• Xeografia.eu: Palacios de San Petersburgo

    Os maiores palacios do mundo

    O azul celeste do gran palacio de Tsárskoe Seló resplandece na inmensidade da tarde rusa
    O azul celeste do gran palacio de Tsárskoe Seló resplandece na inmensidade da tarde rusa

    Neste chuvioso e malhadado domingo 9 de maio de 2010, Día da Victoria, festéxase en Rusia e en todo o que un día constituío o orbe soviético o maior triunfo que viron os séculos: aquel heroico e inigualable que os pobos da antiga URSS infrinxiron en condicións dramáticas á Alemania fascista. Camarinas.eu non podía permanecer allea a más grande das festividades que se celebran no gran país eslavo e que de seguro congregará a decenas de miles de soldados nun impresionante desfile polo marco incomparable da Praza Roxa de Moscú, cun especial adicado á outra gran capital do xigante euroasiático. Unha reportaxe que visita os grandiosos e sublimes palacios que rodean o casco urbano de San Petersburgo, rememorando a viaxe que levou ao noso redactor Zhúkov en agosto de 2006 a gran Capital da Rusia dos Zares.

  • Xeografia.eu: Emiratos Arabes Unidos

    Dubai: Viaxe ao Reino de Simbad El Marino

    A nosa usuaria Lucía reflexou á súa viaxe ao emirato de Dubai nunha impresionante galería fotográfica
    A nosa usuaria Lucía reflexou á súa viaxe ao emirato de Dubai nunha impresionante galería fotográfica

    O que era un conxunto de cabanas de teitos de palma desvencixados convertíose nuns poucos anos nunha das metrópolis máis modernas do planeta da man dos tan aceitosos e manantes petrodólares. Un bosque interminable de rañaceos, o único hotel do planeta de sete estrelas, autopistas futuristas inundadas por un parque automovilístico de deportivos de luxo sen igual en todo o mundo... Alá, ao reino de Simbad el Marino e de Alí-Babá e os 40 ladróns, en plena Península Arábiga e  bañadas as súas costas polo Golfo Pérsico, foise nos primeiros días de novembro do ano do Noso Señor de 2009 seguindo a estela da Selección española de fútbol praia a nosa querida e fermosa usuaria Lucía Pedrouzo Martínez. Pero mellor será que ela mesma nos conte os ecos deixados pola súa viaxe a Dubai, un dos sete emiratos que compoñen os Emiratos Árabes Unidos.

  • Xeografia.eu: A increíble viaxe de Damián Cibrán ao Reino de Mauritania

    Dende o mesmo momento que o noso querido usuario Danián Cibrán Campos puxo pe no Continente Africano, concretamente no mítico e antigo Reino de Mauritania, só tiña en mente a realización dunha reportaxe fotográfica que un día fora publicada pola web máis vista da Costa da Morte, a web do seu pobo da alma: Camariñas. Desta forma, semellando un fotógrafo profesional da célebre National Geographic Society, Damián de Modesta recorrío cámara en man toda a Península de Ras Nouadhibou, situada na parte septentrional do país e que linda ca fronteira do antigo Sáhara español, para brindarvos unha reportaxe na que chega a adentrarse na antiga cidade abandonada de La Agüera, agora devorada polas areas do deserto.
  • Xeografia.eu: Viaxe a Novgorod

    Viaxe á cidade milenaria de Nóvgorod

    Vista do Kremlin de Nóvgorod dende unha ponte sobre o Río Vóljov
    Vista do milenario Kremlin de Nóvgorod dende unha ponte sobre o Río Vóljov

    Viaxar polo interior dun país extranxeiro en principio non plantea maiores problemas. Pero se ese país é Rusia, a experiencia pode chegar a convertirse nunha experiencia kafkiana. Así, na mañán dun soleado domingo de agosto de 2006 emprendín en solitario a aventura de viaxar nun tour organizado ata a milenaria cidade de Nóvgorod, a 200 kilómetros de San Petersburgo, para coñecer de preto a realidade da vida rusa de provincias. Volve a sección de camarinas.eu adicada aos viaxes dos camariñáns polo mundo con máis forza que nunca. Camarinas.eu procede a publicar unha reportaxe completa e unha galería fotográfica do noso usuario Zhúkov por aquelas terras eslavas.

  • Xeografia.eu: Cementerio Monumental de Piskarevskoe

    Piskarévskoe, o silencio da morte

    Cartel que recorda o Sitio de Leningrado
    Cartel que recorda o Sitio de Leningrado

    "¡Cidadáns! Durante os ataques de artillería este lado da rúa e moitísimo máis perigoso". Máis de 60 anos despois o cartel segue colgado do mesmo edificio da Perspectiva Nevski. Unhas omnipresentes flores anónimas nunca faltan. O recordo da "Gran Guerra Patriótica" tal e como é coñecida en Rusia a Segunda Guerra Mundial, segue moi presente na memoria dunha cidade que perdeu máis de 1.000.000 dos seus veciños, a meirande parte deles falecidos a causa da fame e do frío, durante o Sitio de Leningrado, 900 días de dor e sufrimento onde as tropas alemanas e finlandesas rodearon a cidade fundada un día polo Zar Pedro o Grande. Os seus corpos reposan no Cementerio Memorial de Piskarévskoe, nos suburbios do norte da cidade, case en pleno bosque ruso nunha paraxe de gran beleza que visitei nunha espléndida tarde de agosto acompañado dunha amiga italiana, Marta Natalini, ca que, cousas da vida, cando queríamos entendernos nos nosos respectivos idiomas irmáns (castelán e italiano) non nos dábamos entendido e tíñamos que recurrir unha e outra vez ao ruso, idioma que en honor á verdade ela falaba moito mellor ca min. Alí, ante as tumbas anónimas de máis de medio millón de seres humanos, os dous quedamos sobrecollidos ante o silencio sepulcral, maxestuoso, da morte.

  • Xeografia.eu: Cementerio de Tijvin, San Petersburgo

    Na tumba do escritor Fiódor Dostoyevski

    Homenaxe ó máis grande: Fiódor Dostoyevski
    Homenaxe ó máis grande: Fiódor Dostoyevski
    Animado polo director de camarinas.eu e seguindo a estela maxistral aberta por outros colaboradores da web, ábrese neste recuncho da sección de cultura un blog persoal onde cada certo tempo poderei exorcizar os meus demonios particulares falando daquelas cousas que realmente me apasionan dende hai xa uns cuantos anos: especialmente Rusia". Así, aproveitando as fotos da viaxe que en agosto de 2007 realizou a San Petersburgo, o redactor cultural de camarinas.eu Zhúkov, repasará nun blog propio un tema da historia ou cultura rusas, para facer máis accesible ao gran público da Costa da Morte a través da súa páxina máis visitada este misterioso e fascinante país que se extende pola llanura euroasiática ocupando 17 millóns de kilómetros cuadrados e que engloba ducias, tal vez centos, de grupos étnicos diversos. Será un blog de carácter eminentemente intelectual, por elo non dirixido a grandes masas de lectores, senón buscando un pequeno rincón onde podamos encontrarnos un puñado de fieis semanalmente para compartir inquietudes de carácter cultural.