• Cartel da Churrascada da Virxen do Monte 2019 en Camariñas

    A Virxe do Monte de Camariñas comeza a quentar motores e, despois de coñecer a programación na noticia en exclusiva que publicaba esta web procedemos a publicar o cartel da Churrascada para ver de facer un pesiño para a festa da nosa virxiña do Monte. Esta impresionante churrascada será celebrada o próximo día 20, a partir das 18.30 na Praza do Mercado de Camariñas, destinada a recaudar fondos para a festa. O menú inclúe, como non podía ser doutro xeito: churrasco de porco, polo á grella, pincho moruno, chourizo criollo, pimentos de padrón, pan, viño ou refresco, café e pan de ovo. O prezo é 10 euros por persoa e o acceso é libre. A churrascada estará amenizada polo grupo O Tren da Unha, de Laxe e continuará cunha verbena nocturna a cargo da orquesta Garibaldi e a Dico Móbil Impacto. Para mais información podedes contactar coa comisión de festas no teléfono 690 93 33 98.

  • Xa está aquí o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019

    Dende a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme” de Camariñas envíannos o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019 acompañado este dunha detallada nota de prensa anunciando a primeira cita festeira da vila das palilleiras. Trátase esta celebración camariñana que se perde no tempo unha das romaría máis importantes desta comarca na que nesta edición do ano 2019 os integrantes da comisión organizaron un cartel cheo de actos tradicionais. Dende o sábado día 20 ata o luns 22 de abril, día grande da Virxe do Monte, estarán comprendidos os festexos preparados para esta nosa virxiña á que tanta devoción se lle ten en toda Camariñas. Pero mellor que nolo conten polo miúdo os integrantes desta laboriosa comisión de festas que está a desenrolar un intenso traballo para a organización das nosas festas.