• Semana Santa: Procesion da Virxe do Monte 2009

    Unha tradición milenaria e multitudinaria

    Os fieis turnáronse con devoción a todo o longo do camiño para levar a súa Virxe do Monte ata a ermita
    Os fieis turnáronse con devoción a todo o longo do camiño para levar a súa Virxe do Monte ata a ermita

    Tal e como mandaban os cánones, ás cinco en punto da tarde do 12 de abril de 2009, Domingo de Resurrección do Noso Señor Xesucristo, unha multitude de varios centos de camariñáns agolpábanse ás portas da Capela da Virxe do Carme. A intención era a de cumprir cun rito cuias raíces se perden nas orixes do tempo: peregrinar en cristiana procesión ca Virxe do Monte sobre os hombros cara a ermita do mesmo nome, sita nun monte antigo e no seu momento posiblemente pagano. Unha tradición  milenaria que define a identifica a un pobo como unha unidade diferenciada e dotada de vida propia e que fui cumprida co fervor e devoción debidos por todos aqueles camariñáns que na tarde deste 12 de abril alí estivemos.

  • Festas da Virxe do Monte 2009 en Camarinas

    Festa da Zorza e Verbena da Virxe do Monte 2009

    As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición
    As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición

    Pois na tarde deste sábado 11 de abril quedaba inaugurada oficialmente a temporada de festas 2009 no Concello de Camariñas co pistoletazo de saída da festividade en honor á Virxe do Monte cunha impresionante "I Festa da Zorza", na que a Comisión de Festas raiou ao seu máximo nivel organizando de forma prácticamente perfecta este importante evento gastronómico que reunío a uns cuantos centenares de veciños na Praza do Mercado de Camariñas e no que foron servidas preto de 600 racións, a pesares do intenso frío que azotaba á Vila das Palilleiras neste sábado de Semana Santa.

    Polo módico precio de 5 euros, os asistentes tiñan dereito a un ben surtido prato deste sinxelo manxar elaborado a base de cochino de primeira calidade con patacas fretidas e viño do país acompañado do seu correspondente e imprescindible café con leite ben quentiño, ideal para unha tarde-noite como a deste sábado. Posteriormente, e cos bandullos ben recheos, os asistentes puideron asistir a unha verbena do máximo nivel amenizada polas orquestas Triunfo e Suavecito e que se extendío ata altas horas da madrugada. En fin, queridos usuarios, a temporada de festas xa está aquí. Pulsa na imaxe para ver a primeira galería fotográfica con máis de 80 fotos de camarinas.eu da sección de festas 2009 e dous impresionantes videos de todo o acto.

  • Virxen do Monte 2009

    Tres días  de festa para A Virxen do Monte

    A procesión do domingo á tarde cara a Capela do Monte: unha tradición que se perde nas orixes do tempo
    A procesión do domingo á tarde cara a Capela do Monte: unha tradición que se perde nas orixes do tempo

    En fin, con este tempiño tan bo que nos está a tocar toda esta semana xa parece que se nos vai achegando o verán. O único que nos faltan son as festas propias das datas estivais. Pero para remediar esto están os nosos compañeiros da Comisión de Festas do Carmen que veñen de  anunciarnos o cartel previsto para as festas que inauguran a temporada 2009: a festividade en honor a nosa Virxen do Monte, cun programna novedoso que inclúe tres días festivos, un elenco cerrado de orquestas de primer nivel e incluso unha festa gastronómica adicada á zorza. Pulsa na imaxe para ver todo o programa das Festas da Virxen do Monte que terá lugar nos días 11-12-13 de abril do 2009.

  • A festa da Virxen do Monte 2016 xa colle forma

    Despois de varios meses sen saberse se alguén daría o paso para facerse cargo da organización das festas da Vila de Camariñas, xa chegou a boa nova e podemos ver pateando as calles do noso pobo para pedir para as festas aos novos voluntarios que se animaron para coller as riendas deste duro e pouco valorado traballo. Entre eles podemos atopar a varios Primeiros Espadas do Camariñeo: JM Canosa Campaña máis coñecido polo seu 2º apelido "Campaña", JM Barcia Tedín (Jose "O Argentino"), Luis Rodríguez Luaces (Luís de Quecha), Juan, Rosa Mouzo "Rosita", JM Tedín "O Neno", etc..