4.7894736842105 1 1 1 1 1 Rating 4.79 (38 Votes)
A mansión de Stallone, escenario da tunda final: a pelea definitiva entre Seagal e Van Damme
A mansión de Stallone, escenario da tunda final: a pelea definitiva entre Seagal e Van Damme

O Arte Tunderil (Liquidación Total)

Tomando como base uns feitos que supostamente tiveron lugar entre Steven Seagal e Jean Francois Van Damme nunha festa organizada por Sylvester Stallone na súa mansión de Miami, Luis Esteiro Ramos traslada a acción ata un Beverly Hills transformado en xeriátrico de luxo de pretéritos mestres do Arte Tunderil nun relato de ficción que constitúe unha metáfora perfecta sobre a decadencia dun puñado de estrelas de acción en franco declive así como dos efectos inclementes e irremediables do paso do tempo. Desta forma o redactor de cine de camarinas.eu poñe fin a unha subsección do Death Coast Cinema Club adicada a os tipos duros e que fixo historia co relato da tunda final e definitiva entre os seus dous máximos expoñentes: Van Damme e Seagal.

O Dono da Mansión e o Gobernator do Estado de California: Stallone e Schwarzenegger
O Dono da Mansión e o Gobernator do Estado de California: Stallone e Schwarzenegger
Rematada a Triloxía da Tunda, o ensaio sobre crítica de cine máis friki de todo o universo coñecido e por coñecer, gustaríanos finiquitar esta subsección do DCCC non sen antes botarlle un pouco máis de leña ao lume cun feito real acontecido en 1997 na luxosa mansión doutro mítico cargador de lombos cinematográfico, Sylvester Stallone, actor mediocre pero feito a sí mesmo, todo hai que dicilo, gañador dun Óscar ao mellor guión orixinal por Rocky (1976), filme que lle abrío as portas de par en par do soño máis dourado para calquer actor mundial (incluido o noso Javier Bardem…) entrando a formar parte da realeza do Hollywood máis poderoso pero tamén máis comercial. Este actor xunto ao “Master del Universo” Arnold Schwarzenegger, agora respetado gobernador do Soberano Estado de California, conseguiron facer que os productores de Hollywood se lucraran poderosamente co boom do cine de acción durante os anos 80 e principios dos 90. Hai que admitir que hai moita borralla entre a filmografía destes dous malladores ficticios pero tamén non é menos certo que protagonizaron títulos de renome, caso de Acorralado (1978) de George Pan Cosmatos, Terminador 1 e 2 (1984-1991) do gran James Cameron, ou Depredador (1987) de John McTiernan, entre outros filmes de frenética acción. Recordo que todos os rapaces e tamén bastantes adultos daquelas épocas gloriosas se quedaron coas gañas de presenciar un man a man entre os 2 máximos expoñentes do tundismo mundial nun mesmo filme, e a pesar de que houbo propostas cinematográficas para reunilos, quedou todo proxecto en punto morto.
Pero estos 2 actores non nos daban xogo na redacción do DCCC por iso decidimos darlle protgonismo a outros 3 artistas desta mortal arte con cuna oriental. Nun 1º momento homenaxeando ao patriarca de todos eles, o “Xusticieiro Nocturno” Charles Bronson. Máis tarde tocoulle o turno ao mestre das “Trompadas Supersónicas” Steven Seagal para rematar co “Pateador de Bruselas” Jean-Claude Van Damme. O dito antes, con estes 2 últimos actores tunderiles todos os fieis seguidores do Arte Tundista tamén se quedaron coas gañas de velos en acción nun mesmo filme, cara a cara. Como sempre volvémonos quedar coas gañas de ver o resultado final, que na gran pantalla houbera sido de empate, eso seguro, ningún firmaría contrato para acabar mallado polo outro, antes dedícanse os 2 a facer paraugas. Pero en 1997 ocorreu unha anécdota case surrealista, auténtica carnada de Frikis do cine,  sobre todo por tratarse de 2 homes feitos e dereitos, cos petos cheos de cremosos, suculentos e mareantes millóns de dólares como é o caso de Steven Seagal e Jean-Claude Van Damme.
A continuación vamos recrear os feitos acontecidos nese soleado día de 1997 na Costa Oeste dos EEUU, tendo como Guest Star (estrela invitada), testemuña e case árbitro dos acontecementos o mesmísimo Sylvester Stallone, e tan só retocando certos detalles para darlle sustancia narrativa e comicidade a historia, sen máis dilación, con todos vostedes:

Seagal -Van Damme (O desafío final)                <Basado en feitos reais>

¡¡Que alguien me arranque los ojos!!
¡¡Que alguien me arranque los ojos!!
Corría unha calurosa mañá, unha de tantas outras, na paradisíaca Palm Springs, luxoso retiro de galácticas estrelas cinematográficas, unha paraxe case surrealista onde non chega a crise financieira e onde a mítica mona Chita ten a súa mansión, onde tenta desesperadamente, sen ningún resultado, superar as súas adiccións ao tabaco mailo alcohol mentras pinta cadros abstractos coas súas inseparables gafas de sol “Rayban” e a súa festeira camisa hawaiana, vivindo totalmente a corpo de rei…pero non da selva…Ou por onde pasea todos os días na súa inmensa limusina a cadeliña de Keanu Reeves, e non me refiro precisamente a unha das súas cremosas mozas non, senón a un canciño coa mente en branco que se pasa todo o camiño rabuñando e rilando nos sillóns de coiro da súa parte reservada. Si señoras e señores, o soño americano non coñece a palabra intolerancia entre especies. Así é Palm Springs, un lugar perfecto para pasalo ben continuamente, tanto é así que todos os días son festa e hoxe máis ca nunca, pois é sábado e toca montarlle un boa comellada como deus manda na suntuosa e descomunal mansión do vello Stallone. Todo está disposto e os convidados comezan a facer acto de presencia, os George Clooney, Brad Pitt, Matt Damon ou Tom Cruise…¡Non están invitados a festa! ¡Fora de aquí…!, A verdadeira lista de convidados do vello Sylvester confórmana “viejas glorias” do cine de acción.
O 1º en chegar é Michael Dudikoff, de impecable traxe azul pero cunha pequena pero incomoda lesión cervical fruto das súas innumerables pelexas contra ninjas coreanos, ala por mediados dos anos 80, cando aínda era considerado o auténtico e xenuino “Guerreiro Americano”. Acto seguido entran en escea Don Johnson e Jeff Fahey, camaradas de sempre, ambos xa medio a tombos polo previo precalentamento cockteleiro aplicado sistematicamente na luxosa taberna do lado da mansión do vello “Stalos” (pa simplificar), tamén propiedade del…¡TODO É PROPIEDADE DEL!..., incluidas as voluptuosas rapazas que amenizan o distinguido evento. O vello Don deleitanos cun entallado traxe de lino branco con camisa de mallas e calzando mocasíns, rendendo homenaxe a súa etapa do duro pero xusto Sonny Crockett, (hai quen pensa que quedou estancado emocionalmente naquela época). O vello Jeff, polo contrario chega con camisa a cadros, encorando de calor, rendendo homenaxe ao playboy d´antaño, Duane Duke, da mítica Psicosis III, anque xa o pobre vido a menos polas innumerables laradas o lado do seu inseparable colega Don. O resto do convite non ten tampouco desperdicio e vai chegando pouco a pouco o xa de antemán disparatado evento, entre todos os alí presentes podíanse distinguir rostros tan emblemáticos como os de Dolph Lundgren (Rocky IV, Red Scorpion, Chantaje Nuclear…), Michael Paré (Calles de Fuego), Mark Dacascos (El Color del Honor), Lou Diamond Phillips (Arma Joven), Lorenzo Lamas (Snake Eaters, Renegado), Eric Roberts (Campeón de Campeones) ou Brian Bosworth (Frío como el Acero) e lexendarias Guest Stars máis entradiñas en anos como Carl Weathers (Acción Jackson, Rocky II, III e IV), Gary Busey (Alerta Máxima), Lou Gosset Jr. (El Castigador, Águilas de Acero) ou o sempre eficiente Rutger Hauer (Justicia Ciega), este último rajador de rajadores, un auténtico “Showman” da noite desenfreada. Non podían faltar tampouco un par de rapeiros do cine de acción, nesta ocasión Ice Tea e Ice Cube eran os elexidos, entrando ambos a trompicóns, desafiantes e sen saudar a ninguén agás o anfitrión cun mareante choque de mans en clave que deixan o vello Stalos medio-temblando ou o agora renacido Mickey Rourke (Dos duros sobre ruedas, Orquídea Salvaje). En fin como dicía un bo amigo meu so faltaba Chuck Norris sirvindo as copas.
Mickey Rourke daquela, como se pode observar na imaxen, andaba bastante derrotadiño
Mickey Rourke daquela, como se pode observar na imaxen, andaba bastante derrotadiño
Entón un par de horas máis tarde e tras facerse bastante de rogar, entrou pola porta, tendo que encollerse, claro está, para poder encaixar os seus case 2 metros de altura o “Trompadista Supersónico” Steven Seagal. -¿Qué pasa vello Stalos, como che vai a vida , que tal a muller e mailos fillos?- o cal moi cordialmente contesta o vello “Stalos” cun – A muller onde vai que me escapou co limpiador da piscina e os fillos nin caso me fan- o que responde Seagal cun empático – Bueno home, ¡benvido o club!-. A festa comeza e con ela o concurso de haber quen raja máis alto pero non máis claro, o ambente é o adecuado… Unha hora despois de Seagal, entra pola porta o último convidado de honra, o “Pateador de Bruselas” Jean-Claude Van Damme, impecable, vestido metrosexualmente, entrando pola porta a cámara lenta como nunha das súas disparatadas películas de acción e feito un auténtico trinquete que non pasaba desapercibido polas féminas da festa, que tamén as había, todas elas de intachable virtud…Agora si que xa non faltaba ninguén, o mordomo xa podía pechar as comportas tranquilamente.
Un par de horas mais máis, tralo suculento banquente ofrecido polo vello “Stalos” e tras baixar entre todos media reserva da súa inmensa bodega de viños, anque chegado un punto xa non diferenciaban ningún deles o bo viño do picado, dispóñense todos os presentes a rematar a contundente comellada  saboreando un infinito habano coa correspondente copa de cognac entre os dedos da man o pe da chimenea (tan só faltaba o batín de terciopelo mailo monóculo germánico), prendida por Stallone tan so para aparentar calor fogareño. Alí mesmo Dolph Lundgren pedíalle consello a Steven Seagal sobre a mellor forma de rachar un pescozo cun pulgar, o que este respondía imitando o movemento –¡Tes que facer así, Dolph!-, axitando a manopla dereita a boleo, mentres tanto o vello Dolph non perdía detalle ao perigoso movemento dos seus tremendos remos. Ao outro lado do letal evento, Van Damme iba o seu, contándolle batalliñas e chistiños ás rapazas, co seu pelo longo (anque xa foi máis) engominado para atrás e por si acaso sen sacar dos ollos as súas espectaculares gafas de sol bermellas (estilo Bono de U2). En 3 palabras: ERA TODO DEL.
Despois dese día, Seagal pasouse á música
Despois dese día, Seagal pasouse á música
Rajando fuerte por babor mantíñase Rutger Hauer, imitando o seu mítico e replicante monólogo final de Blade Runner mentres Stallone daba pasos cara atrás amodiño para tentar zafarse do mil e unha veces imitado e requete-escoitado discurso do vello e entrañable Hauer (…He visto...atacar naves en llamas más allá de Orión… He visto rayos C brillar en la oscuridad cerca de la puerta de Tannhauser…). Stallone divisa tras un monte de afumeantes cabezas a conversación que andan a manter Seagal e Lundgren co que decide apuntarse a aparentemente dicharacheira conversación que manteñen o norteamericano mailo sueco. Stallone chega como a auga de maio pois o vello Seagal xa está canso de inventarlle chaves imaxinarias a un atentísimo Dolph Lundgren, nun auténtico e vulgar desperdicio de enerxía vital. Stallone colle o testigo de Seagal e prosegue a conversación co sueco, vacilando este ao rubio mangarallán cun – ¿Recordas a malleira que che din en Rocky IV, vello camarada Dolph?, que tempos aqueles ¡eh!-. Respondendo este cun - Si o combate final estivo ben pero o mellor de todo foi cando o presidente da Unión Soviética se levantou do asento do seu palco de honra para aplaudir o teu diplomático e reconciliador discurso final - co que os 2 actores, quedan mirando un para o outro e tras un fugaz silencio, comezan a escachar cunha risa totalmente maliciosa pegándolle ambos un sedento grolo as súas copas de Cognac, brindando inconscientemente polo inmellorable comentario de Dolph, este aínda fino de reflexos co seu gancho de dereita. Aparece en escea Dudikoff botándolle unha choiva dourada dentro da chimenea de Stallone, mentres o reflexo do lume facía brilar os seus  aliviados ollos azuis. Dolph Lundgren reacciona recriminando a infantil actitude a Dudikoff, este respóndelle este cun, non exento de razón – ¡Pero vamos a ver Dolph como un tipo que se pon a facer unha persecución con coches polos tellados de Nova York nun disparate total como foi Chantaje Nuclear se atreve a recriminarme a min nada –. Ante tal comentario a Lundgren non lle queda mais remedio que calar a boca e baixar as orellas.
Stallone nas súas boas épocas dos Rockys
Stallone nas súas boas épocas dos Rockys

O ambente non podía ser máis borracheril, o sempre marcarra Brian Bosworth ata trouxo consigo a súa mítica mascota, un lagarto que levaba sempre no seu hombro e o cal lle metía pitillos na boca pa fumar. Mentres tanto Seagal tómase un merecido e importante repiro individual para pegar unha boa visual  tanteando co seu escaner óptico o percal que por alí andaba solto o compás dun interminable trago de Cardhu sen aire. Entón Seagal comeza a emparanoiarse observando a Van Damme con certo recelo, empequenecendo aínda máis se cabe os seus xa de por si achinadiños ollos. Por alí aparece de súpeto en escea na busca de xeo un case irrecoñecible Eric Roberts, máis recauchutado que nunca pero menos que mañán, saudando amizosamente entre balbuceos a Seagal o que este responde cun despreciable –Mira Eric para este chuliño de Van Damme que caso lle fan as hembras, Ahhyyy!!! se tivera 10 anos menos, ¡xa verías ti xa…Hummm!- respondéndolle rapidamente o irmán de Julia cun – ¡¡Siiii,!!! este porco estranxeiro deixanos sempre sen probar bocado -, desaparecendo na misma a tombos entre unha espesa néboa de fume de puros . Van Damme, visiblemente pasado, e tamén co ego enchido tralo aumento de testosterona acumulado polo arroupo feminino, acércase a Stallone, Seagal e Lundgren para coller un pouco de aire antes de volver xunto ás “nenas” con novas batallas que contar e de nunca acabar. O alcohol facía mella xa nos rostros de todos os presentes, sobre todo nun Rutger Hauer que andaba polo salón a tombo limpio e con rumbo de colisión. O cerebro mantíñase xa en punto de non retorno cara a cordura. Entón Seagal comeza a poñerse sarcásticamente vacilón mentres Van Damme fala con Stallone, este último intenta desviar a atención cambiando de tema, pero a mecha xa está prendida entre ambos mestres Tundistas…Xa non hai volta atrás, está en xogo a dignidade masculina…de todas formas Van Damme da por perdido o asalto e segue a Stallone ata a barra do bar para tomar unha copiña ou dúas de penalti, para tentar sofocar o avivado lume do seu visceral temperamento e que lle corroe ata as entrañas. O bo de Stallone ten unha reputación que manter como mellor anfitrión de festas da costa pacífica e non permitirá que o seu nome sexa mancillado con deshonor por unha pelexa infantil sen haber antes cartos por medio. Pero Seagal ten ganas de leria, non se sabe moi ben o por qué, supoño que será pola vanidade do seu ego profesional…Entón a Van Damme fúndenselle os plomos entrando de súpeto en cólera, escachando a súa copa de Cardhu contra o chan -¡Ajuantádeme, que o mato!- proclama aos 4 ventos, mentras os xeos recorren o mármol do espacioso salón axedrezado. Seagal recúa ante a mirada de odio co que o fulmina Van Damme – ¡Tranquilo macho, tan só estaba a bromear!. Pero Van Damme xa estaba fora de si… –¡Vamos ti e máis eu para fora, vouche amosar quen é o mellor!. O parecer o alcohol baixoulle de súpeto a Seagal e nun alarde de cordura cobarderil abandona a mansión de Stallone, non sen antes agradecer apresuradamente con sonrisa pintada e temblorosa e mirada de pánico o excelente trato recibido. Os fortachóns da festa, Stallone, Lundgren ou Weathers fan o que poden para amansar a fera indomable na que se transformou Van Damme. Seagal embarca rapidamente no seu espectacular Ferrari F-40 de cor negro, fuxindo con deshonor mentras levanta a gravilla do chan salpicando en pleno a nosa angulada cámara traseira. Acto seguido fai o propio Van Damme poñendo en marcha o seu reactor nuclear, un Lamborghini Diablo de cor branco, tentando alcanzar o “Trompadista Supersónico”.
De volta outra vez á festa, cun Stallone estando xa ata o carallo de todo e decidido a tomar medidas drásticas suspende taxantemente a festa no seu punto de auxe frualleril- ¡Todo o mundo pa casa, me cago en ñosss! esbozou entre dentes o poderoso actor italoamericano, comezando todos a desfilar, como poden, uns a tombo limpio, outros non tanto, cara a porta de saída, mentras tanto as limusinas esperan no portalón da mansión co motor xa en marcha. Todos saen polo seu propio pe menos Rutger Hauer, o cal teñen que sacar pola porta de atrás como cando a un toureiro lle asestan unha letal cornada e é retirado entre aplausos do público, o panorama que levaba amosando durante toda a festa Hauer era dantesco, cunha copa nunha man, un habano na outra e con serias dificultades para manterse en pe mentras balbuceaba sen xeito nin maneira frases que desaparecían como bágoas na chuvia (..¡¡mmm ... a porta de Tannhauser!!...). - ¡Un día teno calquera! - afirmáballe Jeff Fahey a Stallone, asentindo este coa cabeza gacha mentras sacaba para fora a Rutger Hauer. Esa foi a derradeira festa que ofreceu na súa maxestuosa mansión o gran anfitrión de anfitrións da costa pacífica Silvestre Stallone…
Un home amarrado de por vida a unha película e a un monólogo: Rugter Hauer
Un home amarrado de por vida a unha película e a un monólogo: Rugter Hauer
A acción céntrase definitivamente nos 2 protagonistas principais da historia nun auténtico final de relato “Made In Hollywood”.
Seagal segue apurando a potencia o seu Ferrari F-40 polas estreitas e barrancosas carreteiras do paradisíaco retiro millonario, pero xa polo seu retrovisor comeza a divisar ao lonxe un ameazante ente luminoso… trátase de Van Damme que ven facendo “O Rally de Palm Springs” co seu Lamborghini Diablo, totalmente envenenado cos ollos inxectados en sangue de rencor desenfreado escoitando o tema musical I´m Broken de Pantera (en cinta de cassette) para tolear ainda máis se cabe, tendo como único punto de mira a estela do Ferrari de Steven Seagal. Seagal non está para músicas en casette e aviva o lume do seu cohete-movil ante a ameazante presencia do visceral actor belga facendo que múltiples coches que viñan de frente foran literalmente barridos sen piedade contra a cuneta, tras unha pirotécnica persecución, Seagal por fin chega ata un dos seus locais nocturnos, alí tentará continuar coa festa rachada pero vixiando o perímetro de reollo. Mentras tanto Van Damme divisa o Ferrari aparcado detrás do local e baixa disposto a axustar contas con semellante bocazas. Pero cando Seagal pensa que esquiva definitivamente a Van Damme, ve entralo no local con obxetivo fixo e comezan os 2 unha sucesión de zarandeos contra as columnas do local arrastrando por medio a bailaríns, camareiros, mesas e demáis enseres pero que desgraciadamente para min e para vos quedan en nada pois, según contan as nosas fiables fontes a sangue non chegou o río gracias a aparición final do gran Clint Eastwood, mediando este no conflicto farto polos contínuos ruidos discotequeiros que o manteñen en vela dende hai xa moitos anos, poñendo orden no local cun par de tiros o teito do seu preciado rifle de asalto Winchester regalado polo mesmísimo John Wayne e mentres apunta os 2 actores coa súa mítica mirada enfurecida exclama un lapidario: ¡ALEGRÁDEME O DÍA ACTORES DE PACOTILLA!...esas foron as súas únicas palabras, as luces encendéronse e a música electrónica detívose definitivamente… En canto a noticia saeu nos periódicos, o periodismo rosa cebouse sobre ela coma os buitres sobre a carroña e correron ríos de tinta sobre o alí sucedido. O único que aclarou en certa medida o conto foi o propio Sylvester Stallone que afirmou que houbo festa, discusión, ameazas e nada máis pero ante a morbosa pregunta dun periodista  -¿Quen cree que gañaría a hipotética pelexa, Sr. Stallone?- este respondeu cun taxante – Seagal recuaba, sabía de sobra que non tiña nada que facer contra Van Damme, por iso achantou o home, Van Damme domina máis artes de loita e ademais é mais novo ca el – FIN.
Derrumbóusenos o mito na redacción…Steven Seagal non é invencible. ¡Ahhyyy! vello Steven se Charles Bronson  levantara a cabeza…

Comentarios   

kecho
0 # kecho 08/04/2009 11:45
tantas nuites de rajamentos borracheriles expostos akí de forma magistral polo meu amijo castle. E as horas que nos quedan ainda...
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 19/04/2009 00:24
EXCELENTE TRABAJO Y DE GRAN CALIDAD,COMO TODOS TUS ARTÍCULOS.
ENHORABUENA.

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador