• O Concello de Camariñas aproba unha modificación puntual do PXOM

    O pleno do Concello de Camariñas aprobou este 21 de maio, en sesión extraordinaria, a modificación puntual nº1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente no noso municipio. O obxectivo desta modificación era resolver algúns erros detectados, actualizar puntos para adaptalos á normativa vixente e aclarar determinadas situacións. Agora remitirase ao órgano autonómico competente para a súa aprobación definitiva.

  • Proxima construccion en Camarinas

    No pinal do médico construirase un edificio de pisos e apartamentos. Xa dou moito que falar estes días en Camariñas o novo proxecto de construcción no noso pobo. A nova obra xa conta con caseta de información para todos aqueles que se interesen por comprar un piso nesta ubicación.Pero xa vos avisamos que ao parecer non van a ser asequibles para todos os petos, xa que segundo se le no cartel da promoción estes pisos van a ser de primeira calidade, terán pista de deportes, piscina, varios ascensores e outras comodidades. O que sí se pode dicir é que as vistas de este edificio serán inmellorables (as vistas de atras cara o mar, claro)