4.8297872340426 1 1 1 1 1 Rating 4.83 (47 Votes)
Con motivo da exhibición nos cines da súa última película, camarinas.eu adica o seu DCCC a Clint Eastwood
Con motivo da exhibición nos cines da súa última película, camarinas.eu adica o seu DCCC a Clint Eastwood

Volve tras un tempo unha sección clásica de camarinas.eu con edicións que contan as súas visitas por decenas de miles. Trátase da sección de cine pioneira da Costa da Morte, o DCCC, que desta volta está adicado a un dos cineastas máis respetados dende sempre por esta redacción ao completo:  Clint Eastwood, o tipo duro que albergaba un corazón de poeta e que ven de filmar outra das xoias ás que nos ten acostumados, Gran Torino. A carreira do último gran artesano de Hollywood é analizada nun artigo perfecto polo redactor de cine de camarinas.eu: Luis Esteiro Ramos.

Un poeta latente no corazón dun tipo duro

Sin Perdón, obra cume do western e na que Clint Eastwood creou a súa maior xoia cinematográfica
Sin Perdón, obra cume do western e na que Clint Eastwood creou a súa maior xoia cinematográfica
Cando a principios dos anos 70, o actor [[Clint Eastwood]] decidía ampliar horizontes cinematográficos poucos eran os que lle aventuraban un feliz desenlace pois naquel entón, o hoxe idolatrado director, tan só era considerado como un actor duro de [[Hollywood]] e aínda que comezaba a obter notoriedade dentro do gran público non ocorría o mesmo en canto e crítica se refire, nin tampouco recoñecemento entre os máis intelectuais da industria hollywoodiense. Moitos non sabían que detrás daquel rostro de pedra maciza e impenetrable mantíñase escondido un latente talento lírico. A súa historia é bastante peculiar pois foi un director forxado a base da aprendizaxe ó lado doutros mestres cinematográficos como Sergio Leone ou Don Siegel, este último en concreto apadriñouno durante os seus comezos, sabía ben da madeira do seu pupilo. O cine de Esatwood estará sempre influenciado polo arte destes 2 grandes da cámara e en todo momento soubo reciclarse a si mesmo mellorando todas as súas cualidades artísticas no crepúsculo da súa vida: unha mente lúcida e desperta os seus case 80 anos, que se di cedo... Con todo merecemento o gran Clint pasará a engrosar as listas da sección cinematográfica de Camarinas.eu, a reinventada Death Coast Cinema Club.
[[Clinton Eastwood Jr.]], actor, director, productor, guionista e músico de cine, naceu no seno dunha familia humilde na sempre cinematográfica cidade de San Francisco, California, EEUU, 1930, pero dende moi novo tivo que trasladarse de cidade en cidade percorrendo de cabo a rabo unha Norteamérica devastada pola Gran Depresión polo que moi cedo tivo que deixar apartados os estudios para poñerse a traballar en disparidade de oficios: leñador, albañil, pianista, bombeiro forestal, limpapiscinas, obreiro do metal, etc. Máis tarde cumpliría o servicio militar o que lle permitiría aforrar uns cartos que invertiu moi sabiamente en leccións de arte dramático. Tras un duro comezo como actor secundario chegoulle a súa gran oportunidade ó rexeitar James Coburn o papel principal de mercenario no gran Spaghetti Western de [[Sergio Leone ]] , [[Por Un Puñado de Dólares]] (1964), iniciándose así unha maxistral triloxía ó lado do director italiano: a denominada “Triloxía do Dólar”, a cal tivo con [[El Bueno, El Feo y El Malo]] (1966) o auxe do mortuario subxénero, unha maxistral volta de torca o Western máis clásico e que fascina a toda a redacción desta web. Tralo éxito destes films de baixo presuposto o gran Clint decide rematar o seu periplo ó lado de [[Sergio Leone]], evitando así encasillarse como actor comezando outra colaboración estelar co director de [[Don Siegel]], con títulos tan maxistrais como El Seductor (1971) e Harry, El Sucio (1971), consagrándoo este último papel como actor duro, co que pasa a converterse nunha estrela a partir dos anos 70. Pero o gran Clint non se conforma con este éxito pasaxeiro e decide pasarse tamén detrás da cámara,  sendo apadriñado polo propio Siegel durante os seus duros comezos na dirección, faceta na que nos centraremos con máis atención apartir de agora.
Os comenzos: Infierno de Cobardes
Os comenzos: Infierno de Cobardes
O seu debut prodúcese cun excelente filme de suspense, Escalofrío en la Noche (1971), facendo tamén as labores de actor protagonista. Como o propio título indica trátase dun escalofriante exercicio de suspense onde un atractivo e famoso locutor de radio é acosado por unha fermosa e sensual moza…psicópata, xenialmente interpretada pola actriz Jessica Walter. Eastwood xa neste filme decide rachar co “establishment” cinematográfico analizando o perfil psicolóxico dunha psicótica femme fatale. Co seu 2º filme, [[Infierno de Cobardes]] (1973) aplica as manieristas ensinanzas de Leone, tanto na dirección como na interpretación, nun Western oscuro, misterioso e ambíguo, repleto de personaxes retorcidos e convertida hoxe en día nunha das súas mellores obras. Continuando co western sumerxémonos noutro dos seus mellores filmes, Josey Welles, El Fuera de la Ley (1976), outra vez desempeñando doble función e outra vez dando unha volta de torca o xénero cun personaxe atormentado pola perda da súa familia durante a Guerra de Secesión Norteamericana e sedento de vinganza na procura dos asasinos, polo camiño irá rodeándose de todo tipo de peculiares personaxes. O film contén ademáis unha das frases lapidarias mais celebradas pola redacción, -Los buitres también tienen derecho a comer al igual que los gusanos-, tan so posta aquí como referencia para aqueles que cando vexan o filme contemplen a impactante escea en todo o seu esplendor…
Deixando atrás unha etapa, chamémoslle de transición, o gran Clint decide revisar a obra mestra de [[George Stevens]] Raíces Profundas, sen dúbida un dos mellores Western da historia do cine, co gran remake [[El Jinete Pálido]] (1985), onde Eastwood volve repetir doble función, unha tónica durante toda a súa carreira, engadíndolle ademáis o seu orixinal personaxe de pistoleiro- predicador un misterio e ambigüedade aínda maior que o pistoleiro interpretado por Alan Ladd (con esto non quero decir que iguale a calidade da orixinal). A partir de agora Eastwood dará un salto de calidade dentro do seu cine que xa non terá fin ata nosos días. Con El Sargento de Hierro (1986), inicia unha xeira de personaxes antolóxicos como nesta especie de comedia bélica, onde se pon na pel dun duro e expeditivo sarxento militar coa difícil misión de adestrar a uns adefesios humanos desidentes na súa estancia no exército, nun exercicio educativo por parte de Eastwood ensalzando valores tan importantes como a disciplina, a orden ou a camaradería. Tras un brillante biopic Bird (1986) do gran saxofonista de [[Jazz]], [[Charlie Parker]], xenialmente interpretado polo actor afroamericano [[Forest Whitaker]] e onde Eastwood deixa patente a súa fascinación por este estilo musical, o noso cineasta adéntrase na tormentosa rodaxe de [[La Reina de África]] con [[Cazador Blanco, Corazón Negro]] (1990) meténdose na pel do seu director [[John Huston]], aínda que sen acreditalo no guión, sen dúbida unha das mellores películas do gran Clint, servíndonos este un personaxe antolóxico, cargado de ambigüedade e xenialidade a raudais, dándolle o actor ó seu personaxe unhas connotacións desconcertantes sobre a controvertida e maniática personalidade do director de orixe irlandesa, na miña opinión a mellor interpretación de Clint Eastwood. O film tamén nos brinda o descubrimento dun novel actor, [[Jeff Fahey ]](noutrora Duane Duke nunha disparatada secuela de Psycho, a cal impresionou, non pola súa calidade precisamente, a este humilde servidor…) que neste film da vida o sufrido e case que único amigo do personaxe de Eastwood, o escritor de orixe xudea Peter Viertel, guionista do film de Huston pero tamén guionista do de Eastwood, e que nos conta de primeira man a obsesión do enerxético Huston por cazar un elefente no continente africano, facendo incluso retrasar a realización do filme debido o seu capricho. Un film “Made In Eastwood”.
Un dos maiores xenios destes tempos tralas cámaras e diante delas: Clint Eastwood
Un dos maiores xenios destes tempos tralas cámaras e diante delas: Clint Eastwood
Será un par de anos despois, cando o gran Clint despregará todo o seu lirismo na súa mellor película, unha das mellores dos 90, ademáis do mellor western dos útimos 40 anos, toda alabanza é pouca a hora de presentar [[Sin Perdón]] (1992), un western crepuscular cun magnífico poker de veteráns actores: [[Clint Eastwood]], [[Gene Hackman]], [[Morgan Freeman]] e [[Richard Harris]]. Podemos chamarlle o filme da desmitificación do western clásico, humanizando a todos os personaxes, homes queimados polo mal vivir, atormentados pola violencia cometida no pasado, sen tempo a redención, desquiciados o vivir durante toda a súa vida nesta espiral de violencia decadente, perdedores na búsqueda dunha felicidade arrebatada xa de antemán dende o día que naceron nesa terra decrépita e inhóspita, quédome sen palabras para describir o lirismo que emana deste maravilloso filme…Este conta a historia de William Munny ([[Clint Eastwood]]), un pistoleiro reconvertido malamente a granxeiro que un bo día é identificado por un mozo pistoleiro ([[Jaimz Woolvett]]), este proponlle saír na procura duns bandidos que acaban de cortarlle a cara a unha prostituta ofrecéndolle como aliciente unha suculenta recompensa, Munny acepta ante a miserable situación económica e sobre todo moral que atravesa. Tras unirse ó grupo un vello pistoleiro ([[Morgan Freeman]]) amigo de Munny, os 3 aventuraranse a dar caza e captura a eses indeseables pero no seu camiño interporase un implacable Sheriff ([[Gene Hackman]]) que vixía corruptamente o condado no que os 3 pistoleiros deben rematar o seu traballo…Deixo tan so a sinopse para non desvelar nada importante a todo aquel que aínda non vira esta gran obra mestra gañadora de 4 merecidísimos premios Óscar entre os que destacan o de mellor director e mellor película.
Outra gran obra para a posteridade: Gran Torino
Outra gran obra para a posteridade: Gran Torino
Despois do espaldarazo definitivo da crítica, Eastwood realiza unha xeira de grandes filmes: Un Mundo Perfecto (1993), [[Los Puentes de Madison]] (1994), Poder Absoluto (1996) ou [[Ejecución Inminente]] (1999). Detémonos agora noutro dos seus maxistrais e ambíguos filmes, [[Mystic River]] (2003), outro dos filmes desubicados dentro da súa temática, existencialista ata a médula. O filme comeza con 3 nenos xogando o hockey na rúa, un deles será raptado por 2 dexenerados que abusan sexualmente del, o rapaz fuxe deles pero quedará trastornado psicoloxicamente de por vida. Uns 30 anos despois xa son homes e a vida será distinta para cada un deles pero un novo suceso marcará a súa vida de novo e entrelazaranse as 3 vidas destes antiguos amigos separados tralo terrible suceso vivido na súa infancia. Outro magnífico elenco protagonista, [[Sean Penn]] (gañador do Óscar pola súa maxistral interpretación principal), [[Tim Robbins]] (espléndido e gañador o de mellor actor secundario) e [[Kevin Bacon]] perfectamente secundados por 2 grandes actrices como [[Marcia Gay Harden]] e [[Laura Linney]], sen olvidar a [[Laurence Fishburne]]. Sen dúbida outro dos seus mellores films.
Acto seguido Eastwood volve a deleitarnos con outro film de lirismo desbordante, a magistral e conmovedora [[Million Dollar Baby]] (2004), sen lugar a dúbidas un dos mellores filmes que se poidan ver, realizados neste novo milenio. O filme narra a historia de 2 vellos perdedores, un maniático manager de boxeo ([[Clint Eatwood]]) e un ex boxeador afroamericano ([[Morgan Freeman]]), axudante do ximnasio propiedade do anterior, cando o primeiro perde o seu gran pupilo, por considerar este que o sobreprotexe demasiado á hora de dar o salto definitivo polo título mundial dos pesos pesados, decide, non sen antes facer todo tipo de reticencias, entrenar a unha xa maduriña rapaza ([[Hilary Swank]]), a cal ante a súa perseverancia e talento acabará por convertela nunha verdadeira campeona. O filme analiza a progresión do vínculo afectivo que se establece entre ambos personaxes chegando este a un límite paterno-filial pero que con motivo dun fatal golpe do destino fará que o vello manager teña que decidir levar a cabo a acción mais difícil da súa vida…O filme acadaría 4 novos Óscars: mellor película, dirección, actriz principal ([[Hilary Swank)]] e actor secundario ([[Morgan Freeman]]). Unha das grandes xoias de Eastwood. Entramos na recta final co seu díptico sobre a [[2ª Guerra Mundial,]] concretamente sobre a conquista da illa de [[Iwo Jima]] (Xapón) polos EEUU, suceso bélico que dou carpetazo definitivo a mais terrible guerra que asolou a historia da humanidade, proposto por Eastwood con 2 filmes, [[Banderas de Nuestros Padres]] (2007), análisis do bando aliado (EEUU) neste conflicto e [[Cartas Desde Iwo Jima]] (2007), análisis dos perdedores, o bando do eixe central (Xapón), profundizando nas 2 culturas contrapostas dos 2 bandos nunha gran reflexión do noso director. O ano pasado, o gran Clint aínda tivo tempo de realizar 2 filmes Gran Torino (2008) e un thriller, [[El Intercambio]] (2008), film basado en feitos reais sobre o rapto dun neno e a incesante búsqueda deste por parte da súa nai, removendo esta terra e ceo e incluso o poderoso, corrupto e perigoso estamento policial. Un gran film onde brila con luz propia [[Angelina Jolie]].
Poñemos neste intre o punto final o artículo pero tan so o punto e aparte na súa monumental filmografía xa que seguiremos ilusionantemente expectantes a novos proxectos do director máis en forma do cine actual.
{mos_ri}

Comentarios   

mantida
0 # mantida 17/03/2009 16:56
Vin comarea de piliculas de Clint e siempre me justou ainda que non son muy sinefila,calque r película que vexa de él siempre o relasiono co as de vaqueros,pero bueno como director, guionista e actor da a talla en todo.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 17/03/2009 20:11
Bueno, efectivamente, non podía estra máis de actualidad o DCCC con este gran artículo de Luis. Acabo de ver Gran Torino, gran película na línea xeral de siempre de Eastwood. As miñas preferidasain duda son Sin Perdón, Cazador Blanco Corazón Negro, El Sargento de Hierro e dúas un pouco esquencidas pola crítica como son a excepcional historia de amor de Los Puentes de Madison e unhas das mellores películas bélicas da historia: "Banderas de nuestros padres". Cartas de Iwo Jima, pois que queredes, non me gustou muito. En fin, Esatwood, un grande entre os grandes. Ben como actor, ben como director. Ben como personaje en si.
Responder | Denunciar ante o administrador
kecho
0 # kecho 19/03/2009 09:47
Volve unha seccion que xa a podemos denominar coma un clasico de camariñas.eu e tamen unha das miñas favoritas. Bien por Castle bien por Camariñas.eu SEGUIDE ASÍ RAPACES. Un saludo para todos
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 20/03/2009 16:06
Excepcional reportaxe Luis, magnífico coma sempre.

Clint é dos meus directores preferidos... e... camarada Zhúkov... casualidade que tamén son Sen Perdón e Cazador branco corazón negro as miñas películas preferidas deste inmenso personaxe do cinema de todos os tempos.

Tamén prefiro con diferencia a de Bandeiras de nosos Pais á de Cartas... aínda que esta tamén me gustoru ben.

"Un mundo perfecto" "As pontes de Madison", "O xinete Pálido", "Medianoite no Xardín do ben e do mal" "Mistic River"...buff ... incluso as máis fallidas películas dirixidas por este xenio teñen cousas resaltables (estou a pensar nesa mítica frase do final de Execución inminente: "Santa claus sempre cabalga só..." ;-)

E coma actor, xa non falamos como borda os personaxes de tipo duro xa nas pelis con Leone coma nos Harry e demáis de Don Siegel.

Clint merece un posto de honra na historia do ser humán...a súa figura trascendo do sétimo arte para se converter nun icono universal...pat rimonio do ser humán...ahí queda iso.

Un saudo compañeiro e os meus parabens.
Responder | Denunciar ante o administrador