• JM Souto: World Trade Center

    Contan que o século XX realmente comenzou o 24 de xuño de 1914, data na que un terrorista serbio asesinaba en Saraxevo ao herdeiro do trono Austro-húngaro, o Arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa. Este simple feito determinaría o inicio de todas e cada unha das calamidades consecutivas que asolaron o que quedaba de sanguenta centuria. Do mesmo xeito probablemente o século XXI comenzou preto das 9 da mañá (3 da tarde aquí en España) do 11 de setembro de 2001 en pleno centro financierio de New York nun día que ninguén esquencerá mentras viva. Comenzou a esa mesma hora na que o primeiro dos avións suicidas impactaba limpamente contra unha das Torres Xemelgas levándose por diante a tantos e tantos inocentes, quebrando a seguridade en si mesma dunha nación e presentando dunha forma brutal unha nova ameaza duradeira sobre o mundo occidental: o Choque de civilizacións que pronosticara acertadamente Samuel P. Hungtinton xa estaba aquí. Agora que están a piques de cumprirse dez anos de triste aniversario da máis triste catástrofe dos nosos tempos, un corazón newyorkino, o do porteño José Manuel Souto Bello, rinde emocionada visita ao World Trade Center, volcando toda a súa dor nunha reportaxe que pasará a historia de camarinas.eu.