- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 03 Abril 2009 03 Abril 2009

Fotograma cas portadas da sección de camarinas.eu que rende homenaxe á maxia do cine
Unha exposición de Cine
Parece ser que o Concello de Camariñas se fixo eco da gran cantidade de camariñáns que leen e comentan os artigos do noso redactor de cine Luis Esteiro Ramos na súa sección "Death Coast Cinema Club" e hoxe ven de anunciarnos mediante unha nota de prensa que esta tarde ás 8 da noite comezará unha exposición en Camariñas adicada ao séptimo arte. O caso é que nela farase un percorrido audiovisual por toda a historia do cine desde os seus comezos ata o día de hoxe pasando polo estilo made in Hollywood, o cine europeo, o soviético, etc.. A exposición chamada "Rodando, un percorrido pola historia do Cine" está situada no local da Marina e estará aberta tódolos días ata o 13 de abril de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Pulsa na imaxe para ver os temas da exposición.
Introdución
Tal como recolle o seu título, a exposición “Rodando, un percorrido pola historia do cine”, ofrece un percorrido pola historia do sétimo arte, partindo dende a súa invención para chegar ata os nosos días, facendo especial fincapé nos cines español e galego.
- Conxunto de paneis retro iluminados.
- Dúas proxeccións de vídeo con contidos representativos de momentos fundamentais da historia do cine.
- Unha colección de obxectos representativos da historia do cine complementan a exposición. Preséntanse en vitrinas e manequíns.
- Audio para a ambientación da sala con bandas sonoras de películas.
- A orixes do cine.
- O cine mudo (1895 – 1929).
- O triunfo de Hollywood
- O cine expresionista alemán
- A irrupción do cine soviético
- A transición cara ao cine sonoro
- O cine clásico (1929 – 1959).
- A idade de ouro de Hollywood
- O cine europeo
- O cine moderno (1959 – 1980).
- A Nouvelle Vague
- Os Novos Cines e o apoxeo do cine de arte e ensaio
- A renovación do cine americano
- O cine na era audiovisual (1980 – 2008).
- Historia do cine español.
- Historia do cine galego.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.