• A camellana Rosario Devesa reelixida Xuíz de Paz de Camariñas

    Conclúe o procedemento de elección do Xuíz de Paz titular do Concello de Camariñas. Rosario Devesa Martínez repetirá no cargo tras aprobar o pleno do pasado mes de marzo a proposta cos votos a favor do PSOE e do BNG e a abstención do PP. A reelección estivo fundamentada na súa experiencia durante estes últimos anos como Xuíz de Paz. O pasado mes de xaneiro habilitouse un procedemento para optar a este posto para os que o requisitos eran ser español, maior de dezaoito anos e non estar incurso en ningún tipo de causa xudicial ou haber sido condenado ou inculpado por delitos dolosos.

  • Ábrese o procedemento para candidatos a Xuiz de Paz de Camariñas

    O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria para iniciar o procedemento de elección do Xuíz de Paz titular do Concello de Camariñas. O prazo para presentar as distintas candidaturas finalizará o vindeiro 13 de febreiro. Ainda que non sabemos os candidatos que se postularán todo apunta a que a actual Xuiza de Paz, a camellana Rosario Devesa, sexa a que finalmente renove o seu posto.