• Xoán Curíel na Casa de Pedra

    Chegaba o cantautor Xoán Curiel á Casa de Pedra despois de realizar xunto ao camariñán Álvaro Trillo unhas xornadas educativas cos chavales do IES Pedra da Águia e chegaba acompañado dunha banda de músicos espectacular na que destaca o noso querido amigo Álvaro Trillo á batería. E foi este pasado sábado 8 de outubro cando saudando a Álvaro éste lle recordaba a un redactor que escribe: "¿acórdaste? Este foi o noso primeiro local de ensaio xuntos". E era verdade aínda que xa non lembrábamos esto, pero ahí estaba Álvaro para recordárnolo como si dunha calculadora humana se tratara. A evolución musical que este gran músico camariñán experimentou dende aqueles tempos onde tantos afeccioados á música o comezamos a admirar foi meteórica. Tanto daba o estilo musical onde Álvaro se involucrara. A súa peculiar forma de entender o ritmo musical vai máis alá do que a moitos nos gustaría imaxinar e a súa visión do grupo como un todo é espectacular. Así, despois de todos os grupos nos que Álvaro colaborou chegoulle a hora de conectar cun grande da música como o grupo do comprometido cantautor Xoán Curiel no cal desvorda a calidade e a imaxinación de tódolos seus compoñentes. Deixámosvos cunha prova delo no concerto que este grupo bordou na Casa de Pedra este sábado 8 de outubro. Para camarinas.eu foi todo un placer e unha alegría inmensa volver a escuitar ao noso amigo e compañeiro Álvaro Trillo na súa batería. Noraboa Álvaro.
  • Xoán Curiel no IES Pedra da Águia

    O paso do grupo do cantautor Xoán Curiel por Camariñas onde milita o noso querido amigo Álvaro Trillo como batería e percusionista principal non só foi para demostrar a súa calidade musical no concerto celebrado na Casa de Pedra este sábado pasado se non que houbo algo máis. Os días anteriores a dito concerto, do cal tamén publicaremos un amplo reportaxe, os compoñentes do grupo estiveron cos rapaces do IES Pedra da Águia para realizar un taller sobre cómo facer música cos corpos dun grupo de xente perfectamente sincronizada  e a verdade é que todos quedaron contentísimos coa experiencia como ben podedes ler no espectacular blog do IES Pedra da Águia.
  • O Camariñán Álvaro Trillo en Concerto con Xoán Curiel

    Esta tarde de sábado a eso das oito da tarde todos os afeccioados camariñáns a boa música teremos a oportunidade de ver a un pedazo de grupo na Casa de Pedra de Camariñas. Trátase do conxunto musical do cantautor e gran guitarrista galego Xoán Curiel  que presentará o seu novo disco en Camariñas acompañado por grandes músicos contemporaneos entre os cales destaca un batería xoven, educado e calado: Estamos a falar do noso gran e querido amigo Álvaro Trillo, un dos mellores músicos que un redactor que escribe comparteu partitura na súa andaina musical. Un batería perfeccionista onde os haxa cun sentido rítmico apabullante e cunha amplia gama de estilos. A partir das 8 da tarde todos os amantes da música do Concello de Camariñas teñen unha cita ineludible para ver a catro monstruos da música interpretando os seus temas. Entre eles un camariñán, un amigo: Álvaro Trillo.