• Festa de reinauguración do Café Bar Pinar da nosa usuaria Karina

    Pois foi Gelinita xubilarse e pechar o emblemático Café Bar Pinar e outra usuaria de Camarinas.eu é agora a que se lanza a emprender unha nova carreira empresarial neste local hostaleiro. A nosa querida lectora e usuaria Karina ben de rematar todos os preparativos de acicalamento do Bar Pinar e na tarde deste venres 18 de xaneiro de 2019 abrirá as súas portas cunha gran festa para todos os que asistan a esta especial reapertura. Haberá pinchos para todos os asistentes, segunda consumición gratis e, se todo esto fora pouco, unha gran festa folk amenizada polos gaiteiros de "Con Toda en Banda". Pois xa sabedes, todos aqueles que vos guste a festa non vos podedes perder na tarde deste venres a inauguración do Café Bar Pinar de Karina. Nos alí estaremos para apoiar a nosa amiga nesta nova etapa da súa vida como empresaria. Moita sorte Karina!
  • Fotos Históricas: Colexio Nacional de Camariñas, un detalle para a nosa nova usuaria Rocío A Piruca

    Nesta ocasión "Fotos Históricas" publica unhas imaxes que nos fai chegar unha das nosas usuarias, que tras superar o implacable exame de calidade do tribunal de camarinas.eu saen con tódolos honores na nosa portada, e nas que aparecen un grupo de rapazas do Colexio "O Areal" pertencentes á xeración dos anos oitenta de Camariñas, entre elas a nosa nova e fiel usuaria residente en Canarias e camariñana ata a médula Rocío "A Piruca".