Actividades de verán no Concello de Camariñas

Actividades de verán no Concello de Camariñas

A pasada semana presentáronse as actividades de verán que se ofertan dende o concello de Camariñas, mais entre elas faltaba unha que se suma nos últimos días. Trátase de unha aula de palillo que terá lugar nas mañás de martes a venres con horario de 11 a 13 horas con grupos divididos entre adultos e nenos. O espazo seleccionado para levar a cabo esta actividade é a aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe de Camariñas. A inscrición é totalmente gratuíta e os interesados so terán que anotarse previamente na biblioteca pública do municipio ou ben no propio museo do Encaixe. ...
O Museo Man de Camelle acolle a exposición “Desde el Mar”

O Museo Man de Camelle acolle a exposición “Desde el Mar”

A pintora balear, Diana Bustamante, chega ao Concello de Camariñas coa súa exposición “Desde el Mar” que ficará no Museo Man de Camelle dende o 30 de Abril até o 30 de Maio. Nada en Santa Eulalia del Río, un municipio da illa de Ibiza, Diana Bustamante licenciouse en belas artes pola Universidade Complutense de Madrid. No seu traballo conxunta e relaciona técnicas de pintura, debuxo e collage coas técnicas de gravado ao collagraph, monotipos e outras cousas. Nesta exposición a pintura da artista balear está protagonizada polo mar e nas súas obras evidencia a riqueza e versatilidade da paisaxe mediterránea a través de un percorrido por lugares entrañables das Illas Baaleares e da Costa Branca. Ademais, nelas aparece a costa Atlántica con lugares como o cabo Vilán ou mesmo Camelle cunhas homenaxe a Manfred Gnädinger. A exposición chega a Costa da Morte da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares e estará comisariada po Antoni Torres Martorrell. “Ants, Treballadores” Previamente á inauguración da exposición de Diana Bustamente o espigón de Camelle acollerá, de 17 a 19 horas, a mostra “Ants, Treballadores” que está a percorrer o territorio nacional. Esta exposición está realizada por artistas de...
Día do libro no Concello de Camariñas

Día do libro no Concello de Camariñas

Dende o Concello de Camariñas conmemorarase o Día do Libo a través do proxecto “Libros de Aquí”. A actividade deseñada pola biblioteca municipal pretende divulgar a obra de autores locais así como a de outros que se inspiran no municipio para os seus textos. ...
Presentación do catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man

Presentación do catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man

O próximo día 15 de Abril terá lugar no auditorio do CGAC a presentación ao público do catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man. O acto estará presidido pola responsable do museo Man de Camelle, Andrea Serodio, e a comisaria da mostra do Encaixe e docente da Universidade de Vigo, Carmen Hermo, acompañadas por o director do CGAC, Santiago Olmo. ...
Obradoiro artístico “Formigas” no museo Man de Camelle.

Obradoiro artístico “Formigas” no museo Man de Camelle.

O próximo 25 de Abril o Museo Man de Camelle celebrará un obradoiro artístico titulado “Formigas” Nel, cada participante poderá intervir e transformar durante 4 horas a súa propia formiga de ferro de 18 a 25 que proporciona a organización do evento xunto coa pintura necesaria. Tamén se poderán empregar outros materias no proceso que terán que traer os participantes xunto coas ferramentas que precisaren. ...