• O Coro Brisas do Mar de Camariñas no Luar da TVG da man de Xosé Luis Blanco

    Con motivo dos actos programados polo Concello de Camariñas no aniversario do afundimento do HMS Serpent, a TVG emitía este venres noite no Luar, o programa estrela das noites da canle autonómica, unha pequena reportaxe sobre o afundimento do navío inglés que embarrancou tráxicamente na costa de Camariñas levándose a vida de 173 mariños ingleses. Como non podías ser doutro xeito o mestre de xornalistas da vila das palilleiras Xosé Luís Blanco Campaña foi o encargado, moi emocionado, de describir o periplo do buque ao mando de Mr. Ross que dou nome á Costa da Morte cando embarrancou nos baixos da Punta do Boi.
  • O Coro Brisas do Mar actuará en Luar para conmemorar a traxedia do Serpent

    Comezan a brotar as diversas iniciativas para conmemorar o aniversario do afundimento do HMS Serpent na costa de Camariñas. A primeira da que damos a coñecer aquí trata da actuación do noso querido Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas como estrela invitada no programa Luar que se emitirá en directo na TVG este venres 10 de novembro. E centrará a súa actuación na interpretación a capela da mítica canción composta polo mestre xornalista camariñán Xosé Luis Blanco Campaña adicada aos afogados no naufraxio do Serpent nos baixos da Punta do Boi. 
  • Camariñas no programa da TVG No Bico un Cantar

    En tempos revoltos nada mellor que unha patriotada. E para facer patria en Camariñas hai que acudir aos catro-cinco iconos que unen a todos os veciños por enriba de calquer outra cuestión problemática e que ninguén discute: o Faro, Reira, o Encaixe... e o folklore nacional. Aquí, como resulta obvio, destaca sobor de todo o demáis o auténtico himno oficioso do Concello, un deses cantares, emocionais e definitorios, que si che collen con mal corpo acabas chorando como unha magdalena, tal é a forza de "O Pasar por Camariñas", unha bala de diamante directa ao centro da alma. Nestas o programa da Televisión de Galicia "No bico un cantar" decidío adicarlle unha edición ao gran himno musical da Costa da Morte e ahí Camariñas enviou ao combate a toda a súa potencia de fogo: os irmáns Barcia Trashorras, Os Panchos do Jolfendro, a Coral Municipal de Mulleres, José Luis dende Puerto Rico... para tratar de render a debida homenaxe a un cantar que si non che pon a pel de galiña, unha de dúas: ou non tes sangue no corpo ou non eres camariñán.
  • O Club Náutico de Camariñas homenaxea aos seus socios cunha gran churrascada

    Hai fins de semana de agosto en Camariñas que posiblemente se bata algún record do mundo en canto a cenas, festas, homenaxes, bautizos, vodas, etc... e este fin de semana fui o exemplo perfecto de elo. Despois da multitudinaria e apocalíptica festa do venres no Cafe Bar Arnela (pasarán os anos e seguirá a ser recordada por todos os participantes na mesma), o sábado celebráronse dúas cenas de grupo máis convenientemente cubertas como corresponde pola web máis visitada da Costa da Morte:  a da Danza de Arcos e a Cena de Homenaxe ao Socio que anualmente celebra o CNC e a que foi invitado moi amablemente o director de camarinas.eu.
  • Máis de 400 persoas na cea contra o Cáncer en Camariñas

    Dado que este sábado 2 de novembro ninguén inauguraba unha televisión de 50 pulgadas, nin se producía un acontecemento de tal importancia como a posta en funcionamento dun semaforo provisional nunha das nosas queridas rúas de Camariñas, a guerrilla informativa de camarinas.eu tomou ao asalto o pavillón polideportivo municipal onde se producía un feito que, se ben obviamente non tiña a importancia dos dous anteriores, reunío a máis de 400 camariñáns volcados en todo o que sexa loitar contra a lacra do cáncer. Pusaen "Ler máis.." para ver as fotos e ler toda a noticia.