• O Camariñas Conservas Boya desprázase ata Coruña para desputar o gran derbi contra o Oar

    Toca derbi provincial este fin de semana, o equipo chega nunha boa situación e dinámica positiva, con confianza polo xogo das últimas semanas e os puntos obtidos. Ademáis sírvenos de especial motivación chegar a un derbi á falta de 5 xornadas para o final por encima do rival na clasificación. A pesar de que neste momento non ocupamos plaza de descenso, non nos podemos despistar e seguir sumando xa que ata a din da tempada os demáis apretarán.

  • Eusebio e Cristian dan unha lección de balonmán fronte ao Seis do Nadal de Vigo

    Moi bo partido no que máis de 200 persoas puideron gozar en O Areal dun balonmán de gran nivel. O xogo comezou cun Camariñas que percutía constantemente a dura defensa viguesa, pero Eusebio desangrou en cada acción do q foi posiblemente o mellor seu mellor encontro na categoría (14 goles). O equipo olívico só era capaz de responder o ímpetu camariñán con aisladas aínda que rápidos contragolpes que poñían en apuros aos chavales do Boya que puderon repeler estos contraataques con unha contundente defensa liderada por un canderbeiro Cristian que estivo espectacular. Con este traballado plantexamento táctico os camariñáns impedían unha e outra vez que os visitantes se acercaran no marcador. Os tempos mortos usados polos visitantes e algunha que outra precipitación dos locales puxeron aos vigueses a tan só dous goles no que supoñía un espellismo pois o gran protagonsita do aprtido Eusebio aplicaba un duro correctivo á defensa olívica nun par de xogadas de moito mérito que deixaban o marcados na primeira parte cun resultado de 18 a 14.

  • Volve o Balonman a Camariñas despois de tres encontros fora do Pavillón O Areal

    Primeira final de cara a salvación aínda que non se pode obsesionar o conxunto camariñán cos puntos en xogo, non podemos obviar a importancia do encontro dado o rival, empatado a puntos coa escadra da vila das palilleiras. E sobretodo tendo en conta que xa se levou a victoria fronte ao Boya na primeira volta da temporada por un total de 30-25. O equipo camariñán ven trazando unha boa liña de xogo e dende o equipo técnico esperan continuar con esta senda para que os dous puntos se queden en Camariñas.  Por primeira vez dispoñe o Boya con tódolos xogadores de campo ao cento por cento, o que sen dúbida lles dará opción de facer rotacións, algo que se está a pagar moi caro polo equipo palilleiro ao longo de toda a tempada. O rival é un equipo xoven, con xogadores rápidos e que imprime un ritmo alto e que xoga por rachas, o que deben de explotalo os nosos xogadores sendo constantes no bo xogo, non dando facilidades e aproveitando a nosa maior experiencia. Volta os chavales do Boya a xogar en Camariñas, o que lles dará sen dúbida un plus coa gran afición que se da cita sempre no Areal de Camariñas.

  • Xornada do 10/02/2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas

    Pois ao final resulta que a liga de fútbol base ven a ser moito máis excitante que a dos maiores. Nesta derradeira xornada a Escola de Fútbol do FC Camariñas tivo varios encontros de gran rivalidade dos que desfrutamos todos os afeccioados ao fútbol base de Camariñas. O primeiro deles no fútbol sala enfrontaba aos benxamíns das Baleas contra os do FC Camariñas levándose o partido con moi bo xogo os chavales do adestrador do Camariñas Saviola que se estreaba no derby camariñán con victoria contundente. Nos alevíns eran os rapaces das Baleas os que superaban amplamente ás rapazas e rapaces do FC Camariñas. Pero ao final, uns e outros, compañeiros que son de escola, celebraban o final do partido dándose un agarimoso saúdo fronte a todos os pais e nais. Os bravos nenos do equipo Benxamín B do FC Camariñas caía con toda a honra diante do Carnota por un total de 2 a 4. Moi orgulloso estaba o adestrador destes pequenos guerreiros que día tras día avanzan no seu aprendizaxe como futbolistas. E xa no fútbol herba chegaba o turno dos benxamíns do FC que poñían contra as cordas a todo un potente Cerqueda aos cales gañaban finalmente por un total de 6 goles a 4. Os campións de liga e copa da temporada pasada, os benxamíns do FC Camariñas, colleron finalmente o ritmo de cruceiro e están en condicións de quedar nos primeiros postos da clasificación da súa pequena liga. Pero xa están collendo o testigo os pequenos prebenxamíns que van con toda en banda e contan todos os seus partidos por victorias. Uns pequenos campións que están sendo o furor desta liga prebenxamín da Costa da Morte 2018-19.

  • Xornada do 03/02/2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas

    Excitante xornada de fútbol da canteira do FC Camariñas a deste derradeiro fin de semana na que os pequenos deportistas conseguiron variedade de resultados aínda que estes sexan o de menos vendo a forza e ilusión que lle poñen os nosos a cada partido. Non hai máis que ver algúns dos partidos desta escoliña de fútbol para comprobar que os nosos nenos están a converterse nuns grandes futbolístas, loitadores ata o final e respetusosos dos seus compañeiros e adversarios deportivos. Unha fin de semana na que os nosos nenos dixeron adeus ao seu querido adestrador JM Ordóñez que deixa os banquiños da escola de fútbol despedíndose persoalmente hai uns días dos seus pupilos e reciben ao novo adestrador Saviola que volve a coller as riendas duns equipos aos que víu nacer. Dende a redacción deportiva de Camarinas.eu queremos dar a benvida a Saviola, ao cal mostramos todo o noso apoio e axuda, e despedimos ao noso querido amigo JM Ordóñez ao que estaremos eternamente agradecidos polo seu traballo. A continuación deixámosvos os resultados de todos os equipos que conforman a Escola de Fútbol do FC Camariñas ademáis dun video do espectacular encontro de fútbol sala desputado polos benxamíns do FC Camariñas fronte ao Manuela Rial de Cee.

  • As infantiles do CB Camariñas gañan a liga de balonmán

    Na mañán deste domingo 3 de febreiro de 2019 as nenas do equiepo infantil de CB Camariñas conseguían a xesta de proclamarse campionas de liga. Facíano as rapazas adestradas polos nosos queridos amigos Xabi e José impoñendo a súa autoridade fronte a BM Ribadosar por un total de 24 a 18 que facía estourar  de xúbilo aos preto de 150 afeccioados e familiares que se deron cita no municipal de Camariñas. Unha mañá a deste pasado domingo para bordar en letras de ouro na memoria deste xa mítico equipo que, se non cambian as cousas, asegurámosvos que dará moitas máis tardes gloriosas a toda a afección do balonmán en Camariñas. Noraboa rapazas e a desfrutar!!

  • BM Base Oviedo 33 - 20 Camariñas Conservas Boya

    Partido de luces e sombras. Malos inicios en cada parte lastraron o resto do encontro, xa que tivemos que ir a contracorriente desde o 4-0 inicial (17-13 ao descanso). Boa defensa en posicional e combinación de bos ataques combinativos con desastrosas pérdidas de balón que propiciaban as contras dos locais. Outra mala saída do vestiario na 2a metade fixo irse aos locais de 8 no minuto 41 e a partir de ahí reparto de minutos aos menos habituales e xuvenís