• A Xunta de Galicia volve a humillar aos veciños da Costa da Morte

    Este mércores 12 de decembro, os alcaldes dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo reuníronse coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, para tratar de concretar as medidas que vai tomar o ente autonómico para axudar a paliar os efectos dos temporais nos devantidos municipios.
  • O Concello de Camariñas solicita á Xunta de Galicia máis transparencia no reparto das axudas a entidades locais

    O Concello de Camariñas celebrou, a semana pasada, unha nova sesión plenaria na que o grupo socialista presentou unha moción para solicitar á Xunta de Galicia unha maior transparencia no reparto de axudas a entidades locais. O documento pedía, ademais, unha maior autonomía para que os concellos poidan decidir cales son as actuacións máis necesarias no seu municipio. Tal e como sinala a proposta, os concellos son a administración máis próxima á cidadanía e, polo tanto, a que mellor coñece as necesidades dos veciños e veciñas.
  • A Xunta de Galicia desprecia aos nosos maiores e non apoiará o Centro de Día de Camariñas

    O Concello de Camariñas buscará o apoio da Deputación da Coruña e do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte para seguir adiante co seu propósito de dotar dun Centro de Día ao municipio debido á falta de apoio amosada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
  • A Xunta de Galicia desenténdese dos nenos da Escola da Ponte do Porto

    O Concello de Camariñas vén de rematar o novo firme a base de formigón do parque infantil no CEIP de Ponte do Porto. Unha actuación moi necesaria que era unha antiga demanda dos pais, a ANPA e tamén do persoal docente debido ao mal estado desta parte do colexio porteño onde xogan os pequenos nos recreos. Reclamacións xustas das que o Concello de Camariñas tivo finalmente que facerse cargo dunhas obras que non lle competen, sobretodo despois do nulo interese mostrado polo Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia nunha reunión mantida hai unhas semanas co grupo de goberno do concello. Debe ser que a seguridade e o benestar dos nenos e nenas da Escola da Ponte do Porto lles importa un pimiento aos xerifaltes tan ben pagados da administración autonómica desenténdendose completamente das súas obrigas cos nosos nenos.
  • O PSdeG-PSOE denuncia o abandono de Camariñas durante os 9 anos de goberno de Feijoo

    O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, visitou hoxe o Concello de Camariñas, onde sinalou os 9 anos de goberno de Feijóo nos que “toda a Costa da Morte e en concreto ao Concello quedaron deixados”. Sinalou en concreto ao proxecto de ampliación da autovía, “importante para unha comarca como factor fundamental para xerar máis oportunidades de riqueza e emprego”, e á situación do Porto local.
  • Alerta Roja: Abandono total da Xunta con respecto a praga de avespas asiáticas que asola Galicia

    O pasado 14 de decembro o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño trasladouse xunto ao veciño de Xaviña e experto na retirada de vespas asiáticas "O Padronés" a unha xornada sobre este insecto que está mascrando a avella do pais. O Padronés é o apicultor que o Concello de Camariñas contrata para a retirada de niños de velutina. A xornada era para dar a coñecer a situación desta praga que asola a Galicia e proporcionar información útil e actualizada aos concellos para que poidan loitar contra a súa expansión. Recordar que a vespa velutina debora insectos e froita. O insecto ao que máis ataca é á abella que é a encargada de polinizar as flores e imprescindible para que teñamos froito. A xornada tiña dúas partes, a primeira, para oír aos representantes da Xunta e a segunda para oír aos representantes da Asociación Galega de Apicultores (AGA). A tenor das palabras dos representantes da Xunta de Galicia odemos dicir que tanto Sergio Caamaño como O Padronés quedaron totalmente decepcionados e realmente alarmados coas opinións dos portavoces autonómicos sobre a situación de desamparo que viven os concellos afectados pola avespa asiática.
  • Xunta de Galicia, a calada por resposta cara os veciños de Camariñas

    Segundo pudo coñecer de primeira man camarinas.eu, a Valedora do Pobo, Milagros Maria Otero Parga, ven de remitir un escrito á representante do colectivo que estivo recollendo sinaturas para demandar un transporte público digno e regular, María Jesús Freire Ramos. Neste escrito a Valedora do Pobo manifesta que, logo de reiterar a demanda de información sobre a denuncia presentada polo colectivo camariñán, a Consellería de Infraestrutura e Vivenda, de quen depende o transporte público, sigue sen dar resposta á Valedora. E van xa dúas demandas de información sobre o mesmo asunto sen que a Xunta de Galicia se dignase contestar ás demandas da Valedora.
  • A Xunta de Galicia abandona á súa sorte ao criadoiro de ameixa de Camariñas

    O Grupo Parlamentario Socialista, a través da súa portavoz de pesca, a laxeira Loly Toja, fainos chegar unha nota de prensa que reproducimos literalmente en camarinas.eu. Esta nota, e a noticia en si mesma, merecen un pequeno comentario previo por parte desta redacción. Como cuestión previa destacar que algúns grupos políticos, aínda de ámbito galego, non teñen problemas en facernos chegar as súas notas de prensa. Outros prefiren “pasar” de nos. Seguramente porque non nos consideren importantes. Ala eles. Nos ao noso, que non é outra cousa que informar, dentro das nosas posibilidades, de todo aquelo que afecte a Camariñas.
  • A Xunta de Galicia instalará en Camariñas unha plataforma de engorde de ameixa

    Rastrexando como jabatos o mundo cibernético en busca de noticias que poder arroxar aos nosos innumerables lectores, hoxe na web da axencia europapress atopamos unha noticia que reincide na importancia do porto de Camariñas como un dos principais da Costa galega. Así, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que preside en funcións Carmen Gallego, nunha das súas últimas decisións decidío costear  o cultivo da ameixa no noso porto a través da instalación dunha plataforma flotante na que se atenderá a fase de preengorde da semente para logo rexenerar as zonas de producción do molusco.
  • Con motivo do quinto aniversario da catastrofe do Prestige

    O Goberno da Xunta de Galicia, con todos os seus Conselleiros e encabezado polo seu Presidente, desprazarase o próximo xoves 15 de novembro a Muxía para celebrar o seu consello semanal, con motivo de recorda-lo  5º aniversario do naufraxio do Prestige e, en palabras do Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, constituir "un xesto de compromiso de futuro coa Costa da Morte."