• A Xunta de Galicia apoia o Centro de Día de Malpica pero negallo aos veciños de Camariñas

    A Xunta de Galicia e o Partido Popular caban definitivamente a tumba política do seu candidato á alcaldía de Camariñas. Nunha decisión que non cabe máis que valorar como de sectaria e discriminatoria cara a vila das Palilleiras, a Conselleira de Política Social, unha tal Fabiola García, firmaba esta semana un convenio de colaboración co alcalde de Malpica no que se comprometía a apoiar económicamente o centro de día da vila malpicana. Hai que recordar que hai pouco máis dun mes era a mesma concelleira a que negaba o respaldo do ente autonómico que ela preside hacia o proxecto de centro de día de Camariñas. Non nos esquezamos de que o Concello de Camariñas conta, como a gran maioría dos homes e mulleres da costa sabe, cunha poboación moito maior e unha tasa de poboación activa inmensamente máis importante de mulleres traballadoras que malpica e por ende de toda a Costa da Morte. Ante esta situación de discriminación dun pobo frente a outro por parte da administración autonómica por mor súa cor política só cabe como solución a esta ultraxe a unión de todas e cada unha das forzas políticas do noso concello para esixir, vía plenaria, a non discriminación por parte da Xunta de Galicia dos cidadáns do Concello de Camariñas. É máis, dende esta redacción requerimos dos partidos políticos con representación no concello así como dos diferentes entes sociais municipais esixir a inmediata destitución desta conselleira por parte da Xunta de Galicia. De non ser atendida esta petición, os representantes da Xunta de Galicia estarían dando a entender de xeito inmediato que o Presidente de todos os galegos, Alberto Núñez Feijoo sería máis que cómplice desta nova ultraxe aos cidadáns de todo o Concello de Camariñas. Só así, ca unión de todos os partidos con representación na sala de plenos do concello, se podería salvar da previsible queima o candidato do PP de Camariñas ante unhas eleccións municipais a tres meses vista. É o momento de estar todos unidos ante outra aldraxe máis dunha vergonzosa e caseque delictiva actuación excluínte e segregadora por parte desa conselleira da Xunta de Galicia que discrimina aos cidadáns segundo a cor política dos concellos onde vivan.