicións de entrar a formar parte da Familia. Tamén se encontra entre eles o fillo adoptivo de Don Vito, Tom Hagen (Robert Duvall), de orixe irlandesa, tendo como función na familia a importante tarefa de Consigliere, ocupándose dos asuntos xurídicos da organización. Trala larga cerimonia Don Vito mantén unha reunión con outros Capos da mafia que pretenden comezar a traficar con drogas na cidade pois ven que o mercado negro ábrese cara ese negocio pero Don Vito é reacio a entrar a formar parte dese lucrativo pero detestable negocio co que, trala reunión, o resto dos Capos comezan a conspirar para sacar do medio a Don Vito. Tralo intento de asasinato deste, a familia Corleone, xa con Sonny a cabeza, comeza a argallar un plan para volver a dominar o seu territorio e que terá na sorprendente figura do irmán mais novo, Michael a peza clave para devolver este dominio a Familia Corleone…O brilantísimo film de Coppola acadaría tan so 3 Oscars (de risa), pero moi importantes, destacando o de Mellor Guión Adaptado para él mesmo e o de Mellor Actor Principal que recaeu nun insuperable Marlon Brando. Cabe tamén facer mención a loita encarnizada que Coppola mantivo cos productores do filme para que Brando e Pacino encarnasen os personaxes principais do filme pois estos eran reacios a aturar o irresponsable e egoísta comportamento de Brando e tamén do pouco estrelato de Pacino querendo estes mellor a Robert Redford (¿facendo de italoamericano?)…Coppola saeuse coa súa e os resultados están ahí a vista de todos. Cume do cine.
Coppola estaba na cúspide do éxito tralos Óscar pero a súa ambición artística tan so acababa de comezar e 2 anos despois estrearía 2 obras mestras consecutivas El Padrino II (1974), a mellor secuela da historia do cine (moitos pensan que mellor ca 1ª parte, non é o meu caso)…Un film máis intelectual e monumental ca 1ª parte pero menos cinematográfico que esta, cada un decide, as 2 forman un círculo perfecto…Reflexando esta última a subida o poder de Michael Corleone co seu correspondente endeusamento que lle traerá numerosos problemas tanto laborais, como conxugais ou fraternais. A evolución psicolóxica tan shakespeareiana que representa no seu papel Al Pacino é absolutamente maxistral ao igual que o flashback estructurado en varias partes que nos conta a historia de Vito Corleone, dende que parte cara Nova York dende a súa Sicilia natal, sendo este un neno, ata a súa ascensión ao poder en “Little Italy”, nesta parte interpretando a Vito Corleone un tamén absolutamente maxistral Robert De Niro (Óscar o mellor actor secundario). Desta volta 3 Óscars para o noso Director: Guión Adaptado, Película e Dirección. Pero ese fantástico ano non remata con este filme senón que o director, querendo demostrar que pode aventurarse noutros xéneros, estrea La Conversación (1974), outra das súas grandes películas, o lado dun mestre da interpretación como Gene Hackman, cun filme de espionaxe gañador da prestixiosa Palma de Ouro no festival de Cannes´74. Seguramente na historia do cine ningún outro director tivo un ano tan aclamado por crítica, público e galardóns. Francis F. Coppola encóntrase no punto de auxe máximo tanto a nivel exitoso como artísitico, o futuro será ben distinto para o noso director…
A saga de El Padrino, posiblemente a mellor triloxía da historia do cine
A saga de El Padrino, posiblemente a mellor triloxía da historia do cine
Sen apenas descanso Coppola adéntrase na tormentosa rodaxe dunha película bélica (a mellor) ambientada na Guerra do Vietnam, adaptando a famosa novela de Joseph Conrad, El Corazón de las Tinieblas, levada a cabo por Coppola de maneira xenial nun exercicio visual e narrativo totalmente innovador e apocalíptico, o igual que a propia rodaxe e o nome do film tamén indican, Apocalypse Now (1979). Sangue, suor e bágoas lle costou este film a Coppola, un longo ano de agonía pola xungla surasiática que case acaba coa súa saude e co seu peto. Para non  extendernos moito e repetir exercicios pasados recomendamos leer a sinópse do filme no artículo Kazan/Brando desta mesma sección. Marlon Brando, Martin Sheen, Dennis Hopper ou Robert Duvall son tan só algunhas das estrelas coas que contou o filme. Cabe facer mención especial o comezo mailo final da obra, espectaculares. O filme acadaría a Palma de Ouro no Festival de Cannes´79.
Despois de rodar en 1982 con Frederic Forrest e a belísima Nastassia Kinski Corazonada, un Coppola arruinado como productor polo despilfarro apocalíptico comeza entón a adentrarse nese cine minimalista que terá, na miña humilde opinión, en La Ley de la Calle (1983) a súa cima creativa dentro desta rama do cine independente. O filme céntrase na figura do xefe dunha pandilla de rapaces, Rusty James (sensacional Matt Dillon), un rapaz problemático, sumido no desorden emocional trala misteriosa desaparición do seu irmán maior,”El Chico de la Moto”, (insuperable Mickey Rourke), cando este enigmático personaxe aparece de novo en escea, os 2 irmáns comezarán unha viaxe existencialista e as veces surrealista, profundizando Coppola no misterioso pasado do irmán maior, un rapaz con moito mundo vivido, a pesar da súa curta idade, e sen moitas gañas de seguir no mesmo. Poética, existencialista, surrealista, estranísima obra de Coppola onde o mestre demostra un dominio absoluto de toda a linguaxe cinematográfica e cunha magnífica fotografía en B/N, film moi superior a outra parte do seu díptico, Rebeldes (1983), sobre a vida nas rúas duns rapaces desamparados e organizados en pandillas que conforman prácticamente o seu núcleo familiar. Acto seguido Coppola embárcase noutra superproducción, Cotton Club (1984), film que recrea o poder do Hampa no Chicago de finais dos anos 20 e principios dos 30, poderíamos chamarlle unha precuela de El Padrino, ambientado prácticamente no lugar de reunión de todos os personaxes do film, o mítico e elitista “Cotton Club”. Outra Obra Mestra onde Coppola volve a poñer de manifesto o seu total dominio da técnica cinematográfica. O film terá na música o punto de unión entre gangsters, actores e músicos da cidade norteamericana. Cun estelar elenco protagonista no que destacan Richard Gere, Diane Lane, Nicolas Cage ou Bob Hoskins. Un film bastante infravalorado na miña opinión.
O mundo dos ganstres en Cotton Club
O mundo dos ganstres en Cotton Club
Tras unha xeira de films independentes (Tucker, un hombre y su sueño de 1988 con Jeff Bridges) e episodios televisivos de escaso éxito, Coppola remata a súa famosa triloxía con El Padrino III (1990). O director decidío esperar os anos suficientes para rematar esta saga caracterizando a Michael Corleone en plena madurez, este xa sen o espírito nin a forza de antano, arrepentido de moitas desgracias provocadas pola súa responsabilidade para manter a flote a Familia. Michael volverá a atoparse con novos inimigos sedentos de poder (incluido o Vaticano) ademais de ter que afrontar problemas familiares cos seus fillos e a súa ex muller (fantástica Diane Keaton). Cabe facer mención a provocadora historia de amor entre primos irmáns que propón no filme Coppola, entre Vincent (Andy García), fillo de Sonny Corleone, dotado este do mesmo temperamento tempestivo co seu pai e maila filla de Michael Corleone, Mary (Sofía Coppola), a atracción que senten o un polo outro pode ser entendida como o preludio da caída dunha familia desestructurada e decrépita. O final do filme e da triloxía non podería ser máis desgarrador. A pesar de non chegar o nivel das 2 anteriores partes trátase dunha grandísima película. Coppola endereza un pouco o rumbo do éxito e mantén o bo nivel co seu seguinte filme, a excelente adaptación da famosa novela de Bram Stoker Drácula (1992). Aquí Coppola da renda solta a todo o seu poder visual e narrativo cunha ambientación perfectamente gótica deste clásico da literatura de terror anque centrándose o director na historia de amor que o mítico conde Drácula (xenial Gary Oldman) mantén cunha moza da aristocracia inglesa na época victoriana (Winona Rider) perdendo o film se cabe en aspectos puramente terroríficos. O mítico Dr. Van Helsing (Anthony Hopkins) tentará desesperadamente salvar a moza das fauces do atormentado conde rumano. A partir deste momento Coppola mantense nun 2º plano artístico adentrándose no cine tan so coa notable Legítima Defensa (1997), drama xudicial interpretado por Matt Damon, Claire Danes e Mickey Rourke. F.F.Coppola está a piques de estrear o seu derradeiro filme existencialista, Tetro (2009), sobre a migración italiana en Argentina, protagonizada por Vincent Gallo e Maribel Verdú. Esperamos de verdade con toda a nosa paixón polo cine e  pola súa admirada figura que o filme volva a provocar outra conmoción artística como con outras obras deste fenomenal autor, un dos mais grandes da historia do cine, digno heredeiro do mellor cine clásico do gran Orson Welles.

Comentarios   

Beldoña
0 # Beldoña 01/05/2009 17:46
Luis,nadie mejor que tú,domina el Septimo Arte...Eres todo un artista.
Enhorabuena
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 03/05/2009 23:00
POis sí, tes toda a razón do mundo, Francis Ford Coppola é como Ridley Scott, un mounstruo do cine, que domina a linguaxe cinematográfica absolutamente, pero que se fustra as veces, e determinados filmes non lle saen... deus sabe porqué porque todos sabemos da súa valía...

Colosal reportaxe Luis, coma sempre, noraboa polo esforzo que sen dúbida merece a pena, polo menos para min, que disfruto moito con esta fenomenal sección.
Responder | Denunciar ante o administrador